Foroesgal
O Foro pola Economía Social Galega é un espazo de encontro entre entidades da economía social gal
08/10/2026
📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos g***r dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Economía Social, unha cita coa que desde o queremos promover a reflexión e o diálogo aberto arredor da .
✅ O programa volverá contar, un ano máis, coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración así como de Caixa Rural Galega, que un ano máis nos acompaña como patrocinador.
🗣️ Como xa vos adiantabamos hai uns días, a xornada permitirá abordar o presente e futuro da Economía Social a través da participación de expertos como Miguel Otero, Carlos Lozano, Celso Gándara e Ana Olveira.
👥 Acompañarannos tamén Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega; Goretti Sanmartín, alcaldesa do Concello de Santiago; e Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta.
🌟 Un marabilloso cartel para poder abordar, desde diferentes perspectivas, os retos e desafíos do sector ante o novo escenario xeopolítico internacional, eixo do programa deste ano.
O presidente do Foro, Mino Martínez, será o encargado de abrir o acto, que terá como sede o Hotel Puerta del Camino de Santiago, para dar a benvida a todas as persoas asistentes, coas que agardamos g***r dunha enriquecedora e inspiradora xornada. 💙
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Caixa Rural Galega
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Pazo de Raxoi
06/10/2026
🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que teñen un número maior de residentes. Constátase ademais unha baixa participación do transporte público na mobilidade global de máis de 500 m de Galicia (nos últimos anos entre 3,01% e 3,54%).
✅ Estas son algunhas das conclusións do informe “Nova mobilidade en Galicia” elaborado por investigadores da Universidade da Coruña baixo o encargo do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en cuxa sede tivo lugar onte unha mesa redonda para coñecer os resultados do devandito traballo.
👥 A sesión, que contou, entre outras persoas, coa asistencia de Mar Pernas, representante do sector da Economía Social no CES, incluíu a intervención da directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, que defendeu a necesidade de seguir avanzando cara unha mobilidade sostible, eficiente e vertebrada do territorio.
ℹ️ Compartimos a nova publicada pola Xunta 👇
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029135/xunta-defende-unha-mobilidade-sostible-eficiente-vertebradora-territorio
Xunta de Galicia
Universidade da Coruña
Galicia
05/10/2026
🌟A convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación de emprego de calidade vinculado ao territorio.
➡️ Así quedou de manifesto, unha vez máis, na xornada organizada o pasado sábado polo Ministerio de Traballo e Economía Social en San Román dos Cervantes (Ancares, Lugo).
✅ O encontro permitiu coñecer de primera man os retos e oportunidades do sector nos territorios do ámbito rural, nos que favorece, entre outras cousas, a fixación de poboación.
👥 A cita contou coa intervención, entre outras persoas, da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que reivindicou o valor solidario e democrático da Economía Social como motor social e laboral; e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, que destacou o gran potencial desta fórmula económica.
🗣️ Entre a ampla lista de relatores inclúiuse tamén Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal.
Deixámosvos por aquí os enlaces ás novas do Ministerio e da Xunta relativas ao encontro 👇
ℹ️ https://prensa.mites.gob.es/webPrensa/listado-noticia/noticia/4571
ℹ️ https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029102/xunta-pon-valor-cervantes-potencial-economia-social-para-fixar-poboacion-rural
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
01/10/2026
📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo) unha interesante xornada arredor da en contornas rurais de reto demográfico.
✅ Trátase de reunir ao sector para dialogar e intercambiar ideas e reflexións no marco da aposta da administración por impulsar a como ferramenta de desenvolvemento sostible no medio rural.
👥 A cita contará, entre moitas outras persoas, coa participación da ministra de Traballo e Econmomía Social, Yolanda Díaz, e do recoñecido director de cine galego Oliver Laxe.
➡️ O evento permitirá ademais coñecer iniciativas que están contribuíndo á creación de emprego, o mantemento de servizos e a fixación de poboación en comarcas afectadas pola despoboación, poñendo en valor o papel da economía social. ✨
👉 Inscricións dispoñibles a través do seguinte formulario 👇
https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/0089b4bf-af1d-4907-9e85-b0e682d2cd06/NJSV?_mrMailingList=1356&_mrSubscriber=7459&utm_campaign=&utm_medium=email&utm_source=mailing1356
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
30/09/2026
☕☕ Desde o comprácenos anunciarvos a celebración da sexta edición dos “CAFÉS CON AROMA A ECONOMÍA SOCIAL" iniciativa coa que un ano máis queremos propiciar un diálogo aberto, diverso e enriquecedor arredor do noso sector.
📅 Terá lugar o 15 de outubro, no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, e reunirá a voces expertas como as de Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University; Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES); e Celso Gándara, representante de ForoESGal en CEPES.
