Psoe Ribeira
"O Progreso de Ribeira, ea distribución solidaria dos recursos; presiden o ideario socialista PSOE".
07/10/2026
🔴 Hoxe, Rueda negouse a blindar na lei galega de violencias dixitais a atención innmediata ás mulleres e as nenas que as sofren. A violencia machista tamén se exerce detrás dunha pantalla. E a resposta non pode quedar en palabras.
Queremos prevención desde as aulas: aprender a identificar o acoso sexual en liña, previr a chantaxe e a captación de menores e educar no consentimento e nunha mirada crítica sobre a pornografía.
Porque tamén na rede, educar é protexer.
30/09/2026
A TVG fai copia e pega do que di Feijoó.
Onte tamén tratamos no pleno a ampliación da bolsa de horas do SAF. Cando se aprobou o novo prego, xa advertimos de que o servizo previsto era insuficiente. Seis meses despois, segundo os datos expostos na sesión, hai 107 veciños e veciñas pendentes de atención, un deles cun grao III de dependencia recoñecido. Falamos de persoas que precisan un servizo esencial e dunha situación que non se pode normalizar nin reducir a un simple problema administrativo.
O Goberno municipal leva meses sacando peito da súa planificación e de facer ben as cousas, pero a realidade que temos enriba da mesa é esta: 107 persoas sen atender. Mostramos o noso malestar porque non se pode permitir que veciños que teñen recoñecida unha situación de dependencia e precisan axuda no seu día a día teñan que seguir agardando por un servizo ao que teñen dereito.
Ribeira tivo dous alcaldes no que levamos de lexislatura, pero só un concelleiro responsable de Servizos Sociais. E durante todo este tempo non se solicitou unha ampliación da bolsa de horas ata agora, cando a situación xa chegou a este punto. En marzo advertimos de que o prego era insuficiente. Seis meses despois, os datos demostran que aquelas advertencias tiñan fundamento.
O SAF non pode xestionarse chegando sempre tarde aos problemas. Detrás de cada número hai unha persoa dependente e unha familia que precisa unha resposta. E ter 107 veciños e veciñas agardando por atención esixe explicacións e, sobre todo, solucións.
Onte, no Pleno, volvemos tratar a nova residencia de maiores de Ribeira. Un proxecto que parte dunha explicación que a día de hoxe segue sen sosterse: o PP e a Xunta afirmaron que As Saíñas se vía afectada por unha nova normativa que impedía construír alí. Esa normativa non apareceu. O Goberno do Estado confirmou que non existía ningunha modificación legal que impedise continuar co proxecto e o propio arquitecto municipal concluíu que non había ningunha norma que prohibise construír a residencia naquela parcela.
En lugar de continuar cun proxecto xa redactado e nunha localización integrada na cidade, pretenden levar a residencia a San Roque, no medio do monte, afastando do día a día de Ribeira a persoas maiores que, en moitos casos, serán dependentes. Para nós, detrás desta decisión hai dúas claves políticas. A primeira é impedir que unha obra desta importancia se levase adiante mentres Ribeira estaba gobernada por unha maioría que non era do Partido Popular. Resulta difícil obviar, ademais, que a Xunta acaba de anunciar 24 novos centros residenciais, á marxe do de Ribeira, e que 22 dos 24 concellos seleccionados están gobernados polo PP.
A segunda clave é Abesadas B. Onte chegaron mesmo a amosar planos durante o Pleno. O goberno ten claro cara onde quere facer medrar Ribeira: cara a esa zona, desenvolvendo Abesadas B e poñendo en risco o pouco espazo verde periurbano que aínda conserva a cidade. Esa é a nosa valoración política do que está ocorrendo: política do ladrillo coa residencia como escusa.
Por iso votamos en contra. Aceptar agora a cesión destes terreos á Xunta suporía asumir definitivamente que a residencia non se pode facer nas Saíñas, cando a día de hoxe non existe ningunha norma que o impida. E significaría renunciar a todo o traballo e aos cartos públicos xa investidos nun proxecto que estaba moito máis avanzado.
Aínda queda unha mínima posibilidade. Moi pequena, pero existe. A sesión alongouse tanto que finalmente non se chegou a votar a reversión ao Concello dos terreos das Saíñas. Quizais no próximo Pleno aínda esteamos a tempo de que entren en razón e de evitar que Ribeira renuncie definitivamente a unha residencia integrada na cidade para substituíla por un proxecto no monte e ligado ao desenvolvemento urbanístico de Abesadas.
