CEIP de Quiroga

CEIP de Quiroga

Compartir

Páxina dirixida á comunidade educativa do CEIP de Quiroga co obxectivo de facilitar información d

Photos from CEIP de Quiroga's post 13/06/2026

Dentro do coñecemento do patrimonio natural da nosa comarca, o alumnado de terceiro a sexto aprendeu da man de AMABUL sobre a flora autóctona e as especies invasoras no Xogo de Escape Ambiental “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

Dale Voz a la Tierra - Lugo 2026 13/06/2026

https://www.youtube.com/live/aHmMcbWJmkY?is=gUFnV51fCdNV2ZsG

O pasado día 26 o alumnado de 6º de primaria asistiu á Gala da Enerxía da Fundación EDP en Lugo. Alí puideron contar algo máis sobre o noso PDI Montañas do Courel: Un Xeoparque en verde e sobre como contribuímos a facer do noso espazo un lugar máis sostible.
Obtiveron por el unha mención especial á contribución e implicación de toda a comunidade educativa.
Podédelo ver neste video (min. 51)

Dale Voz a la Tierra - Lugo 2026 Evento organizado por la Fundación EDP en el Círculo de las Artes d...

13/06/2026

🗓️ Xa temos data oficial para o inicio do curso 26/27!

Empezará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027

Tedes máis info na ligazón. E o luns estará tamén dispoñible no Diario Oficial de Galicia

ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50156

Photos from CEIP de Quiroga's post 10/06/2026

O alumnado do 1º ciclo de primaria gozou hoxe dunha xornada ao aire libre no Club fluvial de Monforte de Lemos, favorecendo a convivencia, compañerismo e respecto polas normas. Unha actividade moi enriquecedora que axudou a pechar o curso dunha forma divertida e memorable para o alumnado.

Photos from CEIP de Quiroga's post 10/06/2026

Hoxe un grupo de alumnos e alumnas do instituto participou nun contacontos para os nenos e nenas de infantil, co obxectivo de conciencialos sobre a importancia de coidar o medio ambiente. A través de historias divertidas e personaxes relacionados coa natureza, explicaron de maneira sinxela como reciclar, aforrar auga e respectar os animais e as plantas. Os máis pequenos gozaron moito da actividade, aprendendo valores ambientais dun xeito ameno e participativo. Foi unha experiencia enriquecedora tanto para o alumnado do instituto como para os nenos e nenas de infantil.

Photos from CEIP de Quiroga's post 10/06/2026

Na saída a Marcelle, o luns, tivemos a oportunidade de coñecer diferentes especies de animais nun contorno natural e educativo. Durante a visita aprendemos sobre a súa alimentación, os seus hábitats e a importancia da conservación da biodiversidade. Foi unha experiencia moi interesante, divertida e enriquecedora para todo o grupo.

Photos from Quiroga. Concello de Quiroga's post 07/06/2026
Photos from CEIP de Quiroga's post 05/06/2026

O pasado venres día 22 de maio a clase de 5º de Primaria tivo o pracer de participar con Ponte nas Ondas e a Fundación Legar na elaboración dun programa de radio. Este programa, encadrado no Radio Visual do Patrimonio, estivo integrado por diferentes partes como unha entrevista ao alcalde de Quiroga, a Xabier Blanco… Foi gravado na Seara, no corazón do Caurel, e en concreto na Fundación Legar, un espazo único cheo de valor e tradicións.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado na que investigaron, crearon o programa e participaron na súa gravación.

Photos from CEIP de Quiroga's post 04/06/2026

Hoxe o alumnado do segundo ciclo tivo a oportunidade de vivir unha marabillosa xornada no parque de multiaventuras Loko Natura, unha experiencia enriquecedora na que diversión, aprendizaxe e convivencia foron da man.

Ao longo do día, os nenos e nenas participaron en varias actividades: un parque de cordas, os tobogáns, as colchonetas, o láser tag e diversos obradoiros centrados na sensibilización e no coidado do medioambiente. Cada proposta permitiulles desenvolver habilidades, superar retos e fortalecer os lazos de compañeirismo nun entorno estimulante.

Foi, sen dúbida, unha xornada excepcional, chea de emocións, descubrimentos e momentos compartidos.

04/06/2026

Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.
A Consellería de Educación publicou o día 22 de maio un novo protocolo sobre absentismo escolar. De gran interés para as familias porque aclara moitas dúbidas.

www.edu.xunta.gal

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Quiroga?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


R/Río Lor, S/N
Quiroga
27320