Concello de Ribadeo

Concello de Ribadeo

Compartir

Páxina oficial de facebook do Concello de Ribadeo Páxina oficial de Facebook do Concello de Ribadeo.

29/09/2026

🎬 «𝙋𝙧𝙞𝙨𝙘𝙞𝙡𝙞𝙖𝙣𝙤 𝙚 𝙖 𝙂𝙖𝙡𝙡𝙖𝙚𝙘𝙞𝙖» 𝙘𝙝𝙚𝙜𝙖 𝙖 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤

O vindeiro domingo o Salón terá lugar a proxección de Prisciliano e a Gallaecia, unha proposta audiovisual para achegarnos á figura de Prisciliano e á historia da Gallaecia.

Tras a proxección, contaremos coa participación de Aser Álvarez, director, e Diego Piay, historiador, para afondar no contexto histórico da obra.

📅 Domingo, 4 de outubro
🕖 19:00 horas
📍 Salón dos Alcaldes de Ribadeo

🎥 Unha cita co cine, a historia e o noso patrimonio cultural. Agardámosvos!

Arraianos Producións

29/09/2026

🎶📚 Cantaruxa Catuxa! no Centro de Día A Concordia

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo achegou esta actividade ao Centro de Día A Concordia, reunindo ao alumnado de 3.º de Primaria e ás persoas usuarias do centro.

🎭 «Cantaruxa Catuxa!», da man de Aida Sánchez, combinou narración oral, música tradicional e participación, nunha actividade de encontro entre xeracións.

Unha oportunidade para coñecer, g***r e manter viva a nosa tradición oral, favorecendo a transmisión de historias, cancións e saberes das persoas maiores ás novas xeracións.

28/09/2026

🔴 𝙋𝙡𝙚𝙣𝙤 𝙤𝙧𝙙𝙞𝙣𝙖𝙧𝙞𝙤 𝙙𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤, 𝙚𝙣 𝙙𝙞𝙧𝙚𝙘𝙩𝙤

Este 29 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno do Concello de Ribadeo.
📲 A sesión poderá seguirse en directo a través da nosa canle de YouTube:
📹 https://www.youtube.com/live/uzQRurVm5mM?si=YawInWrG_EpdgpwC

28/09/2026

🚲 𝟮.𝟰𝟬𝟬 𝙦𝙪𝙞𝙡𝙤́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙧𝙤𝙙𝙚𝙖𝙧 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 𝙖 𝙜𝙤𝙡𝙥𝙚 𝙙𝙚 𝙥𝙚𝙙𝙖𝙡

Partir de Ribadeo, seguir a costa galega ata A Guarda e, desde alí, continuar polos límites con Portugal, Castela e León e Asturias ata regresar ao punto de partida. Ese é o percorrido que propón Justo Jorge López en A volta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 km de cicloturismo.

Unha viaxe que vai moito máis alá do ciclismo. Nas súas 508 páxinas e 385 fotografías, o autor percorre e documenta os lugares polos que transita a ruta, incorporando información de interese e, sobre todo, descubrindo a extraordinaria riqueza patrimonial, cultural e paisaxística que acompaña o itinerario.

📖 O libro presentarase o vindeiro mércores 30 de setembro, ás 19.30 horas, no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.

No acto intervirán Daniel Vega, alcalde de Ribadeo, e Pablo Mosquera, ex director xerente do Hospital Público da Mariña e escritor.

Unha invitación a descubrir Galicia seguindo os seus contornos, deténdose nos lugares e coñecendo o patrimonio que aparece ao longo do camiño.

📍 Salón dos Alcaldes · Concello de Ribadeo
📅 Mércores, 30 de setembro
🕢 19.30 h

27/09/2026

🌹 ALICIA WANTS TO chega a Ribadeo

Alicia sae dun centro de menores e reencóntrase coa súa nai, Juana. Dúas mulleres que tratan de sobrevivir nunha sociedade marcada pola exclusión, os abusos e a pobreza.

♟️ Nesta historia, ademais, o público tamén xoga. A través dunha partida de xadrez, seredes vós quen decidiredes algunhas das eleccións que terá que tomar Alicia.

Que farías ti no seu lugar? Que decisión tomarías?

📅 4 de outubro
📍 Auditorio Municipal Hernán Naval · Ribadeo
🕗 20:00 h
🎟️ Entrada xeral: 10 € · Reducida: 5 €
👥 A partir dos 12 anos
🎫 Venda de entradas na billeteira do Auditorio media hora antes do comezo.

