Fogar da Salgueira

Fogar da Salgueira

Compartir

FOGAR DA SALGUEIRA é a Cafetería da Asociación de Veciños "Rosalía de Castro" da Salgueira.

12/03/2025

CONCERTO NO FOGAR!!!

🍷DOS DE COPAS🍷volverá a encher o Fogar de música e bo rollo este VENRES 14 DE MARZO.

O concerto comezará ás 21:00 e parece que dan chuvia fora, así que é un momento perfecto para vir ata o Fogar a comer un bocata, beber unha birra, e PASALO BEN.

Mil gracias Noemi e Miriam por facer que os últimos días do Fogar vaian estar cargados de cousas boas.🥰

ACUDIDE!!!

VENRES 14
21:00
FOGAR DA SALGUEIRA

12/03/2025

PECHAMOS O FOGAR DA SALGUEIRA!!!!

Tras ano e medio cheo de aprendizaxes e experiencias, deixamos a xerencia do bar da Asociación de Veciños da Salgueira.

Queremos baixar a persiana por todo o alto, así que esperamos vervos moito polo Fogar estas semanas que nos quedan con vos.

A primeira gran festa de despedida terá lugar este mesmo venres día 14 cun concerto das marabillosas Dos de Copas ( ) , que inauguraron o noso escenario o ano pasado.💫✨🎉

Estade atentos, que faremos máis cousiñas antes do peche.

Acudide!!!!!

08/06/2024

DOMINGO DE ELECCIÓNS E DE CALLOS!!!!

A quen se lle conte... Mira que reciclar a pizarra das últimas eleccións...🤦🏽‍♀️

O que importa é a mensaxe!
Mañá domingo abrimos cedo, ás 09:00 da mañá, e teremos callos de pincho e para comer!!

Vémonos!

25/05/2024

Cumplimos 6 meses!!!!

Graciñas a aqueles e aquelas (vos sabedes os que sodes) pola axuda, polos consellos, polas críticas (tamén), pola paciencia, por vir, e por repetir.

Cada día un pasiño máis!

Grazañaaas Salgueiraaaaa!!!!!

Photos from Fogar da Salgueira's post 15/04/2024

🌻 Tenemos chico nuevo en la oficina🌻

Es majo, está enganchado al deporte oficial del barrio, y se hace muchos km cada vez que viene a currar. Acepta propinas para comprar un coche nuevo.

Te queremos, compañeiro.

Bienvenido oficialmente al equipo✊🏾

27/03/2024

🎤🎙️🥳

Xa temos todos preparado para o I KARAOKE DE BARRIO.

Garda este enlace ou escaneade o código QR para escoller canción e poñerte á cola! O enlace estará activo a partir das 20:00.

Tamén pódesnos pedir a nós que te poñamos na lista :)

Festa!!!!!!!!

Photos from Fogar da Salgueira's post 26/03/2024

🎤I KARAOKE DE BARRIO🎤

Aproveitando que xa está chovendo e que non corremos o risco de empeorar o clima, o Fogar da Salgueira celebra o primeiro Karaoke de Barrio este mércores 27 a partir das 20:00.

Pode vir todo o mundo, o único requisito é ter ganas!!

Acudide!!!

11/03/2024

🤤

Photos from Fogar da Salgueira's post 09/03/2024

🏆CHEGOU O DÍA🏆

🎶 Primer concerto no Fogar da Salgueira, estreamos o escenario que fabricamos con madeiras cedidas polo grupo de teatro Spasmo, madeiras que pedían que algo de arte as volvese pisar. E que mellor forma de estrealo que cunha persoa que formou parte de Spasmo 🎭

🏆🏆 Miriam Pérez e Noemi Blanco son Dos de Copas, un dúo que nace en Turquía en 2015 durante os seus Erasmus. Despois de tocar por diferentes países, afíncanse en Madrid e Vigo, respectivamente. Hoxe gozaredes de versións cheas de bo rollo, frescura e complicidade, e algún dos seus orixinais temas propios.

🫂Eu sei da existencia de Noemi dende fai... Non sei, 30 anos? Pero non foi ata o instituto que unha estufa e Harry Potter nos xuntou como é debido. É desas persoas que lle pon tanto entusiasmo a todo o que fai que contaxia a quen temos a sorte de tela cerca. Por iso sinto que coñezo a Miriam de toda a vida, sen tela visto en persona nunca.🥰

🗓️Hoxe sábado 09 de Marzo a partir das 20:00.

🥪Haberá bocatas e algunhas tapas para comer. Fixádevos nas cartas que teremos pegadas polo bar.

⚠️Avisos para a xentiña que visite o Fogar por primeira vez: levamos só 3 meses en funcionamento e este é o primer concerto, e tamén a primeira vez que poremos en marcha a cociña co bar cheo. So vos podo dicir que fixemos todo con moito, moitísimo cariño e intentando coidar ata o último detalle.

🌧️Como sabedes, hoxe choverá todo o día e seguimos sen toldo na terraza😥😭. (Deste mes non pasa!)

🚗A Asociación de Veciños ten parking, pero ollo, non contedes con moito sitio libre se vindes a última hora! Se aparcades fora do parking, tede moi en conta as liñas amarelas do barrio. Se pisades algunha, os Vitraseiros non tardarán nin 5 minutos en chamar á grua🚒

⚠️Aviso para os clientes habituais do Fogar: esta segue sendo a vosa casa, pero hoxe notaredes algúns cambios no mobiliario e no servicio, cambios necesarios para levar a cabo este concerto. Nos somos as mesmas de sempre, simplemente estaremos máis atarefadas.

😘Graciñas por ler. Xa sabedes que facer hoxe.

Mariña

02/03/2024
28/02/2024

🏆 INAUGURACIÓN DO NOVO ESCENARIO DO FOGAR DA SALGUEIRA 🏆

Este concerto representa un soño feito realidade, e algo tan especial so podía correr a cargo do grupo . Tiñades que ser vos 🥹

Vémonos o Sábado 09 de Marzo ás 20:00

17/02/2024

Que non se diga que na Salgueira votamos co bandullo baleiro.

Este domingo ampliamos horario e encendemos os fogóns.

¿Quieres que tu empresa sea el Restaurante mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Barrio Do Lourido, 103 (A Salgueira)
Vigo
36204

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 23:00
Martes 10:00 - 23:00
Miércoles 10:00 - 23:00
Jueves 10:00 - 23:00
Viernes 10:00 - 23:00
Sábado 10:30 - 23:00
Domingo 10:30 - 23:00