Saltar al contenido
FindGlocal
Mar Rixo

Mar Rixo

Rúa Baiona, 4, Cangas Servicio de catering

Distribución de repostería para hostaleiros e particulares. Traballamos por encarga.

13/11/2026

O brioche de Mar Rixo… xa o probaches? 👀

É a base do noso MIMADRIÑA, un brioche que podes encher do que che pete: nata e froita 🍓, chocolate 🍫, queixo e marmelo… ou o que se che ocorra!

Agora a pregunta importante: ti de que o encherías? 😏

24/09/2026

Hai cousas que xa prometen antes de rematalas.
O vasiño de red velvet vai saíndo así: unha capa por aquí, outra por alá… e de repente xa estás pensando en meterlle a culler.

Doce, cremoso e con ese punto de isto era xusto o que me apetecía 😋😋😋

11/09/2026

Comenta cun 🍓 se eres tan fan coma nos deste vasiño de cheesecake!

28/08/2026

Tamén vale para esa persoa que di “eu só un anaquiño”…
e acaba mirando se queda outro vasiño. 😌

Photos from Mar Rixo's post 20/08/2026

Facendo pinterest realidade 💐🤍

21/07/2026

Para eses eventos pequeniños nos que queres quedar ben, pero sen converter a túa cociña nun campo de batalla. Preparamos cousiñas ricas, fáciles de compartir e listas para poñer na mesa.

Ti só tes que abrir, servir e facer como que non che levou traballo ningún. 😉

📩 Cóntanos cantos sodes e argallamos algo.

Photos from Mar Rixo's post 17/07/2026

Se este verán aínda non tes amigos con barco, seguro que con este picnic os consegues. Poucas cousas poden mellorar un día de sol e salitre, pero pensamos que isto si que o consegue.

Pintaza! 😍

Photos from Mar Rixo's post 23/06/2026

Unha das noites máis máxicas de Galicia.
Chea de lume, mar, historias, tradición… e algunha meiga facendo das súas. ✨

A noite de San Xoán ten algo que custa explicar, por iso é mellor vivilo. As cacharelas, o salitre na pel, a xente xuntándose, as herbas ao orballo e esa sensación de que o verán empeza cun pouco de maxia.

Din que hai que deixar na auga herba de San Xoán, romeu, fiúncho, malva, fento, herba luísa e codeso. Aínda que en cada casa sempre houbo as súas versións.

Porque hai tradicións que non van de facelo perfecto. Van de lembrarnos de onde vimos.

Feliz noite de San Xoán 🌿🔥🌊

Photos from Mar Rixo's post 19/06/2026

Ves o mar e case notas o salitre.
Ves unha tarta e case arrecende a crema.
Hai cousas que non precisan cor para facerche lembrar.

Photos from Mar Rixo's post 10/06/2026

Recomendarías Mar Rixo a algún coñecido?

Se a resposta é si, cóntame por que 💗💗💗💗

Compartir

Otros restaurantes en Cangas

Ver Todo
  • Sister Ray

    Sister Ray

    Calle Ferrol 13, Cangas 36940

  • Tapería  Octubre

    Tapería Octubre

    Calle San Jose, 25, Cangas 36940

    Comida tradicional casera.

  • O Gran Sol

    O Gran Sol

    Playa De Nerga, Rúa Carballás 8, Cangas 36945

  • La Salada burger

    La Salada burger

    Rua Felix Ozamiz 8, Cangas 36940

    Pedidos a domicilio 986 127 763 🚐 Burgers gourmet con mucho mar y buen rollo.

  • NaBeira.Cangas

    NaBeira.Cangas

    Estación Marítima, Cangas 36940

    Bar con terraza ubicado en la Estación Marítima de pasajeros de Cangas. Un espacio para disfrutar al máximo de un café, una caña o un buen desayuno al lado del mar.

  • Dos Chata

    Dos Chata

    Rua Alfredo Saralegui 28, Cangas 36949

    Tapería, platos del día, restaurante a la carta, especialidad en tortillas, restaurante para celebraciones. ¡Ven a vernos y prueba nuestros platos!

  • Ad'Cheches taperia y bocateria

    Ad'Cheches taperia y bocateria

    Rúa David Cal N°16 Vilariño, Cangas 36945

    bocateria taperia ad,cheches y menú del día. rua David Cal 16 vilariño

  • LOKAL Burger & B**r

    LOKAL Burger & B**r

    Calle Ferrol, 12, Cangas 36940

    🥇 1ª #SMASHBURGER GALLEGA 🤲 Elaboración propia e ingredientes made in Galicia 📦 También para recoger y a domicilio 🛵 ¡Entra en nuestra APP y haz tu pedido!

  • SoloNata

    SoloNata

    Rúa Camiño De Pias, Cangas (Pontevedra), Cangas 36945

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mar Rixo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Cangas.