Escola O Rocío

Escola O Rocío

Compartir

Páxina oficial da Escola O Resío (CEIP VIRXE DO ROCÍO) Páxina oficial da Escola O Rocío.

Teño unha mensaxepara ti! | Genially 06/10/2025

Temos unha nova para vós.

Teño unha mensaxepara ti! | Genially

Photos from Escola O Rocío's post 28/02/2025

O ENTROIDO A ESCENA
Chegou o día...

HOXE, NA ESCOLA, CELEBRAMOS UNHA MARABILLOSA FESTA DE ENTROIDO.

Neste día tan luminoso, as aulas desbordaban ledicia e cor. Que emoción, foi incrible.
CEE SAN FRANCISCO COMO A ORQUESTRA SINFÓNICA
4º EI. OS PALLASOS DO RESÍO
5º EI. OS PALLASOS DO RESÍO
6º EI. OS PALLASOS DO RESÍO
1º EP: MIMOSIÑOS
2º EP: NEN@S PRODIXIO
3º EP. OUTRO BALLET
4º EP. OS BAILONG@S
5º EP. FANTASMAS NA OPERA
6ºA EP. TEATREIR@S
6º B EP . CARTAS MÁXICAS
O colexio encheuse de pallasos, mimos, Mozarts, bailaríns, rapeiros, máscaras, magos e fantasmas da ópera entre outros, foron os protagonistas do Entroido do Resío xunto co noso sonado meco, O MECO TRAMPULLEIRO.

Logo dunha semana aturando os mandadiños do Sr. Meco, os castigos en man dos Merdeiros (personaxe do entroido vigués, nacido para ridicularizar), chegou hoxe o noso tradicional pasarrúas para ambientar as rúas da nosa vila de Bouzas.

Agradecer en primeiro lugar á Policía Local, por acompañarnos no desfile, e pola paciencia e sobretodo agradecer ao CEE SAN FRANCISCO por participar con nós neste día de festa.

Logo do pasarrúas, o esperado Xuízo do Meco.
Seguimos coa merendola, música e festa tola.
Grazas a todos por facer posible este Entroido!







Se queres ver máis imaxes do evento, non tes máis que premer na última imaxe.

19/02/2025

Quen son?
Alguén apareceu pola escola.
Os cativos dín que o viron polo corredor de infantil.
Outros que estaba no Laboratorio das Artes e das Ciencias.
Adiviñades quen é?
Cal será o seu nome?

17/02/2025

Creando.
Que estamos argallando?

03/02/2025

ÉXITO ROTUNDO!
GRAZAS FAMILIAS!
Hoxe colocamos 107 niños recibidos na escola nas últimas dúas semanas, feitos por vós. Acompañounos o sol, os pais, as nais, os avós, as avoas e mailos veciños.
Contamos tamén cun grupo moi importante de profesorado e alumnado do CEE SAN RAFAEL, que non so contribuíron con aportación de niños, senón que viñeron ata a Avenida de Castelao coas súas escaleiras para colocar con nós moitas casiñas de aniñamento para paxaros.
Comezou o acto coa lectura dun manifesto, no que contamos o fachendosos que estamos por ter acadado o reto e por pertencer a esta comunidade educativa.
Continuou o acto coa canción "Paxariños a voar", co que celebramos o Día da Paz na escola deste xeito tan especial.

03/02/2025

Celebramos o Día da Paz.

03/02/2025

TELEVIGO conta o desenvolvemento do noso proxecto.

03/02/2025

Colocamos casiñas de aniñamento.
A TVG conta o noso proxecto.
Gustouche?

Photos from Escola O Rocío's post 31/01/2025
31/01/2025
¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Rocío, 70
Vigo
36208

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00