✅ A xornada, artellada baixo o título “A Economía Social ante o novo escenario xeopolítico internacional” e dirixida ao persoal directivo e responsables de entidades do sector, permitirá analizar e reflexionar sobre os principais retos e desafíos do noso modelo económico.
👥 Acompañarannos tamén representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que colabora na cita, así como do Concello de Santiago de Compostela.
ℹ️ Podes ler a nova na nosa web👇
https://foroesgal.org/Novas/ForoESGal-celebra-o-vindeiro-15-de-outubro-a-VI-edici%C3%B3n-dos-%22Caf%C3%A9s-con-Aroma-a-Econom%C3%ADa-Social%22/
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Pazo de Raxoi
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
28/09/2026
📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal, celebrará mañá martes día 29, no marco do proxecto ES-Factory, o webinar Presentación do Plan Operativo de Implantación de ODS para impulso do Emprendemento en Economía Social, de 10.30 a 13.00 horas.
✅ A través desta acción poderedes coñecer o propio plan así como a ferramenta desenvolvida, a través dunha presentación do recurso e unha demostración práctica.
➡️ A xornada será presentada por Dalle que Dalle S. Coop. Galega.
Aínda estades a tempo de inscribirvos! 👇
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcohKe-PBCZXkuz0xUqraqS9Yx7AU1z3mZQbKov8O7swzeEw/viewform
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
Aesgal
25/09/2026
🗣️ A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, puxo onte en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro do tecido produtivo no eido da .
✅ Fíxoo na súa comparecencia no , na que tamén deu conta doutras accións desenvolvidas ata o momento no marco da Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, como a iniciativa transfronteiriza ES-Factory e o programa Medrando Xuntas.
➡️ Lembrou que no caso do Bono Remuda, o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 deste mes.
➡️ Pola súa banda, as solicitudes do programa ES-Transforma se están a tramitar coa previsión de axudar preto de 90 entidades.
ℹ️ Compartimos por aquí o enlace da nova publicada pola Consellería 👇
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/028758/xunta-pon-valor-convocatorias-como-bono-remuda-programa-transforma-hora-garantir
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
22/09/2026
🖥️ Mellorar a presenza en buscadores, optimizar os contidos e captar novas oportunidades de colaboración. Estes serán algúns dos obxectivos da formación “Visibilidade dixital con IA” impulsada por AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia , entidade socia do ForoESGal.
📅 Será o vindeiro 16 de outubro, de 10.00 a 12.30 horas, en modalidade ONLINE.
👉 Curso dirixido a persoas con responsabilidades de técnicas, de xestión ou comunicación nas Empresas de Inserción, así como doutras entidades de ECONOMÍA SOCIAL, responsables de proxectos e iniciativas sociais.
✅ Se che interesa esta formación, non dubides en inscribirte 👇
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqsOXRYEa1u9593jGZANM7-dCtO2jg6aDUElwaHIR-RLEaWw/viewform
18/09/2026
📢 Aínda non tedes plan para o sábado 26 de setembro?
👏 Velaquí unha proposta moi apetecible: a Feira !
📌 A lonxa de Canido, en , acollerá a terceira edición deste interesantísimo encontro de promoción da actividade de entidades da economía social vinculado ao mar baixo a organización de Fundamar, a Confraría de Pescadores de Vigo e EspazoCoop.
✅ Haberá espazo para os produtos locais de pesca artesanal, para a promoción da economía circular, para o emprendemento e moitísimas actividades para todas as idades, como presentacións, exposicións, obradoiros, música en directo e moito máis.
ℹ️ Podedes consultar toda a información relativa á cita no seguinte enlace 👇
https://www.fundamar.org/project/feria-esdomar-espacio-de-encuentro-y-promocion-de-la-economia-social/
Non vola perdades! 😉
FUNDAMAR
COFRADÍA DE PESCADORES DE VIGO
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
16/09/2026
🌟 Fermosa iniciativa de AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia para dar visibilidade á diversidade do colectivo LGBTIQ+ no eido laboral en Santiago de Compostela.
Parabéns! 👏
🏳️🌈 Aquí temos a exposición colaborativa xurdida do proxecto "O ollo que non cala: fotografía e relatos por unha Compostela diversa", co que Aeiga quere dar visibilidade á diversidade do colectivo LGBTIQ+ no eido laboral en Santiago de Compostela.
✳️ Este traballo foi posible grazas ao Concello de Santiago no marco da axuda de fomento de programas e actividades a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes, das persoas do colectivo LGBTIQ+ e da prevención e loita contra as violencias machistas 2026
👇
https://www.aeiga.org/presentamos-a-exposicion-colaborativa-con-mirada-diversa/
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Santiago De Compostela
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Foroesgal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.