Conversa
Centro Sanitario con Nº de Rexistro C-36002326
Sicoloxía sanitaria e educativa. Infantoxuvenil-A Sé benvida/o ó teu centro.
CONVERSA SICOLOXÍA é un centro de atención a nenas/os, adultos e familias na procura de mellorar a súa saúde e calidade de vida. Acompañamos e orientamos á familia na crianza, ás/ós nenas/os no seu desenvolvemento evolutivo e ós adultos na súa saúde emocional e psicolóxica.
Ó abrigo da sólida formación sistémica do noso equipo profesional, proporcionamos sesións de psicoterapia en formato individ
11/09/2024
Co comezo de curso achegamos unhas pautas que sempre nos poden dar ideas de cómo encarar as preocupacións que xurden.
Pautas para abordar con niños y niñas las preocupaciones relacionadas con la vuelta al cole La vuelta al cole puede generar grandes preocupaciones para los niños y las niñas, pero hablar de ellas (y sentirse apoyados/as) ayuda
A qué nos referimos cando falamos de distorsións cognitivas? Podes recoñecer algunha? Cando as identificamos diminuimos o seu poder nas nosas emocións e conduta.
06/06/2024
Este mes no blog falamos de dislexia e achegamos algúns datos interesantes desta dificultade da aprendizaxe da lectura e da escritura. Na publicación referimos o libro no que nos baseamos e que conta tamén con información doutros trastornos habituais na infancia e adolescencia. Toca ler!!!🤓🤓🤓
https://conversa.gal/un-rato-para-a-dislexia/
03/06/2024
Cando observamos unha conduta (malas contestacións, agresións físicas, autolesións, apatía...) é preciso analizar qué nos está a comunicar esa persoa e por que o fai desa maneira. Só así poderá modificala e buscar outras alternativas.
27/05/2024
Estamos comprometidas coa formación permanente, neste caso nas dificultades realcionadas co TEA nos diferentes ámbitos ou entornos. Desfrutamos aprendendo e actualizando coñecementos.
20/05/2024
Ata o 13 de setembro está aberto o prazo para solictar as becas e axudas NEAE. Como este ano hai cambios nos requisitos achegamos información que pode ser de interese.
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
Cuantía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros.
Subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
02/05/2024
Informamos que está aberto o prazo para solicitar as becas de necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) do vindeiro curso. Lembrade que estas becas están destinadas a estudantes de primaria, secundaria e ciclos que teñan discapacidade recoñecida, trastorno grave de conduta, comunicación ou linguaxe, TEA ou Altas Capacidades.
15/04/2024
Ter interese por contar historias, tamén é TEA.
Encantarme as apertas, tamén é TEA.
Querer estar no parque no lugar de vir á consulta, tamén é TEA.
Ter preferencias por determinadas actividades, tamén é TEA.
Ah! E ordenar os lápices de cores para relaxarme, tamén é TEA. Non simplifiquemos.
02/04/2024
Hoxe nos unimos á campaña no Día Mundial do Autismo. Por mais formación e recursos para ofrecer atención de calidad e a todas as personas diagnosticadas con Trastorno do Espectro Autista.
Autismo
♾️♾️♾️
01/04/2024
"O rexeitamento ou validación do outro non definen o teu valor como persoa"
Esta imaxe me pareceu unha perfecta representación de cómo facer fronte as valoracións dos demais para que non inflúan na nosa propia valoración. É tremendamente complicado que isto non suceda. Construir a autoestima de xeito realista, coñecernos ben, aceptarnos... axuda.
Por outra banda tamén é importante ser conscientes de que as nosas valoracións, actos ou expresións poden influir asimesmo noutras persoas.
Coidémonos e coidemos ós demais. 😉🥰😊
25/03/2024
A integración visual é unha capacidade que non sempre está presente. Cando isto sucede é preciso traballalo para facilitar a comprensión do medio no que o/a neno/a se desenvolve. Neste caso o facemos a través da interpretación e copia de modelos dados.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Fotógrafo Xosé Gil, 8/Baixo (PRAZA DA MIÑOCA)
Vigo
36209
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 13:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Martes | 10:00 - 13:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Miércoles | 10:00 - 13:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Jueves | 10:00 - 13:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Viernes | 10:00 - 13:00 |
| 16:00 - 20:00 |