GALP Ría de Vigo A Guarda

GALP Ría de Vigo A Guarda

Compartir

Entidad sin ánimo de lucro que gestiona ayudas del Fondo Europeo de Pesca. Entidad colaboradora de la administración (Consellería do Medio Rural e do Mar)

05/10/2026

⚓ O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.
Estás pensando que estudar?
Buscas unha saída profesional?
Gustaríache traballar no mar pero non sabes por onde comezar?

Do 21 ao 23 de outubro, o proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR estará presente en EDUGAL, a Feira Educativa de Pontevedra, cun stand propio.
Queremos achegarche todas as posibilidades que ofrece o sector marítimo-pesqueiro e mostrarche que non hai un único camiño para chegar ao mar.

🎓 Formación Profesional e FP Dual
⚓ Formación e titulacións profesionais para traballar no mar (formación básica, mariñeiro/a pescador/a, patróns, redeiras e outros cursos e acreditacións específicas do sector)

💼 Saídas laborais reais no sector marítimo-pesqueiro.
Porque o sector pesqueiro precisa novas xeracións, persoas formadas e novos profesionais que garantan o seu futuro. Un sector con tradición, pero tamén con novas oportunidades, tecnoloxía, innovación e emprego cualificado.

Se es estudante, docente, orientador/a, estás decidindo que estudar, buscas unha nova oportunidade laboral ou simplemente queres coñecer mellor as profesións e posibilidades de formación que ofrece o mar, ven falar connosco.

Pásate polo noso stand en EDUGAL e descubre que camiño pode levarte ao mar🌊
📍 EDUGAL · Pontevedra
📅 21, 22 e 23 de outubro
🕙 De 10:00 a 18:00 h

👉 Agardámoste!
Máis información sobre a feira: EDUGAL – Feira Educativa de Pontevedra

Photos from Asociación Ecoloxista ADEGA's post 04/10/2026
02/10/2026

🌊 Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro poñemos en marcha «Feito co Mar», un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. ⚓️

💡 Estamos a traballar na posta en marcha dos Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027:

🔹 Iniciación
🔹 Profesionalización

Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación. 🌱

📍 Encontros informativos: A partir de outubro celebraremos máis de 20 encontros en concellos de toda a costa de Galicia para presentar a programación detallada e captar proxectos que poidan impulsarse nos Viveiros. 📢

📲 Máis información e contacto: i.gal/feitocomar
✉️️Correo: [email protected]
📞 Teléfono: 627 570 95

01/10/2026

Proxectos Convocatoria 2026
A xornada do día 16, finalizou coa intervención da directora de AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer), Martina Ferradás, que falou do seu proxecto ‘A música nas artesanías primixenias do Mar’ pensado para mellorar as condicións de vida dos enfermos de Alzheimer, das persoas maiores e das persoas con discapacidade, a través da música e as cancións tradicionais. O músico Xavier Blanco ensinou distintos instrumentos realizados con ferramentas da pesca ou con madeiras de deriva, cos cales dende sempre interpretouse a música tradicional mariñeira.

Photos from GALP Ría de Vigo A Guarda's post 01/10/2026

Nova xornada da visita de estudo no País Vasco🐠

Esta mañá, as actividades comenzaron coa visita á Kofradía Itsas Etxea, onde o grupo de representantes dos Galp Galegos coñeceu de preto un proxecto que pon en valor a pesca artesanal e de baixura de Euskadi.

A continuación, embarcáronse nun barco de turismo mariñeiro para observar en directo unha xornada de pesca de congro e coñecer de primeira man o día a día desta actividade.

A xornada rematou cunha visita ao Museo Marítimo Vasco, onde puideron vivir, a través da realidade virtual, unha experiencia inmersiva de pesca de baixura.

01/10/2026

Nos próximos meses, dentro da nosa campaña informativa sobre as axudas dos xestionados pola nosa entidade, organizaremos unhas xornadas nas que trataremos de forma especifica as problemáticas medioambientais ás que se enfronta o noso territorio.

4 NOV
Carpintaría de ribeira de Moaña. ás 19.00h.

“Formación, destrución e recuperación medios dunares na ría de Vigo”.
ÓSCAR PAZOS.
Xeólogo. Mestrado en Recursos Naturais e Medio ambiente.

