Noite Meiga Ribadavia
Noite Meiga, unha noite, só una Noite
A Noite Meiga...
Demos, bruxas, almas en pena...nunha soa Noite Unha noite, só nunha noite....
A NOITE MEIGA
Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia,
onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos. Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas,
onde os desamparados invocan ás coruxas. Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se
escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe. Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.
27/04/2026
Comezamos xa coa organización da Noite Meiga deste ano e, como en cada edición, facémolo buscando a imaxe que dará vida ao evento co noso Concurso de Carteis 2026 🧙♀️✨
🎨 Participa e forma parte da maxia!
🏆 PREMIO
• 200 €
• Cea + aloxamento para 2 persoas na Noite Meiga 2026
📅 Prazo de entrega: ata o 10 de setembro de 2026
📢 Veredicto: antes do 22 de setembro de 2026
📍 Ribadavia
📩 Envío: [email protected]
Bases: www.noitemeiga.es
Deixa voar a túa creatividade… e fai historia na Noite Meiga! 🔥
22/02/2026
Día do Voluntariado da Noite Meiga!!Grazas a tod@s!!
22/02/2026
Piñata! Outro día Meigo 🫶🫶
16/02/2026
Aviso ao voluntariado da Noite Meiga 😈
Xa están dispoñibles en Anube os tickets para o noso esperado Sábado de Piñata 🎭
Poderedes conseguilos ata o Mércores de Cinza.
O punto de saída será ás 19:30h na Praza Maior, onde a Mekánika Rolling Band dará o pitido de saída para comezar a festa!
A cea será ás 22:00h no pub Tubular.
E lembrade: somos a Noite Meiga… e ten que notarse que temos ganas de festa! 💃🕺
🔥 Que non falte ninguén!
23/01/2026
🎭 Ribadavia Activa-T xa está metida de cheo nos preparativos do noso querido Sábado de Piñata!
Un día moi especial no que agradecemos de corazón toda a axuda do voluntariado Meigo, sen o que nada sería posible.
Moi pronto daremos toda a información sobre o punto de venda de tickets 🎟️ e os locais colaboradores que este ano ofrecerán descontos.
Polo de agora, só podemos adiantar que a Mekánica Rolling Band poñerá ritmo, alegría e moita festa.
…pero hai algunha cousiña máis cociñándose …
21/01/2026
Sábado 21, vémonos!
Día do voluntariado da Noite Meiga ☺️☺️
🎭✨ Sábado de Piñata en Ribadavia ✨🎭
A asociación cultural Ribadavia Activa.t, en colaboración co Concello de Ribadavia e cos bares Kopa, Meu e Aljama, organizan un ano máis o Sábado de Piñata en Ribadavia 🎉🥳
Unha cea–festa pensada especialmente para as persoas voluntarias que fan posible a nosa querida Noite Meiga, un evento único que enche Ribadavia de maxia, tradición e cultura 🧙♀️🔥🍽️🎶
📅 Proximamente informaremos dos horarios e de todos os detalles… estade moi atentos/as! 👀⏰
🎭✨🍷
Feliz ano de parte de todas as Meigas!
“Que no novo ano a maxia da Noite Meiga nos inspire para facer, un ano máis, un gran evento e que formedes parte desta ilusión, da tradición e dos bos momentos.”
Feliz Ano de parte de todas as Meigas!
“Que no novo ano a maxia da Noite Meiga nos inspire para facer, un ano máis, un gran evento e que formedes parte desta ilusión, da tradición e dos bos momentos.”
Aquelarre de meigas!! Planeando el próximo año..
25/11/2025
🎃✨ Entrega de premios do Concurso de Ambientación de Locais 2025 ✨🎃
Un ano máis, os establecementos de Ribadavia demostrastes creatividade, ilusión e ganas de facer grande a Noite Meiga.
Hoxe fixemos a entrega dos agasallos aos locais premiados, e queremos aproveitar para darvos as GRAZAS:
🖤 Grazas por dedicar tempo, esforzo e agarimo ás vosas ambientacións.
🖤 Grazas por participar e encher as rúas de maxia.
🖤 Grazas por facer que cada recuncho de Ribadavia respire espírito meigo.
Para nós, todos os locais participantes sodes parte fundamental desta tradición tan especial.
¡Seguimos creando Noite Meiga xuntos! 🌙✨
Salón de belleza Belén .0
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Ribadavia
32400