A Morada

A Morada

Compartir

Patio de veciñas onde coidarmos coletivamente en Vigo
🔸️Obradoiros e eventos
🔸️Proxectos sociais

18/06/2026

No mes de xullo temos unha programación moi especial para as tardiñas: un montón de eventos para disfrutar cando volvades da praia ou do río, ou ao saír de traballar!

As propostas son moi diversas: poesía, teatro, maxia ou música 🎭🎶✨ E para acompañar esta experiencia, teremos petiscos para gozalo con todos os sentidos ! 😋

Cando nos vemos?!

.gui .atlantica .camanho

14/06/2026

🌈🥁 FOLIADA ORGULLOSA 🥁🌈

Este ano, a foliada de fin de curso dos obradoiros de pandeireta e bailes de serán da Morada vén cheíña de cores.

Como sabedes, os colectivos amigos Nós Mesmas e Avante LGBT+ atopáronse con trabas e dificultades para levar adiante a festa do Orgullo Crítico posterior á manifestación. Por iso, que mellor maneira de reivindicar os dereitos LGBTIQA+ e celebrar que somos rede que xuntarnos nesta Foliada Orgullosa?

🎶 A partir das 12:00 h · Foliada .ces
🎧 De 15:00 a 17:00 h · Sesión da nosa querida
🏳️‍🌈 Ás 20:00 h · Vémonos na manifestación convocada en Fernando Católico

🥟 Ademais, haberá petiscos deliciosos de !

12/06/2026

🌙 SOÑISMO 🎨

Para Julia Beiser .beiser.art , os soños e os pesadelos son unha fonte inesgotable de inspiración: unha última fronteira afastada do ruído dos medios, da publicidade constante e da loita permanente pola nosa atención.

Nesta exposición, a artista comparte algúns dos espazos que o seu inconsciente visita con frecuencia. Lugares domésticos e recoñecibles que se moven entre o familiar e o inquietante, entre a realidade e o soño. Cada obra abre a porta a múltiples interpretacións, convidando a quen a observa a deixarse levar polas súas propias emocións, lembranzas e intuicións.

🖼️ Mostra do 3 ao 31 de xullo
🥂 Inauguración: 3 de xullo ás 19:30

10/06/2026

🎭 Obrad oiro de Cabaret con Iria Pinheiro 🎭 ‌
Ven descubrir, xogar e reinventar o cabaret no século XXI. Un espazo para bailar, explorar a palabra, soltar a risa e conectar co pracer de crear en liberdade.

Non importa se tes experiencia previa ou se é a túa primeira vez: este obradoiro está pensado como un lugar seguro e de confianza onde experimentar, expresarte e pasalo ben. Porque todas merecemos un pequeno mimo cabareteiro. 💋

🎭 Iria Pinheiro desenvolve a súa actividade profesional no audiovisual, as artes escénicas e a música. É tamén autora de teatro e poesía.

📅 Venres 26 de xuño
🕕 De 18:00 a 21:00
💸 40 € | 35 € para matrocinadoras

Inscricións: https://forms.gle/yhRHJgcWCUe8o1dR7

09/06/2026

✨ Presentación do libro-CD Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño, de Uxía

Unha obra que celebra a amizade, a memoria e a forza das mulleres libres. Nacida como unha carta íntima de lembranza, gratitude e afecto, Indómitas rende homenaxe a Begoña Caamaño a través da música e da palabra.

📖 Charla, asinatura e mini-concerto con (acordeón), .otero.33 (guitarra) e As Mosas.

🎤 Presentación a cargo de Tereixa Constenla.

📅 Martes, 16 de xuño
🕢 19:30
De balde

08/06/2026

🎶 A ti, Cuba
Con Orisel Gaspar e Pedro Román Company


Un concerto que percorre Cuba a través da música, a poesía e a memoria.

Orisel Gaspar e Pedro Román Company propoñen unha viaxe pola cultura cubana, o amor, a emigración, a distancia e a resistencia. Cancións propias, poemas musicados de José Martí e Nicolás Guillén e himnos latinoamericanos de loita e esperanza compoñen este encontro íntimo coa illa.

"A ti, Cuba" é unha celebración do amor como identidade e memoria. Un canto á liberdade, á cultura e á forza dun pobo que segue vivo na súa música, na súa poesía e na súa xente.

Acompañaranos os artistas invitados Serían Pao Dojni e Pablo Vila.

🗓️ Xoves 18 ás 19:30

💛 Taquilla inversa: a recadación destinarase á compra e envío de medicamentos a Cuba este verán.

03/06/2026

🐛OBRADOIRO DE DESEÑO DE BECHOS 🐛
con Montse Piñeiro de Lanterna Máxica

Lanterna Máxica é un proxecto que leva o cinema e a animación a todas partes, ofrecendo obradoiros de creación audiovisual para tódalas idades.

Neste obradoiro monográfico de deseño de bechos observaremos as principais características dos nosos insectos favoritos.

Debuxaremos e recortaremos cada unha das pezas da súa anatomía, definiremos a súa silueta e xogaremos con todos estes elementos para crear un insectario imaxinario colectivo 🖍️✨

Calquera persoa pode participar coas súas propias mans. Achegarémonos ás nocións básicas da animación para logo poder aplicalas no noso teléfono móbil.

📅 Sábado 20 de xuño
🕛 12:00-14:00
💶 40 €

📩 Inscricións: https://forms.gle/CSFgg89rDGGrrj5g6

Photos from A Morada's post 31/05/2026

Axenda de xuño 🌞
Cando nos vemos?

.marie .ces

28/05/2026

Hoxe máis ca nunca, falar das mulleres iranianas é necesario.

En Irán, unha parte importante da sociedade vive baixo o silencio imposto pola censura, os cortes de internet e o medo á represión severa. Esta situación non só limita a liberdade de expresión, senón que impide que as voces de quen viven esa realidade poidan chegar ao exterior e seren escoitadas.

Neste contexto, as mulleres ocupan un lugar central e, ao mesmo tempo, profundamente vulnerable. Moitas delas son perseguidas, encarceradas ou castigadas por reclamar dereitos fundamentais.

Porén, en Occidente segue a existir un gran descoñecemento sobre a historia real das mulleres iranianas: unha historia marcada por séculos de loita pola emancipación, pola conquista de dereitos, pola súa perda e, de novo, pola súa defensa a través da resistencia.

Esta charla nace da necesidade de contribuír a romper ese silencio, de visibilizar esas realidades e de ofrecer un espazo de reflexión que permita comprender mellor unha situación complexa e profundamente humana.

Ao mesmo tempo, é unha invitación a pensar criticamente sobre o papel da comunidade internacional. Tras décadas de dificultades, moitas persoas en Irán —mulleres e homes— expresan unha crecente sensación de abandono.

Por iso, esta proposta non só pretende mirar cara a Irán, senón tamén abrir un espazo de reflexión compartida: como chegamos ata aquí e que responsabilidade temos como sociedade internacional?

🗓️ Mércores 3 de xuño ás 19h

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Enrique Xabier Macías, 6
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00