Imaxinatea Lab Creativo

Imaxinatea Lab Creativo

Compartir

ESPACIOS PARA LA FORMACIÓN Y LA CREATIVIDAD ARTÍSTICA

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 13/06/2026

🌟🎭 En outubro comezan as clases de teatro básico para mozos e mozas en Imaxinatea! 🌈

Xa está aberta a reserva de praza para o curso 2026–2027.

📣 Desconto temporal na matrícula!

🗓️ MARTES
⏰ 19:00 a 20:30 h

🗓️ XOVES
⏰ 18:30 a 20:00 h

💡 Un lugar para explorar a creatividade, gañar confianza e aprender a comunicarse a través do xogo teatral, a emoción, a voz e o corpo.

🚀 Ao longo do curso, traballaremos de maneira progresiva ferramentas de interpretación, expresión corporal, creación de personaxes e presenza escénica, acompañando cada alumno/a no desenvolvemento das súas capacidades artísticas.

🎬 Cada trimestre avanzaremos paso a paso no proceso creativo, co obxectivo de levar a escena unha obra a final de curso.

🤝 Grupos reducidos para ofrecer unha atención máis próxima e personalizada.

📍 Reserva xa a túa praza para o curso 2026–2027!

📲 Máis información:
🌐 imaxinatea.es
☎️ 685 852 015

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 11/06/2026

🎟️ Xa podedes recoller as vosas entradas para o Festival de Verán Imaxinatea 🎟️

O festival está cada vez máis preto e chega cargado de teatro, emoción e historias para compartir sobre o escenario.

📆 18 · 19 · 25 de xuño
📍 Festival de Verán Imaxinatea

👉 Podedes recoller xa as vosas entradas en Imaxinatea.
Non quededes sen vivir connosco esta nova edición do festival.

Hoxe presentamos a obra coa que pecharemos a xornada teatral do venres no Auditorio Municipal de Teis, unha proposta chea de misterio, enredos e moito humor.

🎬 O CADÁVER DA SEÑORA GARCÍA
👥 Grupo Mozas e Mozos

📅 Venres 19 de xuño
🕣 20:10 h
📍 Auditorio Municipal de Teis

A aparición do cadáver dunha muller na vivenda de Hortensia, xusto cando celebra cos seus amigos o seu enlace co seu futuro marido Abelardo, provoca un auténtico rebumbio entre todos os membros da comunidade.

Quen será esa muller? E que agocha realmente esta inesperada aparición?

✍️ Adaptación da obra de J. Poncela
🎭 Dirección e dramaturxia: Jimmy Núñez

Esperámosvos no festival!

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 10/06/2026

🎟️ Entradas dispoñibles para o Festival de Verán Imaxinatea 🎟️

Xa comeza a conta atrás para vivir tres días de teatro, emoción e moitas historias sobre o escenario.

📆 18 · 19 · 25 de xuño
📍 Festival de Verán Imaxinatea

👉 Podedes recoller xa as vosas entradas en Imaxinatea.
Non quededes sen vivir connosco esta nova edición do festival.

Hoxe presentamos unha obra chea de humor, revolución e teatro dentro do teatro:

🎬 OS FIGURANTES
👥 Grupo Básico Adultos Luns

📅 Xoves 18 de xuño
🕡 18:50 h
📍 Auditorio Municipal de Teis

Que pasaría se, de súpeto, os figurantes dunha obra decidisen parar a representación?

Estalou a revolución nos camerinos. Nesta comedia, os figurantes, relegados a papeis sen transcendencia, toman o control do escenario e convértense nos verdadeiros protagonistas.

✍️ Adaptación da obra de J. Sanchís Sinisterra
🎭 Dirección e dramaturxia: Anna Cañadillas

Agardámosvos no festival!

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 09/06/2026

✨ O Festival de Verán Imaxinatea está cada vez máis preto! ✨

Pouco a pouco, o escenario énchese de historias, personaxes e moita ilusión para compartir tres días cheos de teatro.

📆 18 · 19 · 25 de xuño
📍 Festival de Verán Imaxinatea

🎟️ Entradas dispoñibles en Imaxinatea.
Non quedes sen vivir con nós esta nova edición do festival! ✨

Abrimos o festival cunha das historias máis máxicas e sorprendentes:

💙 ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
🎭 Grupo de Formación Teatral para Nenos e Nenas

📅 Xoves 18 de xuño
🕔 17:00 h
📍 Auditorio Municipal de Teis

Adentrámonos nun universo onírico e de fantasía. A través dos ollos de Alicia, o público descobre un mundo onde o imposible é a única norma.

Unha viaxe chea de personaxes sorprendentes, situacións absurdas e moita imaxinación, na que as nenas e nenos do grupo de formación teatral nos convidan a mirar o mundo desde outro lugar.

