Atelier SOCIAL
Empresa galega adicada a consultoría, formación e proxectos sociais.
22/02/2026
📢 Xa podes INSCRIBIRTE!!
Eres Voluntari@ do Concello de Vigo o queres serlo?
Esta é a túa oportunidade!!!
FORMACIÓN GRATUITA
➡ Poderás desenvolver as túas habilidades, adquirir novos coñecementos e conectar cunha rede de persoas que comparten os teus valores
INSCRIPCIÓNS
👇👀
Chama ao 📞0️⃣1️⃣0️⃣ 👉Prazas limitadas
+ info: [email protected]
no 986 810 213 ou 604 069 272
20/11/2025
Hai voces pequenas que contan cousas moi grandes. 🌟
O Día dos Dereitos da Infancia recórdanos que escoitalas non é un xesto de amabilidade, senón un dereito recoñecido e irrenunciable. 🎧✨
PARTICIPAR significa poder entender, opinar, dialogar e decidir. 🗣️💭, significa que o mundo adulto lles abra portas e elimine barreiras. 🚪🔓
Desde acompañamos procesos nos que nenos, nenas e adolescentes poden ser elas mesmas, onde cada proposta conta e cada opinión constrúe. 🤲👧🏽🧒🏼👦🏾
Celebramos a súa forza esta data, pero tamén reclamamos o seu espazo, porque un futuro xusto só é posible cando as súas voces se escoitan alto, claro e con respecto todos os días. ✨📣💛
📆 Nos últimos meses desenvolvemos múltiples actividades dentro do programa de promoción da e prevención da violencia de en diferentes concellos da provincia de Ourense.
Estas accións, subvencionadas por Igualdade en Galicia da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, teñen como obxectivo previr a violencia de xénero e mellorar a situación das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade, favorecendo o seu benestar persoal, social e laboral. 💪💜
🤝 A todos os concellos que confiastes en nós para levar a cabo estas actividades…
MOITAS GRAZAS pola vosa implicación e compromiso coa igualdade! 🌸
22/10/2025
📣 ¿Inda non nos segues en Instagram?
En Atelier Social tamén estamos 𝐞𝐧 𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐠𝐫𝐚𝐦 𝐜𝐨𝐦𝐨 .
Alí compartimos mais contidos e novidades no día a día dos nosos proxectos sociais.
📍 Búscanos en: instagram.com/atelier_social_sl
21/10/2025
Esta fin de semana en vivimos unha experiencia inesquecible con motivo do IV Encontro de Consellos Locais de Infancia, e non podemos estar máis felices do traballo realizado por todo o noso equipo.
🧠 Durante uns días cheos de enerxía, reflexión e participación activa, acompañamos a nenas, nenos e adolescentes de distintos concellos galegos nun evento deseñado para tecer rede, escoitar as súas voces, fomentar o seu protagonismo e construír propostas reais para facer valer os seus dereitos na contorna dixital.
🤝 Desde Atelier SOCIAL queremos agradecer:
✔️ Aos nenos, nenas e adolescentes participantes polo seu compromiso e creatividade.
✔️ Ás institucións implicadas UNICEF España, Familias Galegas e Concello De Nigrán por confiar na nosa experiencia.
✔️ A cada un dos monitores/as que fixo posible unha organización impecable.
🌍 Un encontro pensado non só para reforzar a participación infantil, senón que tamén para consolidar un modelo de traballo en rede entre consellos locais e administracións públicas.
💬 Porque creemos firmemente que a participación infantil non é só un dereito, senón unha ferramenta para transformar a sociedade dende a base.
08/08/2025
Grazas por contar con nos
07/08/2025
📢 En Atelier SOCIAL buscamos un graduado/a en Educación Social ou Traballo Social para incorporar inmediatamente na nosa oficina de Vigo.
Os requisitos do programa son:
- Ser menor de 30 anos,
- Estudos rematados fai menos de 3 anos
- Menos de 12 meses de experiencia en posto similar,
- Desempregado/a (sin ocupación o día anterior ao inicio do contrato) e inscrito/a como demandante no SPEG.
Ofrecemos contrato formativo para a obtención de práctica profesional de 12 meses a xornada completa, con un salario bruto aprox de 18000€ anuais, flexibilidade horaria e con posibilidade de realizar parte da xornada en teletraballo.
Se estás interesado, bótalle un ollo a esta oferta e envíanos o teu cv para participar no proceso de selección
[email protected]
Antes do 13 de agosto
📍 Vigo
🕒 Xornada Completa
📅 Incorporación inmediata
26/07/2025
LOPIVI: Unha chamada a crear contornas nas que a infancia se sinta segura, coidada e escoitada.
Actividades culturais, deportivas, campamentos, ludotecas…
A protección da infancia NON se limita ao horario escolar.
📍 Desde Atelier Social traballamos con administracións, clubs e entidades sociais para que poidan aplicar a LOPIVI tamén na educación non formal, e no ámbito deportivo, con criterios claros, formación específica e protocolos útiles.
Porque un espazo seguro non é só un lugar sen violencia.
É un lugar onde hai coidado, participación e bo trato real.
📩 Se organizas actividades para menores e queres avanzar na prevención e protección, falemos e fagamos realidade o dereito das nenas e nenos a medrar seguros.
21/06/2025
📍 Tui e O Rosal camiñan cara a ser Cidades Amigas da Infancia 👧👦
Estes dous concellos veñen de aprobar en pleno e por unanimidade os seus plan locais de infancia e nós temos a sorte de acompañalos no proceso 💼💙
💡 Porque atender os dereitos da infancia require planificación, e facelo ben implica metodoloxía, tempo, participación e compromiso real.
🔎 Durante este camiño encargámonos de:
✅ Diagnosticar a situación da infancia
✅ Elaborar a proposta técnica factible
✅ Definir medidas adaptadas á realidade local
✅ Apoiar ao persoal técnico e político
✅ Dinamizar da participación
Non tratamos de buscar fórmulas revolucionarias, senón de facer ben o importante: escoitar, entender e construír políticas reais para as nenas e nenos baseadas na realidade do territorio.
🤝 Parabéns aos concellos de Concello de Tui e Concello do Rosal polo seu compromiso coa infancia.
16/06/2025
O Concello de Avión puxo en marcha un plan de capacitación dixital para a cidadanía, enmarcado na Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital 🖥️
👩🏫 Persoas de diferentes idades participan nun espazo seguro e práctico, onde aprenden a usar ordenadores, tablets ou teléfonos móbiles para xestionar citas, comunicarse ou facer trámites básicos.
O programa está financiado pola Unión Europea a través dos fondos e coordinado pola Secretaría Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación.
👉 Acompañamos ao Concello de Avión e CIM Avión dende a xestión da axuda ata a posta en marcha da formación. Seguimos traballando para que a dixitalización sexa real, útil e accesible para todas as persoas.
26/11/2024
Neste , día internacional contra a violencia de xénero, dende Atelier SOCIAL poñemos o foco na que sufren nenas e mozas cada día.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Vigo
36203
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 17:00 |
| Martes | 09:00 - 17:00 |
| Miércoles | 09:00 - 17:00 |
| Jueves | 09:00 - 17:00 |
| Viernes | 09:00 - 17:00 |