OVER ASOC

OVER ASOC

Compartir

Sala de eventos de Vigo, donde prima la transversalidad y la variedad cultural.

Conciertos, clubbing, mercadillos de autoedición y vintage, teatro, exposiciones, son nuestros alicientes, con una programación variada que muda todas las semanas.

20/08/2026

🌊 MAR DE GALICIA — 5 SETEMBRO
📍 Museo do Mar de Galicia · Vigo
🕦 Desde as 11:30 h
🎟Entradas para os concertos en Tixxlab.com🎟
(o resto é de balde)

Quixeron tiralo abaixo. Cambiamos a data, reorganizamos todo… e aquí estamos. 💙🌊

Un día enteiro de música, cultura, mar e creación galega.

🎤 ESCENARIO RÍA — RAP / URBANO
18:00 — Tekilas
18:40 — THRE36OYZ
19:40 — Xiari
20:40 — Losdela9
21:40 — Adán
22:40 — Cecilio G

⚡ ESCENARIO XANELA — PUNK - ROCK / ALTERNATIVO
19:00 — Lorahacepan
20:00 — YOUCANTHIDE
21:00 — Zalomon Grass

🌊 RÍO LAGARES
17:30–19:00 · Nelo — electrónica, ambient e visuais no interior do Museo.

♻️ CONCIENCIA AZUL
12:45–13:45 · Conversa arredor do mar, sustentabilidade, reutilización e futuro da ría con Lixo Atelier, Aventura Plástica e Raquel Nogueira.

🏙️ VIGO SOA: CULTURA, MÚSICA E CIDADE
16:45–17:45 · Mesa redonda sobre o presente e futuro do modelo cultural e musical de Vigo.

🛍️ MERCADO SALITRE
40 postos de roupa, vinilos, artesanía, marcas galegas, segunda man e proxectos creativos (AINDA HAI PRAZAS PARA PARTICIPAR)

🛶 ACTIVIDADES NO MAR
Iniciación e percorridos en kaiak durante a xornada.

🍻 HALL DO MAR
Barra, foodtruck, DJs e zona para descansar e pasar o día.

Un Museo. Dous escenarios. Unha ría. Unha cidade. E seguimos aquí. 🌊

📅 5 de setembro — Museo do Mar de Galicia

Photos from OVER ASOC's post 18/07/2026

🚨COMUNICADO CANCELACIÓN DE XC MAR DE GALICIA🚨
O CONCELLO E ABEL CABALLERO QUEREN ACABAR COA CULTURA

Medios que queran saber mais e a verdade, non comunicacions do réxime abelista, que nos chame.

Photos from OVER ASOC's post 17/07/2026

🚨TEMOS O MERCH OFICIAL DO
XC MAR DE GALICIA🚨

COLABORACIÓN CON EL AGUILA
DENDE 35€ SÓ NO FESTIVAL DE ESTE SÁBADO 18

VÉMONOS A PARTIR DAS 11:30H
⏰️ADXUNTAMOS OS HORARIOS ACTAULIZADOS⏰️

13/07/2026

⏰️✨️HORARIOS✨️⏰️
XC MAR DE GALICIA

Temos xa un montón de ganar de ver a todo Vigo no museo do mar disfrutando dos 48 postos (TOLEMIA) do Mercado Salitre, os mellores artistas emerxentes do urbano de Vigo no escenario Ría, as bandas de punk e rock do Xanela, a sesión inmersiva nas profundidades do ambient atlántico de Pálida e a charla sobre sostenibilidade dos fondos mariños por parte de Lixo Atelier, Vazva e Raquel comando por Julia Mariño, e a aparición estelar de Cecilio G 🌊🙏.

Reivindicando os espazos da cidade para os colectivos da cidade, recordade!
⚠️SÁBADO 18 DENDE AS 11:30H DE BALDE 4FREE⚠️

(a excepción dos escenarios que son 4€ cada un. Un total de 8€ en Tixxlab.com, calderilla para a calidade que imos ter amorch 🫰)

VÉMONOS!
🌊❤️

Photos from OVER ASOC's post 01/07/2026

🔊 ESCENARIO RÍA
O escenario principal de Mar de Galicia será o punto de encontro da música urbana e da creación contemporánea coa colaboración da Cerveza El Águila

Situado na entrada do Museo do Mar de Galicia, este espazo reunirá algunhas das propostas máis destacadas da escena galega actual, cun peche a cargo dun dos artistas nacionais mais importantes do panorama como é Cecilio G.