✍️ Adaptación da obra de Lewis Carroll
🎬 Dirección e dramaturxia: Anna Cañadillas

Vémonos no festival! ✨

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 08/06/2026

🎭 Festival de Verán Imaxinatea: a conta atrás xa comezou! 🎭

O escenario xa está case preparado para vivir tres días cheos de teatro, emoción e moitas historias por descubrir.

📆 18 · 19 · 25 de xuño
📍 Festival de Verán Imaxinatea

🎟️ Entradas xa dispoñibles en Imaxinatea.
Apurade, que o festival está moi preto! ⏳

Hoxe achegámonos a unha das obras que formarán parte do festival:

🖤 PUNTO EN COMÚN

📅 Venres 19 de xuño
🕖 19:05 h
📍 Auditorio Municipal de Teis

Unha invitación para pasar unha fin de semana nunha illa privada convértese nunha trampa mortal cando os convidados descobren que todos comparten un segredo inconfesable do pasado.

Inspirada en 10 negritos, de Agatha Christie, esta peza mergúllanos nun ambiente claustrofóbico onde a culpa, a vinganza e a desconfianza van destruíndo os vínculos entre os personaxes.

✍️ Adaptación de L. García Laborde dunha novela de A. Christie
🎬 Dirección e dramaturxia: Anna Cañadillas

Vémonos no festival! ✨

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 06/06/2026

🌟 FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS 🌟

📅 Arrancamos en outubro · Reserva a túa praza!
✨ INSCRICIÓNS ABERTAS · Promoción especial para reservas anticipadas

⭐ FORMACIÓN TEATRAL INFANTIL

🗓️ MARTES · 17:45 a 19:00 h
👧🧒 5-10 anos

🗓️ MÉRCORES · 18:45 a 20:00 h
👧🧒 7-12 anos

👉 Dous grupos diferenciados por idades, pensados para acompañar o seu desenvolvemento escénico e emocional dun xeito respectuoso e divertido.

🌱 Teatro para medrar xogando

Na nosa formación infantil empregamos dinámicas participativas que favorecen a expresión, a creatividade e a capacidade de comunicarse con liberdade.

💡 Fomentamos a sensibilidade, a cooperación e a descuberta das emocións propias e das dos demais, sempre nun espazo seguro e preparado para a práctica escénica.

🎭 Aprenderán a entrar en escena, a contar historias co corpo e coa voz… e a divertirse mentres aprenden!

🌈 Grupos reducidos. Formación de calidade.

📞 Máis información:
🌐 imaxinatea.es
📲 685 85 20 15

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 04/06/2026

☀️ VERÁN 2026 EN IMAXINATEA ☀️

Este verán, o teatro tamén sobe ao escenario! 🎭✨

Preparamos diferentes propostas para vivir a interpretación dun xeito práctico, creativo e adaptado a cada idade e nivel. Tanto para quen se achega ao teatro por primeira vez como para quen quere seguir avanzando.

🌈 PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2026

🎭 CAMPAMENTO TEATRAL PARA NENAS E NENOS

Unha proposta para xogar, imaxinar, crear personaxes e descubrir o teatro desde a diversión.

🕥 Horario: de 10:30 a 13:00 h
📆 Semana 1: 29, 30 de xuño · 1, 2, 3 de xullo
📆 Semana 2: 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo
💸 135 € por semana
🎁 20% de desconto reservando as dúas semanas

🎭 CURSO INTENSIVO DE TEATRO PARA ADULTOS

Un espazo para experimentar coa interpretación, activar o corpo e a voz, e vivir o teatro desde dentro.

🕗 Horario: de 20:00 a 21:30 h
📆 Semana 1: 29, 30 de xuño · 1, 2, 3 de xullo
📆 Semana 2: 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo
💸 130 € por semana
🎁 20% de desconto reservando as dúas semanas

🎭 PREPARACIÓN PROBAS DE ACCESO A ARTE DRAMÁTICA · ESAD

Formación intensiva para preparar materiais, traballar a presenza escénica e gañar seguridade de cara ás probas.

📆 Semana 1: do 22 ao 26 de xuño
⏰ 11:00 a 13:00 h · 22 e 23 de xuño
⏰ 11:00 a 14:00 h · 25 e 26 de xuño

📆 Semana 2: do 29 de xuño ao 3 de xullo
⏰ 18:00 a 20:00 h

💸 130 € por semana
🎁 20% de desconto reservando as dúas semanas

📍 Imaxinatea Lab Creativo
📩 [email protected]
📲 986 120 024 / 685 852 015

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 01/06/2026

🎭 Esta noite celébrase a gala dos XXIX Premios Max das Artes Escénicas 2026 ✨

Unha edición que reúne algunhas das propostas máis destacadas do teatro, da danza e da creación escénica estatal 🎬

💥 A escena galega tamén estará presente nesta edición con Santiago Cortegoso, finalista na categoría de Mellor Autoría Teatral por Reconversión, de Ibuprofeno Teatro.

