Diversa infantil
DIVERSA, Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria (Lugo)
21/05/2026
👩🏫 Hai uns días volvemos á Facultade de Ciencias da Educación da USC para ter un encontro coas futuras mestras de educación infantil sobre diversidade e inclusión na escola.
A partir da nosa experiencia co conto Pedro, o piloto de gaivotas' 🪶🪶🪶, e con referencias a outras lecturas inclusivas, falamos dunha educación pública para todas e todos. De aulas onde primen a convivencia e a igualdade de dereitos. 💪
Moitas grazas outra vez á vicedecana María López Sández (tamén académica da Real Academia Galega) por abrirnos as portas e acompañarnos. 🫂
11/05/2026
🎭 O sábado pasado catorce nenas e nenos participaron nun obradoiro de teatro, con actividades expresivas e de xogo nas que sobre todo primou a diversión.
Foron indios e animais🐒🐮, pediron desexos á árbore máxica 🌳 e ata andaron por areas movedizas 👣
Agradecémoslle a Ouvirmos que nos tivera en conta a Diversa infantil como entidade colaboradora para adaptar a actividade a nenas e nenos con diversas necesidades. 🫂
Grazas tamén ao Aula 10 Centro Psicopedagógico y de Desarrollo Infantil, que achegou unha monitora especializada, ao profesor e ao Concello De Sarria.
04/05/2026
🎭 Queremos convidarvos a unha actividade de teatro infantil que terá lugar este sábado 9 de maio na Casa da Cultura de Sarria, dentro do programa
03/05/2026
Onte estivemos presentes no I Torneo de Ximnasia Rítmica Sarria Vila Xacobea como entidade convidada.🔝
Agradecemos ao , a Lucía e Diana, por darnos este espazo de visibilización e por escoller as nosas pulseiras solidarias como un dos agasallos. 🫂
Noraboa por organizar este tipo de evento deportivos na nosa con tanta dedicación e cariño. 🏅
30/04/2026
📷 Que fotos tan marabillosas podedes ver desde hoxe en - local do Servizo de Atención Temperá da Comarca de Sarria.
Esta mañá inauguramos a exposición entre mensaxes de inclusión e gozamos dunha estupenda visita guiada ás fotografías feitas por integrantes de 🫂
Podedes velas ata o 29 de maio en dous espazos:
📍 O Garaxe. Avd. Becerreá en Sarria. De luns a venres de 9 a 20h.
📍 Casa da Cultura (desde a próxima semana). De luns a venres de 10 a 13:30h e de 16 a 20h.
Un agradecemento especial a por facer e cedernos as fotografías do acto de inauguración de hoxe. 🤗
27/04/2026
Hoxe anunciamos colaboración con 🫂.
✍️ Dende o próximo xoves 30 de abril ata o venres 29 de maio, poderemos g***r en Sarria da exposición fotográfica 📷 'Tan coma ti' coa que se mostra a realidade actual das persoas con síndrome de Down.
As fotografías feitas por usuarias e usuarios da Asociación Down Lugo poderán verse en dous espazos:
🔹️ O Garaxe, local onde se atopa o Servizo de Atención Temperá da comarca de Sarria.
🔹️ A Casa da Cultura de Sarria.
Quedades convidados á inauguración na que haberá unha visita guiada a cargo das autoras e autores das fotografías o:
🗓 xoves, 30 de abril
🕛 12h
📍 O Garaxe-Servizo de Atención Temperá.
25/04/2026
📓🧠🦻♾️🦯🦿📕 Esta mañá participamos na Feira do Libro de Sarria falando de lecturas infantís e xuvenís inclusivas.
🪶 Despois viaxamos co noso conto 'Pedro, o piloto de gaivotas'. 🪶
Agradecemos a vosa asistencia e ao Concello De Sarria por convidarnos. Tamén, especialmente, a Uxía, Diego e ao Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria polos materiais do seu proxecto 'Lerias, contos, relatos... historias de dis-capacidade'.🫂
24/04/2026
Hoxe estivemos no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria dentro do programa XogrArte, dando a coñecer a serie documental 'Galicia diversa' 🎞 📽 ás alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e a un grupo de estudantes de 1º de BAC.
🗣 Falamos de como a serie reflicte a diversidade funcional e de como facer un audiovisual inclusivo.
Moitas grazas a todas as participantes polo seu interese e comentarios e a Inés Calvo, xefa de departamento do ciclo, por organizar esta actividade. 🫂
23/04/2026
📚 Non hai mellor xeito de festexar o que anunciando a nosa participación na Feira do Libro de Sarria.
O próximo sábado 25 agardámosvos ás 12.30h en Villa Andrea para charlar 🗣 sobre lecturas inclusivas infantís e xuvenís. Tamén poderedes g***r dunha narración oral do libro 'Pedro, o piloto de gaivotas'🪶.
Ademais estamos moi felicides de contar coa participación de Uxía López e Diego Laureda 🫂, titulados do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Xograr Afonso Gómez.
Recordade:
🗓 Sábado 25 de abril.
🕧 12:30h.
📍 Villa Andrea.
Graciñas ao Concello De Sarria por convidarnos 🤗
15/04/2026
Encántanos ver o logo de Diversa infantil na nova equipación deportiva 👕 das nenas e nenos do Ceip Samos.
Moitas grazas á Anpa Ceip Samos e o Concello de Samos por este bonito detalle. Un xesto máis para visibilizar a diversidade funcional infantil. 🫂
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Teléfono
Página web
Dirección
Sarria
27600