Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

Compartir

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, e unha vez recibidas na sede do Proxecto, elabóranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas.

Photos from Proxecto Ríos's post 10/10/2026

🌿 Formación en custodia fluvial e identificación de macroinvertebrados en Ponteareas

🧐O pasado sábado 3 de outubro celebramos no Centro Cultural Cotarel, en Arnoso (Ponteareas), un curso de formación da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

A xornada dividiuse en dúas partes. Nunha primeira sesión teórica, abordamos as posibilidades que ofrece a custodia fluvial en Galiza. A continuación, desenvolvemos unha sesión teórico-práctica centrada na metodoloxía de recollida de mostras e na identificación das diferentes familias de macroinvertebrados acuáticos, fundamentais para coñecer o estado ecolóxico dos nosos ríos. 💧🔬

💙Contamos cunha ampla participación de persoas da contorna e doutros puntos de Galiza. Ademais, houbo tempo para compartir coñecementos e debater sobre outras cuestións de interese, como as especies exóticas invasoras e as aves.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

Photos from Proxecto Ríos's post 09/10/2026

🌿Onte realizamos unha saída co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

💧Achegámonos ao río Rato para descubrir as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen os cursos fluviais nos diferentes niveis educativos.

🔎 A través da mostraxe de macroinvertebrados e da observación do bosque de ribeira, exploramos diferentes propostas e recursos para traballar co alumnado e achegar a natureza ás aulas dunha maneira práctica, vivencial e participativa.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

Photos from Proxecto Ríos's post 07/10/2026

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧

Rematada a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, queremos seguir lembrando e agradecendo a todas as persoas voluntarias que, ao longo destes 20 anos, dedicaron o seu tempo e esforzo ao coidado dos nosos ríos. 🌿🌊

💙 Grazas por unirvos a corrente do Proxecto Ríos!

🔴Actividade financiada pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 06/10/2026

💧Ata aquí chegou a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, cun gran resultado: 933 persoas voluntarias e 13 toneladas de lixo retiradas dos ríos galegos!

Atopamos de todo: plásticos, toalliñas húmidas, pneumáticos, vidro, latas, pilas, restos de madeira e mobles, ferralla, electrodomésticos xiringas, entullos, roupa... Moito deste material está ciscado en vertedoiros incontrolados.

Desde o Proxecto Ríos queremos facer un agradecemento a todas as participantes desta gran xornada de voluntariado ambiental. Tamén queremos chamar a atención das administracións para o coidado dos nosos ecosistemas fluviais.

💙O principal obxectivo dunha xornada coma esta é axudar a concienciar a sociedade sobre a importancia dunha boa xestión dos nosos residuos, mais o voluntariado ambiental non debe nin pode suplir o traballo da administración.

Vémonos o ano que vén?😊

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Toda a info, na web de ProxectoRíos e adega.gal

Photos from Proxecto Ríos's post 04/10/2026

💪🏼 Máis de 700 persoas recollen 10 toneladas de lixo dos nosos ríos! 🌊💚

Un ano máis, mollámonos polos ríos! 💦

A XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos, mobilizou este sábado 3 e domingo 4 de outubro a 717 persoas en 49 concellos de toda Galiza. 🌿

Grandes e pequenos grupos, rapazada, persoas adultas, entidades, asociacións, fundacións e centros de ensino… 76 entidades uníronse para coidar dos nosos ríos e retirar do seu contorno aquilo que nunca debería ter chegado a eles. 🧤🗑️

👉🏼 O resultado? Máis de 10 toneladas de lixo recollidas, segundo os primeiros datos analizados.

Pero esta limpeza é moito máis ca retirar residuos: é concienciar, participar e lembrar que a conservación dos nosos ríos é responsabilidade de todas e todos. 💚

🌊 Grazas a todas as persoas e entidades que vos mollastes polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 02/10/2026

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧

Xa está aquí! 🙌 Esta fin de semana celebramos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos. 🥾🌿

Moitas grazas a todas as persoas voluntarias que un ano máis vos calzades as botas, e vos mollades para coidar e defender os nosos ríos. 💙

🌊 Móllate polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Deputación da Coruña

01/10/2026

🌊👕 Xa están aquí as camisolas da XIX Limpeza Simultánea de Ríos! 💙

Grazas a todas as persoas que participades nesta edición e que, un ano máis, vos mollades polos ríos! 💦

🙌 Entre todas e todos seguimos coidando e defendendo os nosos ríos!

Móllate polos ríos! 🌊

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 01/10/2026

💙O pasado martes día 29 de setembro, instalamos a exposición dos 20 Anos do Proxecto Ríos no IES Pedra da Aguia de Camariñas, centro que se une a corrente do proxecto Ríos.

🧐O alumnado poderá coñecer máis de cerca as actividades do programa. Estará durante dúas semanas no colexio.

🏸Ao finalizar faremos unha saída ao río para amosar a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos.

🔴Actvidade financaiada pola Deputación da Coruña

29/09/2026

🌊💧 Esta fin de semana, as delegacións de ADEGA teñen unha manchea de limpezas de ríos!

Aquí vos mostramos as que están organizadas polas delegacións, pero hai moitas máis! 🙌

🔎 Podedes consultar todas as actividades dispoñibles na web do Proxecto Ríos e unirvos á que máis vos interese.

💙 Móllate polos ríos! 🌿🐟

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña.

Photos from Proxecto Ríos's post 29/09/2026

👉🏼Baixo o lema ' Móllate polos Ríos ' ADEGA e o Proxecto Ríos convocan á sociedade a participar nunha xornada de voluntariado para a retirada de lixo dos cursos fluviais galegos.

📝Será o domingo 4 de outubro de 2026

💧Esta actividade busca concienciar a sociedade sobre a importancia de manter os nosos ríos libres de lixo, unha condición imprescindible para garantir a súa saúde e preservar a súa biodiversidade.

Para participar podes unirte a un dos grupos xa formados que estea próximo a oteu concello.
Podes consultar o listado na web do Proxecto Ríos, onde aparecen os contactos para poder anotarvos:.

Anímate a participar!!💪🏼

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. pola Deputación da Coruña

Deseño Magenta Publicidad

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Avenida Castelao 20 Baixo
Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Proxecto Ríos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Santiago de Compostela.