CMUS PROFESIONAL DE VIGO
🌐Web:
https://cmusvigo.gal/
📺YouTube:
https://www.youtube.com/user/cmusvigo
Quenes son o club Enxeñar? Son alumnado do conservatorio, tanto de grao elemental como do profesional, que se xunta os venres nun obradoiro de lectura, emprego do enxeño, escritura, creación e interpretación, tanto de teatro, como de cine e música. Fundouse no ano 2013 e o seu lema é “antídoto contra o tedio”. Podes coñecer máis sobre o noso traballo na páxina do conservatorio:https://clubenxeñar.cmusvigo.gal/
Gustouvos o que miráchedes nestes días? Pois prestade atención porque imos engadir algo máis sobre o Conservatorio: no ático non están as caldeiras, como se di, senon que hai unha cápsula do tempo. Podedes comprobalo subindo á terceira planta. Iso sí, coidado porque vos pode levar ao pasado ou ao futuro, e vos pode gustar ou non. Ah! E tamén coidado para regresar, tedes que facer o cursiño antes, volo imparte o conserxe Alberto, él sabe ben cómo regresar.
01/06/2026
Chegan dúas das datas máis agardadas do curso escolar...as graduacións do noso alumnado!!! ❣️🎵🎓🎵❣️
A primeiros de Decembro solicitouse unha rolda de prensa co Director do cmusVigo para aclarar as nosas dúbidas sobre se o Conservatorio estaba ou non dirixido por él mesmo, pero a entrevista empeorou as cousas, alí había 4 supostos Directores, manipulados totalmente pola IA. O club enxeñar somos testemuñas de como Cazamentiras tomaban notas para descubrir, sen éxito, quen dirixía este centro. Observade o vídeo e opinade se así o desexades.
Flipáchedes cos vídeos anteriores, verdade? Pois isto non é todo, o verán pasado entramos na aplicación de Airbnb para pasar uns días coa familia por aí e…qué nos atopamos? O sabedes? O Conservatorio en agosto convírtese en vivenda turística!! Quen consinte algo así? Qué aulas son dormitorios? E o máis intrigante, onde están as duchas?
Xa mirástedes dous vídeos, pero isto é máis grave do que poida parecer, en realidade é un cachondeo, non hai seriedade para estes estudos profesionais. Sabedes que cando repetides curso dúas veces, vos botan do Conservatorio, verdade? Pois hai persoas que se resisten a marchar e conseguen estudar pola noite aquí, no noso Conservatorio, quen llo consinte? Quen lle abre as portas? Non temos nin idea.
Neste curso 2025/26 parte do club Enxeñar convertiuse na ADSAP, asociación de detectives de segredos e actividades paranormais, vulgarmente coñecidos como “Cazamentiras”. Esta asociación formouse ante a necesidade de desvelar o gran número de mentiras agochadas no Conservatorio da Miñoca. Foi tal o traballo, que a ADSAP viuse na obriga de contratar a unha "chica randon" de apoio moral, sen a cal non poderían ter seguido coas investigacións. Jose Luisa, detective especialista en rastros e pegadas, atopuse cunha persoa nos baños do cmus que finxía ser unha pantasma, asustando a todas as estudantes que por ali pasaban. Se algunha de vós a atopáchedes, mirade o vídeo e comprobade o descaro desta alumna que cando pedía á profe ir ao baño era para facernos pasar medo.
Minivídeos do Concerto do Día de Europa celebrado no noso auditorio o pasado 7 de maio.
Parabéns aos músicos a grazas a todo o público por asistir!
💙🎶🎵💙
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Rúa Felipe Prósperi, S/n
Vigo
36209
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 22:00 |
| Martes | 09:00 - 22:00 |
| Miércoles | 09:00 - 22:00 |
| Jueves | 09:00 - 22:00 |
| Viernes | 09:00 - 21:00 |