AGAMFeC

AGAMFeC

Compartir

Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria A AGAMFEC busca sumar esforzos e ilusións.

A AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsab

Photos from AGAMFeC's post 19/06/2026

Invitámosvos a asistir á 103ª reunión da EGPRN en Santiago de Compostela entre o 22 e o 25 de outubro de 2026 co tema "O continuo da atención ao cancro ao longo da vida".

Data límite para o envío de resumos: 13 de xullo de 2026 improrrogable!

https://meeting.egprn.org/

10/06/2026

CURSO:
A ecocardioscopia converteuse nunha ferramenta de enorme utilidade para o médico/a de Atención Primaria, permitindo complementar a exploración física tradicional mediante a obtención e interpretación de imaxes ecográficas cardíacas básicas a pé de cama.
Este curso está deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades fundamentais necesarios para incorporar a ecocardioscopia á práctica clínica diaria, cun enfoque práctico e orientado á toma de decisións.
Actividade presencial en Santiago de Compostela (setembro 2026) que combina contidos teóricos esenciais con talleres prácticos supervisados, permitindo aos asistentes adquirir competencias básicas na obtención de imaxes e interpretación de achados relevantes.
+info en agamfec.com

08/06/2026

🎓 AGAMFEC estivo presente na III Conferencia de Académicos/as de AMFE (Academia de Medicina de Familia) os días 5 e 6 de xuño en Oviedo, nun encontro onde se reuniron profesionais referentes en docencia universitaria de Medicina Familiar e Comunitaria de toda España co obxectivo de dar a súa importancia á nosa especialidade nas Facultades de Medicina e fortalecer o seu papel na formación dos futuros médicos e médicas.

https://www.semfyc.es/semfyc/universidad-amfe/amfe

05/06/2026

📅 Día Mundial do Medio Ambiente: unha chamada á acción desde a Medicina Familiar e Comunitaria:

Desde o Grupo de Traballo de Saúde Planetaria de AGAMFEC,queremos lembrar que cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que invita a reflexionar sobre a estreita relación existente entre a saúde humana e a saúde dos ecosistemas. Nos últimos anos, a evidencia científica consolidou unha idea que xa non admite discusión: a crise climática e a deterioración ambiental representan unha ameaza crecente para a saúde das poboacións e constitúen un dos maiores desafíos sanitarios do noso tempo.

As ondas de calor máis intensas e prolongadas, a contaminación atmosférica, os incendios forestais, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga ou a expansión de vectores transmisores de enfermidades teñen repercusións directas sobre a morbimortalidad dos nosos pacientes.

As persoas maiores, os nenos, os pacientes con enfermidades crónicas, as persoas en situación de vulnerabilidade social e quen vive en contornas máis desfavorecidas son especialmente sensibles para estes efectos.

A Atención Primaria atópase nunha posición privilexiada para identificar e abordar estes riscos.

Podes ler o texto completo en agamfec.com

Photos from AGAMFeC's post 03/06/2026

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC!

Photos from AGAMFeC's post 30/05/2026

O noso agradecemento a todo o Comité Científico e Organizador pola súa dedicación e o seu tempo de traballo e esforzo para organizar estas XXVIII Xornadas AGAMFEC na Coruña.
Grazas!!!

21/05/2026

⏳ ⏳ Últimos días para inscribirse nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC de 29 e 30 de maio na Coruña.
Estas Xornadas, co lema “O desafio de seguir coidando”, son unha boa razón para que médicos e médicas de familia apaixonados pola atención primaria volvamos a estar xuntos.

📽️ Dentro das Xornadas podes asistir á proxección do documental “Expedición Mental”. Aberta ao público xeral con debate, un espazo de reflexión e diálogo arredor da saúde mental e da prevención do suicidio, desde unha perspectiva rigorosa, médica e social.

Esperámosvos na Coruña!

+Info e inscricións en agamfec.com

19/05/2026

19 de MAIO DÍA DA ATENCIÓN PRIMARIA
🩺 A Medicina Familiar e Comunitaria é clave para o presente e o futuro do sistema sanitario.
➡ Máis loncitudinalidade
➡ Máis capacidade resolutiva
➡ Máis proximidade
➡ Máid saúde comunitaria
A evidencia demostra que a continuidade asistencial salva vidas e mellora os resultados en saúde.
A MFeC non é unha especialidade “de mínimos”.
MFeC ao máximo.

Poder ler o comunicado completo en semfyc.es

Photos from AGAMFeC's post 18/05/2026

O 4 de maio na Aula do Centro de Simulación Clínica CSIS do Hospital Gil Casares integrantes do Grupo de Traballo de Urxencias de AGAMFEC, realizaron o curso CÓDIGOS de EMERXENCIAS SANITARIAS DO SERGAS dirixido a residentes e médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria e recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade (Nº de expediente: SA301A 2026/8-1).
Despois da introdución teórica realizamos casos prácticos en maniquíes de simulación avanzada. Realizouse unha simulación completa da asistencia: prebriefing, establecemento de roles, diagnóstico, activación e coordinación coa Central do 061, tratamento e estabilización inicial do paciente, etc. Despois de cada caso houbo un debriefing no que participaba todo o grupo.
Tódolos asistentes participaron activamente nas simulacións clínicas e en tódolos debriefings onde se expuxeron e se resolveron dúbidas e cuestións respecto á actuación realizada polos compañeiros/as nun ambiente distendido e amable pero crítico e basado na evidencia.
Moitas grazas pola vosa participación!

agamfec.com

¿Quieres que tu consultorio sea el Clínica mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Menéndez Pelayo 32-34
Vigo
36211

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 13:00
Viernes 10:00 - 13:00