Pants Off

Pants Off

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Pants Off, Músico/grupo de música, Praza da Constitución, s/n., Lugo.

11/12/2025

O xullo que vén, tocaremos no

En 2007 xa estabamos alí, diante do escenario, vendo algunhas das nosas bandas favoritas. Daquela Pants Off xa existía, pero ningún de nós pensaba que algún día poderiamos formar parte desa animalada de festival como artistas.

Grazas a todos os amigos e familia, e a toda a xente que nos escoita sen coñecernos, que compartides a nosa música e a valorades positivamente. Para un grupo como o noso, sen grandes pretensións máis alá de facer a música que nos gusta e buscar algunha oportunidade para defendela en directo, aparecer nun cartel debaixo de nomes da historia do rock como Iron Maiden, Marilyn Manson, Sabaton ou de grupos que levamos escoitando toda a p**a vida, como A Day To Remember, Limp Bizkit ou Authority Zero, xa podedes imaxinar o que significa.

Queremos acordarnos tamén do festival A Revolta do Umia (), os nosos veciños de Cuntis, que foron os primeiros en confiar en nós logo do longo parón como grupo. Volver preparar un directo e recuperar esa emoción tan poderosa de tocar xuntos foi crucial para que hoxe esteamos escribindo isto.

E, por supostísimo, mil grazas pola confianza á xente do Resu que tivo que ver nesta decisión 🤘🏻

IMOS CON TODO, VIVEIRO 🖤🔥

04/11/2025

Cada venres estamos aí cunha birra na man 🍻
Tiñamos claro que sería un escenario perfecto para gravar un videoclip.
Que vos pareceu o resultado?🔥

📍
📸

17/10/2025

⭐ Nas Estrelas ⭐
Esa sensación de querer rachar coa rutina e deixar saír o lado salvaxe.
🎧 Link na bio, listo para ser engadido ás vosas listas.
Dalle!! 👊🏻

🎛 .graner
📹 Flavia M

Mil grazas a

12/10/2025

🎶 Soño de pé, mirando cara o ceo!

17.10.2025 Nas Estrelas

10/10/2025

✨ Tic✨tac
17 de outubro: Nas estrelas 🚀

Photos from Pants Off's post 17/06/2025

Aquí van algúns momentos da gravación de Abismos.
Se xa o viches… volve. Se non… estás tardando.
📺 Mira o videoclip en YouTube
🎧 Escoita o tema en todas as plataformas
👉 Ligazón na bio

27/05/2025

Froito de moito traballo e a colaboración de (produción e gravación), (gravación de voces) e .graner (mix e máster), “Abismos” é un dos dous temas que gravamos no pasado inverno.

Un grandísimo pracer traballar man a man con grandísimos músicos e profesionais dos que seguir aprendendo e mellorando.

21/05/2025

🔥 ABISMOS 🔥

A partir do 22/05 o noso novo tema estará dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Porque ninguén queda atrás 💪🏻

Photos from Pants Off's post 01/07/2024

Luns de resaca para moitos e moitas estradenses e a nós xúntasenos a emocional.
Moitísimas grazas a toda a xente que se animou a vir ao concerto, orgullo de colegas e familia!!
Infinitas grazas, como non, á por apostar por nós e facer posible que por fin puideramos tocar nas festas da nosa vila. Seguimos! 💪🏻

21/06/2024

🚀Pois finalmente sí!

🔥Este ano tocaremos nas festas da nosa vila, no San Paio 2024.

🍻O día 29 ás 19:30, de novo da Zona dos Viños

🎸Moi posiblemente último concerto en bastante tempo, xa que logo temos a idea de centrarnos en gravar material novo que morremos por ensinarvos.

🤘🏻NON FALTES!!🤘🏻

Photos from Pants Off's post 03/06/2024

Unha honra pechar unha festa tan guapa como a na nosa vila. Moitísimas grazas ao por contar con nós, e grazas a todos vós por achegarvos a vernos e formar parte dun día inesquecible. Lume!! 🔥

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Praza Da Constitución, S/n.
Lugo
27002