Un escenario pensado para descubrir novos talentos, celebrar a música feita na nosa terra e conectar diferentes estilos e públicos nun mesmo lugar.

Este ano contará coas actuacións de:

• Adán
• Xiari
• LosDeLa9
• Tekilas
• Cecilio G

📍 Museo do Mar de Galicia
📅 18 de xullo
🎟 Entradas en Tixxlab.com

Son e movemento arredor do mar.

Photos from OVER ASOC's post 29/06/2026

🎸 ESCENARIO XANELA
Un espazo aberto ao mar onde as guitarras volverán soar.

O Escenario Xanela nace para dar visibilidade á escena alternativa galega nun enclave único do Museo do Mar de Galicia.

Hardcore, punk, rock, pop alternativo e música independente compartirán protagonismo nun escenario pensado para descubrir novos proxectos e celebrar o talento da nosa terra.

Este ano contará coas actuacións de:


• YOUCANTHIDE
• Zålomon Grass

📍 Museo do Mar de Galicia
📅 18 de xullo
Son e movemento arredor do mar.
Vigo MuseoDoMar

22/06/2026

🌊 Nace XC MAR DE GALICIA
O próximo 18 de xullo de 11:30H a 23:30H, o Museo do Mar de Galicia acollerá unha xornada cultural única arredor da música, do mar, do deporte e da creación galega.

Ao longo de máis de 12 horas de actividade, o público poderá desfrutar de:

🔊 Escenario Ría Cecilio G, Adán, Xiari, LosDeLa9 e Tekilas.

🎸 Escenario Xanela Lorahacepam, Dulce Compañía, YOUCANTHIDE e Zalomon Grass.

🎧 Espazo Río Lagares dirixigo por Pálida: Propostas de electrónica, ambient, minimal e visuais vinculadas á creación contemporánea galega.

🌊 Espazo Conciencia Azul Con Lixo Atelier, Vazva e Raquel Nogueira (UVigo, CSIC e Diving Rías Baixas), falando sobre sustentabilidade, economía circular e conservación da ría de Vigo.

🛍️ Mercado Salitre Vinilos, CDs, roupa de segunda man, moda urbana galega, autoedición e artesanía. (Link na bio para apuntarte)

🚣 Zona deportiva Piragüismo, actividades náuticas e experiencias vinculadas ao mar a partir dos 7 anos.

🍔 Foodtrucks, zona lounge, barras e espazos de encontro.

As zonas musicais ten un custo de 8€ + G.X. en Tixxlab.com menores de 18 GRATIS.

Mar de Galicia nace para crear novos espazos para a cultura galega contemporánea, poñendo en valor o talento local e a nosa relación co mar.

📍 Museo do Mar de Galicia · Vigo 📅 18 de xullo de 2026
Son e movemento arredor do mar.

Photos from OVER ASOC's post 18/06/2026

🌊 XORNADA CULTURAL MAR DE GALICIA🌊
O 18 de Xullo teremos o primeiro proxecto da Asociación OVER xa está en marcha.

Un encontro arredor da música, do mar, da cultura, do deporte e da comunidade de Vigo e arredores, enfocados nas propostas artísticas da zona, para recuperar espazos de Vigo para os e as creadoras.
No cal que teremos:

🎶Dous escenarios🎶
Un adicado o rock e o punk
Outro a música urbana (cun cabeza de cartel nacional que vos vai explotar a cabeza😚🤯)

🪭Mercadiño segunda man🪭
Vinilos e CDs, moda Vintage, marcas galegas independentes, arte, etc.
(Deixamos un link de inscripción na BIO)

🌀🌈Mesa redonda sobre preservación dos fondos mariños e as rías🌀🌈
Un coloquio con 3 persoas moi vinculadas o mar, no que falarán da reciclaxe dos residuos mariños para xerar textil, xoias, etc.

🚣‍♀️Piragüismo de iniciación🚣‍♀️
Para os mais cativos da casa e non tan cativos tamén teremos unha actividade de regatas no muelle.

E MOITO MAISSSSSSS
⭐️LUNS 22 DE XUÑO CARTEL⭐️

Un novo espazo para conectar creación galega, territorio e cidadanía nun dos lugares máis especiais da nosa costa.

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio De Planificación De Eventos mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Travesía Santiago De Vigo Nº1
Vigo
36201

Horario de Apertura

Miércoles 21:30 - 04:00
Jueves 20:00 - 05:00
Viernes 21:00 - 05:00
Sábado 21:00 - 05:00