IES de Teis

IES de Teis

Compartir

Neste centro impártense ensinanzas de ESO, Bacharelato, ESO para Adultos e Ciclos Formativos de FP

Photos from IES de Teis's post 16/06/2026

Queres facer da túa paixón a túa profesión? Matricúlate nos nosos ciclos de Imaxe Persoal! Consulta toda a info na nosa Web

05/06/2026

Consulta as instrucións e prazos de admisión a FP no seguinte enlace: https://centros.edu.xunta.gal/iesteis/node/91

Photos from IES de Teis's post 03/06/2026

O pasado 28 de Maio, o noso alumnado de Imaxe Persoal, do CM de Estética e Beleza e do CS de Caracterización e Maquillaxe Profesional participou nunha actividade de limpeza da praia Arealonga, en Redondela.

Ao longo desa tarde puideron ser conscientes, de primeira man, todo o lixo que remata nos nosos mares. Recolleron, entre outros, todo tipo de escombros de construción, pilas, toallitas, e por suposto unha inmensa cantidade de plásticos.

Photos from IES de Teis's post 01/06/2026

Nos pasados días recibimos no noso centro a visita de dous profesores de Italia especializados en Informática e en Intelixencia Artificial. Compartiron co noso alumnado do curso de especialización de IA e Big Data e con 1º DAM a súa experiencia en distintos proxectos empresariais creados con intelixencia artificial. Tamén nos contaron as ferramentas tecnolóxicas que empregan no seu centro e debatemos sobre nesgo e ética en tempos de IA.

Así mesmo, eles tiveron a posibilidade de coñecer o noso instituto e o noso sistema educativo e abrimos a posibilidade a que noso alumnado realice estadías Erasmus+ nas máis de 400 empresas do sector da informática e das comunicacións coas que colaboran.

Magnífica experiencia!

22/05/2026

Xa están publicados os horarios das probas libres de ciclos formativos. Consúltaos no taboleiro do centro ou no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesteis/node/2020

Photos from IES de Teis's post 13/05/2026

Durante o mes de abril, a profesora Natalia Vérez Cotelo, do departamento de Imaxe Persoal, participou nunha mobilidade Erasmus+ de tipo Job Shadowing en Francia, no centro Thalasso Coté.
A estancia permitiu ampliar coñecementos sobre talasoterapia, cosmética natural, investigación mariña e sustentabilidade, ademais de coñecer diferentes técnicas e metodoloxías aplicadas no sector. Tamén se estableceron contactos con empresas e institucións co obxectivo de favorecer futuras prácticas e mobilidades internacionais para o alumnado.
Esta experiencia contribuirá a enriquecer a actividade docente, incorporar novos contidos á formación do alumnado e reforzar a dimensión internacional do noso instituto a través do programa Erasmus+.

Photos from IES de Teis's post 13/05/2026

Gran noticia para o IES de Teis!
Diego, Heidy e Lisa, de 4º ESO B, representaron ao noso centro en Parquevibras e convertéronse en finalistas… e finalmente en gañadores provinciais!
Grazas ao seu traballo e compromiso, toda a clase poderá desfrutar dunha excursión a un dos parques naturais de Galicia
Ademais, recibimos un acivro que xa está plantado na entrada do instituto como recordo desta experiencia e símbolo do noso compromiso co medio ambiente
Parabéns polo gran traballo realizado!

Fotografías do escenario: Ramsés.

13/05/2026

Alumnado de Potugal visita o noso centro.

A pasada semana un grupo de alumnado de Figueira da Foz en Portugal visitou o noso centro. Procedentes do instituto politécnico da súa cidade, cursan formación profesional na especialidade de Informática e quixeron coñecer o centro referente nesta especialidade na nosa provincia. Tras unha presentación para que coñeceran a nosa oferta educativa fixemos unha visita polo noso centro. Marcharon encantados coa experiencia e coas nosas instalacións. Grazas pola visita!

Photos from IES de Teis's post 13/05/2026

Xornada de formación na Deputación de Pontevedra

A coordinadora de Programas Internacionais do noso centro acudiu á xornada "Xuventude rumbo a Europa: Recursos da Unión Europea para a xuventude da provincia de Pontevedra" organizada pola Deputación de Pontevedra. Nela tivo a oportunidade de coñecer todas as posibilidades que ofrece a nosa provincia para que o alumnado se forme, faga prácticas, voluntariado ou desenvolva a competencia lingüística e experimenten no ámbito europeo. Unha experiencia moi enriquecedora para trasladar ao noso alumnado.

Photos from IES de Teis's post 22/04/2026

O alumnado de 1º e 2º de ESO que participou durante todo o curso no Club de Ciencias do centro logrou un salientable resultado no concurso de robótica celebrado o pasado venres na Facultade de Enxeñería Industrial de Vigo.

Os tres equipos que representaban o centro conseguiron clasificarse para a final, obtendo finalmente o 3º, 4º e 5º posto, un resultado que reflicte o esforzo, a constancia e o traballo en equipo desenvolvidos ao longo do ano.

Máis aló da clasificación, a experiencia supuxo un gran éxito educativo. O alumnado tivo a oportunidade de aplicar de forma práctica os coñecementos adquiridos, enfrontándose a retos reais que esixían programación, resolución de problemas e toma de decisións en equipo.

Durante a competición, os robots programados polos estudantes debían superar distintas probas, como seguir unha liña esquivando obstáculos no percorrido, así como completar un reto máis complexo dentro dunha circunferencia, onde tiñan que retirar catro latexes sen saírse do espazo delimitado nin atravesar zonas prohibidas.

A participación neste tipo de actividades fomenta o pensamento crítico, a creatividade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía. Desde o centro queremos felicitar a todos os participantes pola súa implicación e excelente traballo, que fixo posible este logro.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Avenida De Galicia 101
Vigo
36216

Horario de Apertura

Lunes 08:10 - 22:00
Martes 08:10 - 22:00
Miércoles 08:10 - 22:00
Jueves 08:10 - 22:00
Viernes 08:10 - 22:00