Concello de Sada
Canle de comunicación do Concello de Sada. Preme en “Me Gusta” para estar ao día das noticias, emprego público, axenda, avisos, licitacións, plenos...
Se queres estar ao día, dálle a ''Me Gusta''. Noticias, ofertas de emprego, axenda, avisos, plenos e moito máis. Tamén podes visitar sada.gal, a web do Concello de Sada, onde ademais de ter toda a información do municipio poderás enviar incidencias. Tamén te podes pór en contacto connosco. Estaremos encantadxs de escoitar as túas suxestións e de axudarche na medida do posible coas túas demandas.
23/06/2026
🔶SAN XOÁN SADA 2026🔶
O Concello de Sada organiza a tradicional festa de San Xoán no Curruncho onde estamos a desfrutar dunha sardiñada, con ración de sardiñas a 7€ (6 sardiñas, cunca, pan de broa e viño, refresco ou auga).
🔹Faise un chamamento á máxima prudencia na realización de lumaradas e cacharelas, especialmente aquelas que se leven a cabo en domicilios particulares e nas parroquias. É imprescindible manter unha vixilancia constante da contorna, dispor de auga suficiente para actuar ante calquera incidencia e adoptar todas as medidas de seguridade previstas para evitar situacións de risco. Ante calquera incidencia, chamar ó 112.
🔹Por motivos de seguridade, estará prohibido o baño en todas as praias do municipio entre as 22h do día 23 e as 9h do día 24. Na praia das Delicias habilitarase unha zona libre de lumaradas na zona máis próxima á desembocadura do río para que no día de mañá os usuarios da praia poidan desfrutar do areal de xeito compatible cos traballos de limpeza.
🔹Vivamos esta noite de tradición, encontro e convivencia con responsabilidade e respecto polos demais e pola nosa contorna. Bo San Xoán!
🔶ÉXITO DEPORTIVO DO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA DE MONDEGO🔶
Dende o Concello de Sada queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación ao CEIP Pedro Barrié de la Maza polo seu excelente papel na Pequecopa Colexial 2026 e polo logro acadado nesta competición.
🏆👏 Noraboa ao alumnado participante, profesorado e familias por este éxito, froito do esforzo, a ilusión e o traballo en equipo.
🔹Seguide gozando do deporte base e representando con orgullo os valores do compañeirismo, o respecto e a superación.
23/06/2026
🔶GRAZAS POLO VOSO COMPROMISO🔶
Dende o Concello de Sada queremos trasladar o noso máis sincero agradecemento ás nais e pais do Club Golfiños de Sada pola súa implicación e colaboración na organización da Xuntanza Premini de Baloncesto celebrada o pasado venres.
🔹A súa axuda foi fundamental para facer posible a comida de convivencia ofrecida aos máis de 200 nenos e nenas participantes, servida na carpa instalada na área deportiva municipal. O esforzo, a dedicación e o traballo voluntario das familias contribuíron a que a xornada se desenvolvese nun ambiente exemplar de convivencia, deporte e compañeirismo.
🔹Queremos felicitarvos polo voso compromiso co deporte base e polos valores que transmitides cada día ás nosas xeracións máis novas. Eventos como este son posibles grazas á colaboración de persoas que dedican o seu tempo e ilusión a facer comunidade.
💙 Grazas por axudar a que Sada siga sendo un referente na promoción do deporte e da convivencia.
23/06/2026
🔶III FOLIADA A MEDA - O CASTRO🔶
O sábado 27 de xuño terá lugar na carpa instalada na pista polideportiva de O Castro a III FOLIADA A MEDA organizada pola Asociación Cultural e Deportiva A Meda coa colaboraicón do Concello de Sada.
🔹13:00 - Sesión vermú
🔹14:00 - Sardiñada
🔹16:00 - Animación musical
🔹19:30 - Foliada
🔹Durante todo o evento prográmase unha Mostra de Artesanía no recinto e diversos sorteos.
