Anpa A Rabadela

Anpa A Rabadela

Compartir

Asociación das nais e dos pais do alumnado do colexio de Calo, en Teo

Asociación de nais e pais do alumnado do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Calo, no concello coruñés de TEO

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 22/09/2026

⏰ Último día!

📅 O prazo de inscrición para as actividades extraescolares que ofrecemos este ano está aberto ata hoxe, mércores día 23, ás 17:00.

Non o deixedes para última hora! Tede en conta que podedes facer a inscrición antes de pagar a cota anual de socias. E que o monitorado se pode encargar da recollida das crianzas no colexio e trasladalo ao pavillón.

ℹ️ Enlace para a inscrición e máis información👇🏻

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 Bo día familias! Como ben vos anunciabamos fai uns días, este ano dende a ANPA A Rabadela queremos oferta ao alumnado diferentes propostas para desfrutar do tempo de lecer, facer deporte,…

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 18/09/2026

Boa tarde familias!

Lembrarvos que xa está dispoñible a ligazón para poder realizar as vosas inscricións ás actividades extraescolares deste curso👇🏻

https://wp.me/pcS3ub-rY

Animádevos a participar!!!

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 Bo día familias! Como ben vos anunciabamos fai uns días, este ano dende a ANPA A Rabadela queremos oferta ao alumnado diferentes propostas para desfrutar do tempo de lecer, facer deporte,…

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 16/09/2026

🔉ARRANCAMOS COAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES🏃🏑🛼

Dende a ANPA A RABADELA poñemos en marcha a programación de actividades extraescolares para este curso.

👉🏻 Podedes consultar toda a información, instruccións e formulario de inscrición no seguinte enlace da nosa páxina web👇🏻

https://wp.me/pcS3ub-rY

Animádevos a participar!!!

🛼🏑🎭🥊 Actividades extraescolares 2026/2027 Bo día familias! Como ben vos anunciabamos fai uns días, este ano dende a ANPA A Rabadela queremos oferta ao alumnado diferentes propostas para desfrutar do tempo de lecer, facer deporte,…

08/09/2026

👋 Bo dia familias!

Benvid@s a un novo curso!!!

Este ano a Anpa comeza cunha proposta para ofertar actividades extraescolares ao alumnado do cole. Dado que é unha decisión complexa e que ten implicacións relevantes queremos contar con todos e todas vos para debatela. Lembrade que para ter dereito a voto é importante ter o pagamento das cotas ao día.

🗓️ Agardámosvos o mércores 9 ás 18:00 no comedor da escola para tratar este tema nunha asemblea extraordinaria.

Photos from Anpa A Rabadela's post 07/07/2026

🫟👨‍🎨 Esta fin de semana varias familias da Anpa estivemos a pintar distintos xogos populares no patio cuberto do cole para facelo máis divertido e inclusivo. Con esta iniciativa pretendemos que a cativada poida g***r de novas opcións de lecer nos recreos como a mariola, o twister, ciruítos, tres en raia etc.

🤝Este proxecto non sería posible sen a colaboración da ANPA Río Tella do CEIP A Ramallosa, que nos cedeu a pintura e nos prestou as plantillas necesarias para levar a cabo o traballo. Compartir recursos e experiencias entre ANPAS é unha excelente maneira de facer realidade iniciativas que benefician a toda a comunidade educativa.

🤼Agardamos que o alumnado desfrute moito destes novos espazos de xogo, que fomentan o movemento, a cooperación, a creatividade e a convivencia e aproveitamos para desexarvos que teñades un bo verán! 🌞🪭 ☀️

DIVERTEO SETEMBRO 2026 30/06/2026

ℹ️ Info importante!

📢Hoxe mércores, día 1 de xullo, comeza o prazo de inscrición para o DIVERTEO de setembro que estará aberto ata o 13.

Tedes máis información e a ficha de inscrición na seguinte ligazón 👇

DIVERTEO SETEMBRO 2026 DIVERTEO SETEMBRO 2026PARTICIPANTES:Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición. HORARIO:Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 h...

Photos from Anpa A Rabadela's post 21/05/2026

🏫🎂O pasado 15 de maio celebrouse a festa do 50º aniversario do noso cole, á que estaba convidada toda a comunidade educativa.

🤪🎼Foi un día cheo de risas e diversión, de música e compañeirismo. A cativada disfrutou de inchables, xogos tradicionais, merenda, actividades lúdicas como a creación de chapas e, para cerrar a xornada, dunha festa holi!!! 🫟

🤝👣Agardamos que fora un día inesquecible para todas e todos e agradecemos a todas as institucións e entidades que colaboraron, xunto coa ANPA, na organización desta festa: o centro, o Concello de Teo e os establecementos comerciais e de restauración colaboradores: , , Despensa de Luou, Ferma, San Martiño Calo Teo, Touceda, Maria Cafe Bar, O Pintor, , Luou Teo, e o café bar da Recreativa San Xoán de Calo

🥰Grazas tamén ás familias sociais por facer posible estas e outras actividades ao longo do curso escolar para goce de todo o alumnado!

13/05/2026

📆Lembrade a data!

🏫 Este venres día 15 a partir das 4 da tarde FESTA de aniversario do CEIP A Igrexa de Calo.

🎂🎉 50 anos non se cumpren todos os días, así que xa pola mañá a celebración será para o alumnado e pola tarde será aberta a toda a comunidade educativa, familias e ex alumnado.

🤹🏽‍♀️🎼🛝🥧🫟 Haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais, música, merenda e unha festa HOLI! Lembrade traer unha muda para cambiarvos despois de tanto pó de cores.

🎊 A ANPA e o Concello de Teo colaboran na organización e financiamento das actividades e convidan a todas as familias a achegarse para celebrar xuntas esta data.

🥪🍩Actualizamos a listaxe de establecementos colaboradores para a merenda: , , A Despensa de Luou, Panadería Ferma, Restaurante San Martiño Calo Teo, Casa Touceda, Tia Maria Cafe Bar, Bar o pintor, , Chaves Luou Teo, e o café bar da Sociedade Recreativa San Xoan de Calo

08/05/2026

🏫 O noso colexio cumpre 50 anos neste 2026!

🎂🎉 E para celebralo estase a organizar unha festa de aniversario no centro o vindeiro venres día 15. Pola mañá a celebración será só para o alumnado e pola tarde a partir das 16h abriranse as portas para toda a comunidade educativa.

🤹🏽‍♀️🎼🛝🥧🫟 Haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais, música, merenda e unha festa HOLI!

🎊 A ANPA colabora na organización desta festa sufragando algunha das actividades e convida a todas as familias, alumnado e ex-alumnado a achegarse para celebrar xuntos este medio século de vida. Agardamos que sexa un día de moitos recordos compartidos tanto pasados coma futuros!

🥪🍩Nos próximos días iremos actualizando a listaxe de establecementos colaboradores.

04/05/2026

👋🏻Boa noite familias!

🔉Informamos que está aberto o prazo de inscrición para o DIVERTEO VERÁN 2026

⏰As inscricións poderán facerse desde hoxe LUNS 4 de MAIO e segundo a quenda terán un prazo límite para anotarse.

👇🏻 Máis información na web do Concello:
https://teo.gal/gl/tramites/convocatoria/diverteo-veran-2026

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Teo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Fixó 14 Calo
Teo
15866

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 14:15
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
Jueves 09:15 - 14:15
Viernes 09:15 - 14:15