BNG O Ribeiro
Páxina oficial do BNG comarcal do Ribeiro
11/06/2026
Queremos vida. Queremos futuro.
📢 Este 14 de xuño, ás 12h, enchamos a Praia do Vao.
✊ Contra Altri e a mina de Touro-O Pino.
Por mar e por terra, Galiza en pé!
Podes ir en bus desde a Rotonda do Viña Costeira. 5€. Reserva no 674227824 ou no 988782726.
08/06/2026
05/06/2026
BNG urxirá aclarar se a mina de Doade foi incorporada como proxecto estratéxico sen contar con avaliación técnica ambiental Néstor Rego Candamil reclamará desbotar este proxecto polo seu impacto negativo e polo que representa de espolio do noso País “Cal é a posición do Goberno so...
26/05/2026
🚩 Na Galiza queremos paz, soberanía e dereitos.
E para conseguilos, Galiza ten que ser dona de seu.
Maniféstate pola PAZ e a liberdade!
Maniféstate en contra da GUERRA e da militarización!
📍 Vigo — Saída de Vía Norte
🗓 30 de maio
🕛 12:00h
21/05/2026
🔷 ACTO PÚBLICO HOMENAXE A OTERO PEDRAYO.
🗓️ Sábado 23 de Maio ás 19 hrs. Campo do Souto, Amoeiro.
🗣️ INTERVIRÁN:
- Marcos Blanco (Responsábel local)
- Rita Vázquez (Galiza Nova)
- Agustín Gómez (Candidato á alcaldia)
- Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG)
-Haberá actuación musical e petiscos ao rematar o acto. Estades tod@s convidad@s-
16/05/2026
🕊️ NA GALIZA: PAZ, SOBERANÍA E DEREITOS ✊
Este domingo temos unha cita para reflexionar e alzar a voz fronte á escalada militarista e ás políticas da guerra.
📍 Taberna Treixadura
🗓️ Domingo 24 de maio
🕛 12:00h
Contaremos coa participación de:
▪️ Lucía López, responsábel de Organización do BNG
▪️ Xavier López, responsábel comarcal do BNG do Ribeiro
Porque Galiza quere futuro, non guerra.
Porque defendemos os dereitos dos pobos e a soberanía.
Porque fronte ao militarismo, máis democracia, máis xustiza social e máis paz.
✌️ Non á guerra
🚫 Non ao militarismo
12/05/2026
📢 O BNG do Ribeiro participou na mobilización en apoio aos traballadores despedidos de Rubí Automotive.
O Responsábel Comarcal do BNG, xunto coa voceira do BNG de Ribadavia e membros do Consello Comarcal do BNG do Ribeiro, estiveron presentes na manifestación para amosar o seu apoio e solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados polos despedimentos.
Desde o BNG do Ribeiro denunciamos calquera forma de represión sindical e defendemos o dereito da clase traballadora a organizarse e reclamar condicións laborais dignas, con respecto e sen medo.
✊ Pola readmisión dos despedidos.
✊ Polos dereitos laborais.
✊ Contra a represión sindical.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
Rúa Do Progreso, 17
Ribadavia