AVCU - CSCR de Beade
Focalizamos a vida diaria da parroquia, organizando actividades culturais, deportivas e formativas. A A.V.C.U. - C.S.C.R.
encóntrase dentro da parroquia de Beade. No 1982 comeza a construción do local social, contando na actualidade cunhas magníficas instalacións, entre as que se atopan: un auditorio de 500m2 distribuídos en dúas prantas, con 375 butacas, 2 camerinos con capacidade para 15 persoas cada un, 1 equipo de luz e son con 12 focos e 1 canón de 100W de potencia; unha sala de televisión con 48 asentos; cafetería; despachos; aulas insonorizadas; biblioteca; aula de informática; cociña; campos de petanca; parque infantil e ludoteca.
22/09/2026
🔥 TRABALLANDO NOS NOVOS ADESTRAMENTOS 🔥
No Atletismo Club Deportivo Beade non paramos! 💪
Cada sesión é unha oportunidade para superarnos: resistencia, velocidade, forza e técnica. Día a día, paso a paso. 🏃♂️🏃♀️
👉 Seguimos adestrando.
👉 Seguimos medrando.
👉 Seguimos xuntos.
Somos Atletismo Club Deportivo Beade 💙💛
22/09/2026
ANDAINA DO TERROR 2026🎃
Volve a noite máis escalofriante de Samaín. E como vos gustou tanto… voltamos ao monte. 👻
🗓️Sábado 31 de Outubro
🎟️ Reserva a túa entrada cubrindo a enquisa do QR no cartel.
📍Agardámosvos o propio día no aparcadoiro do campo de fútbol de Beade.
Tedes toda a información escaneando no código QR
Organiza, Asociación Xuvenil de Beade
22/09/2026
💃 BAILES EN BEADE 🕺
O vindeiro sábado 10 de outubro hai baile na A.V.C.D. de Beade!
⏰ De 19:00 a 22:00 h
📍 Estrada Coutada, Nº 42
🎟️ Entrada gratis
Animádevos a vir bailar un rato!
22/09/2026
O Grupo de Cornetas, Gaietas e Tambores Ría de Vigo do CSCR de Beade xa actuou na Festa das Dores en Guillarei (Tui). 💃🕺
Foi unha xornada inesquecible, chea de música, tradición e moita xente acompañándonos. Grazas a todos os veciños e veciñas de Guillarei pola acollida e por facernos sentir como na casa. ❤️🎺
22/09/2026
🏡🔥 DO MONTE Á CASA: Aprende a protexer o teu entorno en Beade
A seguridade comeza pola prevención. Se vives en Beade ou zonas limítrofes co monte, esta charla é para ti.
A Mancomunidade de Montes de Vigo vén a Beade para explicarnos como crear espazos defendibles fronte aos incendios forestais. Unha oportunidade única para entender como actuar nos tres niveis esenciais:
🌳 1. O monte e o territorio
🏘️ 2. O núcleo ou a parroquia
🏠 3. A casa e a parcela
📌 Detalles do evento:
🗓️ 29 de setembro de 2026
🕢 19:30 h
📍 Local do C.S.C.R de Beade
A prevención é a nosa mellor ferramenta. Non faltes e trae aos teus veciños!
👉 Organizan: Asociación de Veciños de Beade, MVMB (Monte Veciñal en Mancomún de Beade) e Montes de Vigo.
👉 Colabora: Ollos no Monte.
08/09/2026
🎵 ¡Atención, Beade!
Comenzamos una nueva temporada de la Rondalla de Beade, y queremos que formes parte de ella.
Si te gusta la música, la cultura y las tradiciones, esta es tu oportunidad.
📅 Ensayos:
Sábados y domingos
📍 Inscripciones:
En la oficina del C.S.C.R. Beade o llamando al 📞 986 210 958 / 💬 WhatsApp 650 441 875
🎶 Cultura · Música · Amistad · Pasión
¡Juntos mantenemos viva nuestra tradición!
08/09/2026
🏃♂️🏃♀️ Comeza a tempada de atletismo no CSCR Beade!
Durante setembro, abrimos as portas para que calquera poida vir adestrar connosco sen compromiso.
📍 Parque de Castrelos
📅 Luns, mércores e venres ás 18:00 h
🔹 Para todas as idades
🔹 Equipo e amizade
🔹 Disciplina e constancia
Atletismo é paixón, esforzo e superación.
Vén e comprobe por ti mesmo! 💪
Máis info: 986 210 967 | 650 441 875
08/09/2026
Boas!
Xa estamos a preparar o novo curso de " Taller Creativo". Se queres participar, anótate na oficina.
As prazas son limitadas e adxudicanse por orde de inscrición. Non esperes ao último momento!
Agardámoste!
07/09/2026
Boas!
Xa estamos a preparar o novo curso de fotografía. Se queres participar, anótate na oficina para facer os grupos.
As prazas son limitadas e adxudicanse por orde de inscrición. Non esperes ao último momento!
Agardámoste!
31/08/2026
Boas!
Xa estamos a preparar os novos cursos de informática. Se queres participar, anótate na oficina para facer os grupos.
As prazas son limitadas e adxudicanse por orde de inscrición. Non esperes ao último momento!
Agardámoste!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Coutada, 42
Vigo
36312
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AVCU - CSCR de Beade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.