Compromiso Vigo
Páxina oficial da agrupación Compromiso por Galicia en Vigo e comarca.
Compromiso por Galicia constitúese como cooperativa política que acolle as achegas do galeguismo político e o soberanismo cívico, o progresismo inclusivo e a esquerda renovadora, o ecoloxismo político e a radicalidade democrática.
02/02/2024
Good luck with the start of the election campaign, 🍀🇪🇺
In Galicia you reaffirm, putting them at the center of your political proposal, the best centrist, humanist and democratic principles of the EDP 🇪🇺
Go Compromiso por Galicia!
We are counting on you 💪🏼
21/09/2023
27/01/2023
Hoxe é 27 de Xaneiro, conmemoramos o "Dia internacional de conmemoración das victimas do Holocausto".
Millóns de persoas foran asasinadas polo terror dos n***s. Millóns de persoas ollaron para outro lado. Nós sempre de cara contra o fascismo, nos sempre do lado da democracia e dos direitos humanos.
Foto: Museo do holocausto en Washington D.C.
25/10/2022
Artigo do noso benquerido na nova web de compromiso.gal
Compromiso por Galicia Partido político Compromiso por Galicia
20/10/2022
Compromiso por Galicia Partido político Compromiso por Galicia
13/05/2022
➡️ Piñeiro Docampo con Andoni Ortuzar e Mireia Zarate no transcurso do debate sobre a CoFoe
09/05/2022
📢 9 de Maio, DIA DE EUROPA.
➡️ Europa é un proxecto común, de suma e pertenza. Os galegos/as somos de sumar e axudar. Por iso desde CxG renovamos os nosos votos con Europa.
🇪🇺 non todas as opcións políticas teñen este camiño. Reflexiona.
25/03/2022
DECLARACIÓN DE COMPROMISO POR GALICIA EN RELACIÓN COA INVASIÓN RUSA DE UCRAÍNA.
A situación derivada da invasión rusa de Ucraína, que se producíu hai catro semanas, está levando a Europa a unha situación de catástrofe humanitaria descoñecida dende o remate da II Guerra Mundial, e está a provocar unha espiral de morte e destrución que leva aparellada a fuxida de milleiros de refuxiados vítimas da agresión rusa.
Dende Compromiso por Galicia, condenamos esa brutal agresión e envíamos a nosa solidariedade ao pobo ucraíno e unímonos ás voces que esixen ao autócrata Vladimir Putin o cese da guerra e a retirada das tropas de solo ucraíno.
Ao mesmo tempo apoiamos o dereito á lexitima defensa do pobo ucraíno e ás medidas que o goberno do Estado, en coordinación coa UE e a OTAN, está a tomar. Para nós, a guerra sempre é rexeitable mais neste caso, pensamos que o dereito internacional xustifica a lexítima defensa diante dunha agresión real e non provocada.
Por último, queremos amosar a nosa preocupación pola auxe, na vida política española, de derivas populistas e extremistas como as que practica Vox e que non son diferentes das impulsadas por Trump, Bolsonaro ou o mesmo V. Putin. A nosa receita para frear a estes personaxes e ás forzas políticas reaccionarias que lles dan soporte é escoitar con atención as demandas da cidadanía e mellorar a calidade da nosa democracia.
10/01/2022
🎙️O vindeiro mércores día 12, o noso Secretario Xeral, partillará con Ignacio Balboa sobre a actualidade política e as propostas de Compromiso por Galicia.
📢 Non o perdas.
16/09/2021
📢 O vindeiro 25 de setembro os galeguistas celebramos o DIA DO COMPROMISO GALEGO en Vigo. Lembramos o recoñecento de Galicia coma Nación.
👉Programa de ponencias e debate. Estará Mikel Burzako burukide do PNV responsable de Internacional.
👉Delegacións de PDR de Portugal e do Partido Demócrata Europeo.
✅Falaremos do futuro do galeguismo preciso en Galicia.🤍💙🤍
ACHÉGATE.❗❗
07/09/2021
➡️ As concesionarias de varios encoros galegos veñen de lesionar á nosa natureza, baixando o nivel dos mesmos.
➡️ Feijoo, coma sempre mira cara outro lado.
✅ Desde CxG solicitamos unha acción contundente das administracións.
👉 Solicitamos a recuperación das concesións por mala fe das concesionarias, queremos xestión galega.
⬜🟦⬜ Xestionemos o noso.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Vigo
36203