Miguel Rivas Instrumentos tradicionais

Miguel Rivas Instrumentos tradicionais

Compartir

Artesán de instrumentos de percusión e vento tradicionais galegos.

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 29/12/2023

Rematamos este 2023 con este gran tamboril de 30cm de diámetro para un grande gaiteiro/percusionista como é . Trátase de un tamboril feito en madeira de arce tinguido con respiro e botón do bordón feitos en granadillo.
Sin embargo este tambor vai a quedar cunha anécdota que seguramente nunca esqueceremos 🐭.

Lume con el Juan. 🥁🔥

Graciñas a todos e cada un de vos pola vosa confianza día tras día no meu traballo e agardo que o próximo ano veña cargadísimo de moita música e moitas foliadas. Vémonos nos torreiros !!!

22/12/2023

Rematamos a penúltima semana deste 2023 con este bombo feito en madeira de cerdeira. Respiro feito en madeira de granadillo e personalizado a gusto do cliente.
Agardo que vos guste.

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 13/12/2023

Pandeireta feita en madeira de cerdeira🪵 co arillo tinguido e 4 pares dobles de ferreñas troqueladas. Personalizada a gusto da clienta. 🌀🌀

Graciñas .sind pola confianza depositada.

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 12/12/2023

Pandeireta feita en madeira de nogueira do país🪵 con 4 pares dobles de ferreñas feitas a man. Personalizada a gusto da clienta. 🌿

Graciñas pola confianza depositada.

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 07/12/2023

Vai acabando o ano e van salindo os últimos tambores do 2023.

Neste caso vai un tamboril de cerdeira de medida estreita con botón do bordón e respiro feitos en granadillo. Agardo que vos guste.

🥁🥁🥁🥁

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 30/10/2023

🥁🥁🥁🥁

Empezamos a semana con este tamboril feito en madeira de nogueira do país. Incrustacións, batedores respiro e botón do bordón feitos en madeira de buxo.

Agardo que vos guste.

Graciñas a todos e cada un de vos que día a día seguides confiando no meu traballo.

20/10/2023

Tambor do centenario !!

Hoxe quero ensinaros este novo tamboril saído do obradoiro. Tamboril de 8” fabricado en madeira de freixo con aros en cerdeira.
Un tambor un tanto especial xa que conmemora os 100 anos da agrupación .

Agardo que vos guste.
Gracias pola confianza depositada e a paciencia 🙈🙈.

29/09/2023

Desta vez temos un encargo especial. Trátase dun modelo de pandeireta italiana de 30cm de diámetro fabricadas en madeira de freixo tinguido con tres pares de ferreñas por oco intercaladas entre si e con rebaixe e burato para usar a modo de pandeira. Agardo que vos gusten.

02/08/2023

Bombo feito en madeira de cerdeira cos aros tinguidos en nogueira. Respiro feito en madeira de granadillo e personalizado a gusto do cliente.
Agardo que vos guste.

Photos from Miguel Rivas Instrumentos tradicionais's post 01/08/2023

Cintos para tamboril e bombo. Diferentes anchos de correa, tallas e cores.

26/07/2023

Como sempre, seguímos adaptándonos as necesidades de cada cliente. Neste caso, fixemos dous tambores en madeira de nogueira de 10” con parche sintético para poder facilitar un rápido remplazo en caso de rotura xa que marchan a 9000km do obradoiro. Próximo destino, Cidade de México 🇲🇽

¿Quieres que tu empresa sea el Tienda mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Página web

Dirección


Rúa Beillesa Nº 16
Vigo
36215

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 17:00
Martes 10:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 20:30
Sábado 10:00 - 13:00