25/09/2026
El PSdeG de Ribeira propone un seguimiento de los acuerdos municipales para que se cumplan Denuncian la inacción del Gobierno municipal en proyectos clave como la modificación urbanística del artículo 90 o el reglamento para regular el estacionamiento de caravanas
24/09/2026
O 3 de setembro, desde o PSdeG solicitamos, xunto co BNG e os concelleiros non adscritos, un pleno extraordinario para pedir explicacións sobre o futuro da residencia pública de maiores de Ribeira. Hoxe, 24 de setembro, rematou o prazo legal de quince días hábiles sen que a alcaldesa convocase esa sesión.
Non se trata dunha interpretación. A Lei de Bases de Réxime Local establece que, cando a Presidencia non convoca o pleno dentro dese prazo, queda automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte, correspondéndolle ao secretario municipal notificalo aos membros da Corporación. Por iso o pleno celebrarase o 8 de outubro.
Presentar agora a intervención do secretario como se fose simplemente o procedemento ordinario deixa fóra un dato esencial: este mecanismo automático entra en funcionamento precisamente porque a alcaldesa non convocou o pleno dentro do prazo legal. Así, unha solicitude rexistrada o 3 de setembro non se debaterá ata o 8 de outubro. A propia alcaldesa confirmou hoxe que será o secretario quen notifique mañá a sesión desa data.
Nesa sesión queremos respostas concretas. ¿Por que se abandona realmente o proxecto das Saíñas despois dos recursos públicos e do traballo xa investidos nel? ¿Que documentación técnica xustifica definitivamente ese cambio? ¿Que hai avanzado na nova localización? ¿Cando existirá un novo proxecto e con que financiamento? E, sobre todo, ¿Canto tempo adicional vai supoñer empezar de novo?
A residencia leva anos esperando. O pleno extraordinario é o lugar para presentar a documentación, explicar as decisións adoptadas e responder ás preguntas dos grupos que solicitaron a sesión. O que queremos o 8 de outubro son datos, documentos, prazos e explicacións.
04/09/2026
La oposición fuerza un Pleno extraordinario en Ribeira para exigir avances en la residencia de mayores La oposición fuerza un Pleno extraordinario en Ribeira para exigir avances en la residencia de mayores
04/09/2026
La oposición fuerza un pleno en Ribeira para exigir explicaciones sobre el futuro de la residencia de mayores La alcaldesa, María Sampedro, sostiene que los trámites no se han parado y que la parcela de San Roque estará segregada en días para poder cedérsela a la Xunta
No pleno do pasado luns presentamos unha proposta para que Ribeira conte cun regulamento que permita ordenar e controlar as caravanas, autocaravanas e vehículos vivenda.
Durante a nosa quenda de réplica aclaramos varias cuestións. En primeiro lugar, lembramos que o PP votou en contra dos orzamentos de 2024 e abstívose nos de 2023. Por iso resulta incoherente que agora critique á oposición por votar en contra dos orzamentos deste ano, facendo ver que iso significa opoñerse a todo.
Tamén respondemos ao PBBI, que afirmou que gobernan "por e para os veciños". Neste caso, fano grazas a unha proposta do PSdeG de Ribeira. Esta cuestión levaba varios plenos sobre a mesa sen que o Goberno actuase. Foi necesario que a levásemos ao Pleno para conseguir un acordo unánime.
Explicamos tamén que durante a nosa etapa no Goberno non se construíu unha área de autocaravanas porque as parcelas e os custos non eran os adecuados, apostando por potenciar os negocios privados que xa prestaban este servizo.
Regular non é ir contra o turismo. É favorecer a convivencia. O problema actual non é a falta de normas, senón a existencia de múltiples disposicións legais que dificultan o traballo da Policía Local. Un regulamento municipal permitirá simplificar a súa aplicación, unificar criterios e ofrecer maior seguridade xurídica tanto aos axentes como aos usuarios.
A proposta foi aprobada por unanimidade. Agora agardamos que o Goberno municipal cumpra co acordado e elabore canto antes este regulamento para que Ribeira dispoña dunha normativa clara que ordene e controle este tipo de vehículos.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la organización
Página web
Dirección
Praza Uxío Novoneyra 5/Entrechan
Santa Eugenia De Ribeira
15960
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Psoe Ribeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.