Tamén destacamos a presenza de Nuno Meira, finalista na categoría de Mellor Deseño de Iluminación por Orlando.

Os Premios Max recoñecen cada ano o traballo artístico e técnico das artes escénicas en múltiples categorías:

🎟️ Mellor espectáculo de teatro
🩰 Mellor espectáculo de danza
🎶 Mellor espectáculo musical ou lírico
🎭 Mellor dirección de escena
💡 Mellor deseño de iluminación
👗 Mellor deseño de vestiario
🎼 Mellor composición musical
🎬 Mellor labor de produción
🎭 Mellor actriz
🎭 Mellor actor
👏 Mellor elenco de teatro e danza

e moitas máis categorías que visibilizan o enorme traballo que existe detrás de cada produción escénica.

👏 Moita sorte a todas as compañías, intérpretes, creadoras e equipos artísticos nomeados nesta edición.

As artes escénicas seguen demostrando a súa forza, diversidade e capacidade para emocionar dende múltiples linguaxes escénicas 🖤

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 30/05/2026

🎭 FORMACIÓN TEATRAL BÁSICA PARA ADULTOS 🎭

O vindeiro curso 26/27 abrimos novos grupos de mañá e de tarde 💥

🚀 Comezamos en outubro · Reserva a túa praza!
🎟️ MATRÍCULA ABERTA · Promoción especial nas inscricións anticipadas

⭐ FORMACIÓN TEATRAL BÁSICA PARA ADULTOS

🗓️ LUNS · 20:00 a 21:30 h
🗓️ MARTES · 20:30 a 22:00 h
🗓️ MÉRCORES (MAÑÁ) · 10:30 a 12:00 h
🗓️ XOVES · 20:00 a 21:30 h

A nosa formación baséase nun traballo activo e dinámico que favorece a expresión e a espontaneidade.

🎭 Proporcionamos recursos interpretativos que potencian a sensibilidade, a creatividade e a capacidade de conectar con un mesmo e cos demais.

✨ Todo isto nun espazo seguro e preparado para a práctica escénica, onde cada clase é unha oportunidade para crecer, xogar e comunicar en liberdade.

💥 Obxectivo do curso: representar unha obra diante do público a final de curso! 🙌🎉🎟️

🌈 Grupos reducidos. Formación de calidade.

🎯 Se sempre quixeches probar o teatro… este é o teu momento!

📞 Máis información:
🌐 imaxinatea.es
📲 685 85 20 15

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 28/05/2026

🎭 FESTIVAL TEATRAL DE VERÁN · IMAXINATEA 2026 🎭

Os días 18, 19 e 25 de xuño o Auditorio Municipal de Teis e Imaxinatea énchense de teatro, danza, música e creación escénica ✨

Durante estes meses o alumnado estivo traballando escenas, personaxes, movemento, voz e creación colectiva para dar forma a propostas moi diferentes entre si, pero cun mesmo obxectivo: compartir co público todo o vivido sobre o escenario 🎬🖤

📍 AUDITORIO MUNICIPAL DE TEIS

📅 XOVES 18 XUÑO

🌸 17:00 · “Alicia no País das Marabillas”
NENOS E NENAS

🌼 17:40 · “Os músicos de Bremen”
NENOS E NENAS

🌸 18:15 · “Treboada de ar e lume”
MOVEMENTO E DANZA

🌼 18:50 · “Los Figurantes”
BÁSICO ADULTOS

🌸 20:10 · “Romeo y Julieta”
BÁSICO ADULTOS

📅 VENRES 19 XUÑO

🌸 16:45 · “Picnic”
BÁSICO ADULTOS

🤍 17:20 · “Sueño de una noche de verano”
MOZAS E MOZOS

🌸 18:00 · “Aquellas cosas del ejército”
BÁSICO ADULTOS

🤍 19:05 · “Punto en común”
AVANZADO

🌸 20:10 · “O cadáver da Sra. García”
MOZAS E MOZOS

📅 XOVES 25 XUÑO

🎶 20:00 · CORO E CANTO
✨ “Canción de las hormigas” · El diluvio que viene
✨ “Can you feel the love tonight” · The Lion King
➕ Solos e duetos interpretados polo alumnado
📍 IMAXINATEA ESCOLA DE TEATRO

📚 Adaptacións de Shakespeare, Arrabal, Agatha Christie, Lewis Carroll ou os irmáns Grimm convivirán con creacións colectivas e montaxes contemporáneas feitas polo alumnado da escola...

Tres días para celebrar a creación, o traballo en equipo e a emoción do directo 💥

🎟️ Entradas dispoñibles en Imaxinatea Escola de Teatro.

Agardámosvos para compartir connosco esta festa das artes escénicas 💫

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Plaza Francisco Fernández Del Riego, Número 3, Local 5Calle (Exterior Plaza Elíptica)
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00
Sábado 09:00 - 22:00