27/09/2026
Photos from Concello de Ribadeo's post 27/09/2026

🎣 𝙀𝙣𝙩𝙧𝙚𝙜𝙖 𝙙𝙚 𝙥𝙧𝙚𝙢𝙞𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙊𝙥𝙚𝙣 𝙑𝙞𝙡𝙡𝙖 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤

🏆 Onte tivo lugar no Resturante Náutico a entrega de premios do Open Villa de Ribadeo, poñendo o broche final a unha nova edición desta cita coa pesca deportiva.

👏 Desde o Concello queremos felicitar ás persoas premiadas e a todos os participantes que formaron parte da competición, así como agradecer o traballo da Sociedade Deportiva de Pesca Cormorán, e o de todas as persoas e entidades colaboradoras que contribuíron ao seu desenvolvemento.

🌊 Unha xornada que volve unir deporte, mar e convivencia e que continúa dando visibilidade á afección pola pesca deportiva en Ribadeo.

💙 Parabéns a todos e todas!

27/09/2026

🥬🍽️ 𝘿𝙖 𝙝𝙤𝙧𝙩𝙖 𝙖𝙤 𝙥𝙧𝙖𝙩𝙤 𝙣𝙖 𝙂𝙖𝙨𝙩𝙧𝙤𝙥𝙧𝙖𝙯𝙖

👏 Este domingo celebramos unha nova xornada da Gastropraza no Mercado dos Domingos, dedicada nesta ocasión a “Da Horta ao Prato”.

🌱 Unha cita para poñer en valor os produtos da horta, o produto de proximidade e todas as posibilidades que ofrecen na nosa cociña, achegando gastronomía e mercado á veciñanza dunha maneira diferente.

🛍️ A actividade volveu compartir espazo co Mercado dos Domingos, contribuíndo a dinamizar a contorna da Praza de Abastos e a destacar o traballo dos produtores e produtoras locais.

📅 A Gastropraza continuará os próximos domingos:
▪️ 4 de outubro → Raíces e Tubérculos
▪️ 11 de outubro → Verdura de Folla e último día do Mercado dos Domingos

💙 Grazas a todas as persoas que se achegaron e ás entidades colaboradoras por seguir facendo posible esta programación arredor da gastronomía e do produto local.

26/09/2026

🌳 Ribadeo acomete a maior inversión da súa historia na mellora e limpeza dos camiños

O Concello de Ribadeo segue dando pasos cara adiante co Plan Avanza Rural, unha actuación que xa comezou en Cedofeita e Piñeiro e que continuará por todas as parroquias, recuperando, limpando e acondicionando pistas e camiños, algúns deles pechados durante anos.

🚜 Os traballos inclúen a limpeza e ampliación de pistas, apertura de cunetas e taxeas, retirada de árbores e actuacións con motoniveladora, bulldozer, pala e camión. Nalgúns puntos, camiños de apenas dous metros pasan a alcanzar os oito metros de ancho, reforzando o seu papel como vías de acceso e cortalumes fronte aos incendios.

🤝 Un traballo realizado coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello, as asociacións veciñais e os propios veciños, aos que queremos agradecer especialmente a súa implicación e axuda para identificar os camiños e as necesidades de cada zona.

🌲 Comezamos en Cedofeita e Piñeiro e seguiremos por todas as parroquias, cunha planificación que busca mellorar, limpar e conservar os nosos camiños para gañar en seguridade e avanzar na planificación forestal de Ribadeo.

26/09/2026

💜 Ribadeo envolve de agarimo a Manuela Barreiro nunha homenaxe que xa queda debuxada nas súas rúas

A nosa vila rendeu homenaxe a unha das súas mulleres pioneiras coa inauguración do mural realizado por Diego AS na rúa Ramón González, unha obra que recupera a figura da primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela.

🎨 O acto, celebrado coincidindo co Día Mundial do Farmacéutico, serviu para lembrar a súa traxectoria, o seu esforzo por abrir camiño e o legado que deixou en Ribadeo.

Un proxecto impulsado por Montserrat Iglesias Núñez e que contou tamén coa implicación de Isabel Fernández e da asociación xuvenil La Moderna.

💜 Desde agora, Manuela Barreiro forma parte tamén das rúas de Ribadeo, achegando a súa historia ás novas xeracións e lembrándonos a importancia de recoñecer ás persoas que abriron camiño.

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Ribadeo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Praza De España 1
Ribadeo
27700

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00