“Bioremediación e acuicultura restaurativa de bivalvos no contexto do cambio global”.
FIZ DA COSTA.
Investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC).

—————————————————————————————————

19 NOV
Salón de Plenos do Concello da Guarda, ás 19.00h.

“Efectos do cambio global no percebe, mexillón, algas (incluíndo invasoras e ameixa)”.
CELIA OLABARRÍA.
Catedrática de Ecoloxía da Universidade de Vigo.

——————————————————————————————

3 DEC
Aula do mar da Confraría de pescadores de Arcade, ás 19.00h.

“Capturas accidentais de cetáceos e avaliación de métodos disuasorios”.
XULIO VALEIRAS.
Investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC).

“A Enseada de San Simón baixo o mar”.
SILVIA IGLESIAS.
13 Grados. Licenciada en Psicoloxía (Universidade de Santiago), educadora e interprete mariña. Técnica de educación ambiental e Bioloxía Mariña.

30/09/2026

Proxectos Convocatoria 2026
Marcos Molanes, mariñeiro de Cangas, tomou a palabra a continuación para explicar as características do proxecto de turismo mariñeiro ‘Experiencia mariñeira: liña e cordel’ co que amosará ós visitantes os diversos valores da pesca artesanal sostible.

Photos from GALP Ría de Vigo A Guarda's post 30/09/2026

Día 2 da visita de estudo ao País Vasco🐟

Esta mañá, a patrona maior da Confraría de Redondela, o representante da Confraría de Cangas e a xerente do GALP Ría de Vigo, Elena Herbello, xunto co grupo de representantes dos GALP Galegos, asistiron a segunda xornada da Visita de Estudo do proxecto RELEVO XERACIONAL: O Futuro do Mar no País Vasco.

👉A xornada comezou coa visita ás instalacións de AZTI, o centro de investigación mariña e alimentaria, onde coñeceron de primeira man o sea traballo para impulsar a innovación, mellorar a toma de decisións e avanzar cara modelos maís sostibles, saudables e competitivos.

🐟 A continuación, xunto coa Asociación Itsas Gela - Aula Mar, visitaron MATER, a última gran boniteira vasca de madeira, convertida nun Barco Museo Ecoactivo.

⚓️ Finalizaron coa visita a Albaola, unha factoría marítima vasca onde o grupo puido coñecer máis sobre a historia da construcción naval e a importancia de preservar este patrimonio marítimo

Unha nova xornada de aprendizaxe, intercambio de experiencias e posta en valor do noso patrimonio e do futuro do mar🌊

29/09/2026

Proxectos Convocatoria 2026
O concelleiro do goberno de Soutomaior, Gonzalo Outeiro, presentou ‘Manxares do mar’, unha inicitiva que pon o foco sobre especies do mar infravaloradas, pero que agochan grandes valores gastronómicos e nutricionais, e que a súa promoción permitirá rebaixar a presión sobre as especies máis demandadas.

Photos from GALP Ría de Vigo A Guarda's post 29/09/2026

A patrona Maior da Confraría de Redondela, un representante da Confraría de Cangas e a xerente do GALP Ría de Vigo- A Guarda, Elena Herbello, desprazáronse xunto con representantes dos GALP Galegos ao País Vasco para participar nunha visita de estudo enmarcada no programa RELEVO XERACIONAL.

A xornada comezou cunha visita a .basque.seafood, nas súas instalacións de Berriatua, onde puideron coñecer de preto a súa actividade e o sea modelo de trabajo.

A continuación, o grupo visitou a Escola de Pesca de Ondarroa, un referente na formación vinculada ao sector pesqueiro.

Para rematar a xornada visitaron a Lonxa de Ondarroa, onde as persoas participantes coñeceron a estratexia de Relevo Xeracional desenvolvida en Euskadi e tuvieron a oportunidade de intercambiar experiencias e boas prácticas.

🐟 Mañá continúan as actividades para seguir traballando por un futuro sostible.

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Avenida Beiramar, 49/piso 3º, Oficina 5
Vigo
36202

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP Ría de Vigo A Guarda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Vigo.