LaboraTe
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de LaboraTe, Universidad, Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo, Lugo.
O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) é un grupo de investigación e docencia integrado por profesores e investigadores de diferentes áreas de coñecemento, onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. O feito de estar integrados dentro dunha Escola de Enxeñería, orienta tódalas nosas actividades cara a investigación-acción,
14/06/2026
“A Superficie Agraria Útil de Galicia é só o 20% do territorio. Hai que incrementala se queremos soberanía alimentaria e un rural vivo” Inés Santé Riveira (Ferrol, 1976) é doutora en Enxeñería Agrónoma e profesora da área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC). E tamén unha das responsables da Alianza para un Territ...
04/06/2026
¿Por qué integrar la naturaleza en la planificación territorial: sinergias y conflictos en la gestión del territorio?
La naturaleza es un elemento clave en el funcionamiento de los territorios, ya que proporciona múltiples servicios ecosistémicos como la regulación del agua, la captura de carbono o aquellos relacionados con el bienestar humano. Sin embargo, la transformación del territorio y la pérdida de biodiversidad están reduciendo progresivamente la capacidad de los ecosistemas para mantener estos servicios.
¿Te interesa el tema?
👉 Lee la noticia completa en la web del proyecto Greenzone:
https://greenzone.usc.es/por-que-integrar-la-naturaleza-en-la-planificacion-territorial-sinergias-y-conflictos-en-la-gestion-del-territorio/
01/06/2026
O Foro Territorio Rural Resiliente aborda o futuro da xestión do territorio en Galicia - Innova - Campo Galego O Foro Territorio Rural Resiliente (FTRR) deuse a coñecer no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. No encontro interviñeron o vicerreitor de Innovación e Transferencia […]
29/05/2026
| A Alianza comeza a medrar
A resposta ao Foro Territorio Rural Resiliente confirma que existe vontade de sumar esforzos arredor do presente e o futuro do rural galego. Tras a xornada celebrada onte na Cidade da Cultura, xa contamos con cerca de 100 persoas, entidades e organizacións que amosaron o seu interese en incorporarse á 𝗔𝗹𝗶𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘂𝗻 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 e participar nos grupos de acción propostos.
Como destacou José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, “precisamos sumar coñecemento técnico, capacidade institucional, experiencia local, iniciativa privada, compromiso comunitario e vontade social”.
Grazas a todas as persoas que estades decidindo formar parte deste proceso colectivo para avanzar cara a unha xestión activa, sostible e corresponsable do territorio rural galego.
A adhesión á Alianza continúa aberta en ⤵
foroterritoriorural.gal/alianza
ℹ️ O 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil pola Fundación Juana de Vega e LaboraTe en colaboración coa Fundación RIA, Fundación Roberto Rivas e o Colexio De Xornalistas.
28/05/2026
28/05/2026
| Inauguración institucional
Mañá reuniremos na Cidade da Cultura a máis de 200 persoas para avanzar nunha folla de ruta compartida para a xestión activa do territorio rural galego.
O evento abrirá cunha sesión institucional na que intervirán:
▪️ Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago de Compostela
▪️ Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega
A apertura institucional marcará o inicio dunha xornada de análise, diálogo e proposta arredor dos grandes retos do rural e das oportunidades para construír unha Galicia máis resiliente, activa e preparada para o futuro.
Se vas participar no encontro, comparte a túa experiencia co hashtag .
Vémonos mañá!
📝 Consultar o programa completo ⤵️
foroterritoriorural.gal/programa
📍 Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia
📅 Xoves, 28 de maio | 9:30-18:00 h
📲 foroterritoriorural.gal
ℹ️ O 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil pola Fundación Juana de Vega e LaboraTe en colaboración coa Fundación RIA, a Fundación Roberto Rivas e o Colexio De Xornalistas.
27/05/2026
| Da proposta á acción
A participación e a cocreación son elementos centrais do 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 desde o inicio do proceso. Tras meses de traballo colaborativo nas diferentes mesas temáticas, o evento incluirá unha dinámica participativa orientada a identificar prioridades compartidas, compromisos e alianzas de futuro.
A sesión buscará conectar axentes clave arredor de propostas concretas para avanzar cara a unha mellor xestión e ordenación do territorio rural galego. Un espazo aberto ao diálogo e á colaboración para transformar reflexións e propostas en acción colectiva.
📝 Consultar o programa completo ⤵️
foroterritoriorural.gal/programa
📍 Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia
📅 Xoves, 28 de maio | 9:30-18:00 h
📲 foroterritoriorural.gal
ℹ️ O 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil pola Fundación Juana de Vega e LaboraTe en colaboración coa Fundación RIA, a Fundación Roberto Rivas e o Colexio De Xornalistas.
25/05/2026
| Políticas públicas aliñadas coa dinamización territorial
No 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 contaremos cunha intervención institucional centrada no papel das políticas públicas na dinamización do territorio rural e na creación de oportunidades ligadas ao emprendemento, o emprego e a actividade económica. Será a cargo de:
▪️ José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración | Consellería de Emprego, Comercio e Emigración | Xunta de Galicia
A sesión abordará a importancia de impulsar políticas conectadas co territorio, capaces de crear riqueza a través das persoas e xerar oportunidades vinculadas ao rural galego.
📝 Consultar o programa completo ⤵️
foroterritoriorural.gal/programa
📍 Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia
📅 Xoves, 28 de maio | 9:30-18:00 h
📲 foroterritoriorural.gal
ℹ️ O 𝗙𝗼𝗿𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗥𝗲𝘀𝗶𝗹𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil pola Fundación Juana de Vega e LaboraTe en colaboración coa Fundación RIA, a Fundación Roberto Rivas e o Colexio De Xornalistas.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Escola Politécnica Superior, Campus De Lugo
Lugo
27002