23/06/2026
🔶ALERTA POR VAGA DE CALOR DE NIVEL VERMELLO🔶
A Xunta de Galicia informa dun episodio de vaga de calor para este martes 23 de xuño na comarca da Coruña-Betanzos, entre outras zonas. Segundo informa Meteogalicia, seguiremos baixo a influencia dunha masa de aire moi cálido, con temperaturas que no litoral poderán achegarse aos 30 ºC e que irán descendendo a medida que avance a semana.
🔹Tendo en conta este aviso, é fundamental extremar as precaucións, especialmente entre a poboación máis vulnerable. Recoméndase manter unha boa hidratación, evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día, permanecer en lugares frescos e prestar atención aos posibles síntomas dun golpe de calor.
🔹Coincidindo coa celebración da noite de San Xoán, lembramos tamén a importancia de non esquecer a hidratación e o coidado persoal durante toda a xornada e tamén durante as últimas horas do día, nas que moitas persoas continuarán participando en celebracións e actividades ao aire libre.
🔹Ante calquera emerxencia, xa sexa de carácter sanitario ou relacionada coa seguridade, contacte inmediatamente co 112.
23/06/2026
🔶FESTA DE SAN XOAN EN SADA🔶
O Concello de Sada organiza a tradicional festa de San Xoán no Curruncho. O depósito de material para as lumaradas poderá realizarse a partir das 19h. Non está permitido “parcelar” a praia, en tanto que espazo público non se permite a súa reserva. A praia debe estar libre ata as 19h desta tarde.
🔹O Concello repartirá de balde 10 toneladas de madeira na Praia das Delicias co obxectivo de facilitar a organización das fogueiras. Un ano máis, tamén poderemos desfrutar dunha sardiñada, con ración de sardiñas a 7€ (6 sardiñas, cunca, pan de broa e viño, refresco ou auga).
🔹Faise un chamamento á máxima prudencia na realización de lumaradas e cacharelas, especialmente aquelas que se leven a cabo en domicilios particulares e nas parroquias. É imprescindible manter unha vixilancia constante da contorna, dispor de auga suficiente para actuar ante calquera incidencia e adoptar todas as medidas de seguridade previstas para evitar situacións de risco. Ante calquera incidencia, chamar ó 112.
🔹Por motivos de seguridade, estará prohibido o baño en todas as praias do municipio entre as 22h do día 23 e as 9h do día 24. Na praia das Delicias habilitarase unha zona libre de lumaradas na zona máis próxima á desembocadura do río para que no día de mañá os usuarios da praia poidan desfrutar do areal de xeito compatible cos traballos de limpeza.
🔹Vivamos esta noite de tradición, encontro e convivencia con responsabilidade e respecto polos demais e pola nosa contorna. Bo San Xoán!
23/06/2026
🔶AVISO DE EMALCSA SOBRE A TURBIDEZ DA AUGA🔶
A empresa EMALCSA, suministradora da auga en gran parte da comarca da Coruña ven de publicar un comunicado aclarando a turbidez da auga dos últimos días .
ℹ️ COMUNICADO: Os días 17 e 21 de xuño producíronse cortes de corrente imprevistos por parte da empresa eléctrica distribuidora. Estes cortes supuxeron unha parada abrupta do bombeo e provocaron, ademais, a rotura da tubaxe de impulsión.
🔹Desde Emalcsa traballouse na súa reparación de xeito inmediato, procurando que estes labores non interferisen coa subministración aos municipios de Oleiros, Sada, Bergondo e Cambre. Deste xeito, non se cortou o servizo en ningún momento, empregando os depósitos mentres se arranxaba a situación.
🔹Con todo, isto podería producir un incremento da turbidez polas substancias propias da auga potable que, co paso do tempo, se depositan nas paredes das tubaxes. Lamentamos as posibles molestias ocasionadas
22/06/2026
🔶O CONCELLO DE SADA DELIMITARÁ UNHA ZONA DE PRAIA DAS DELICIAS COMO LIBRE DE LUMEIRADAS🔶
O Concello de Sada sinalará a zona máis próxima á desembocadura do Río Maior como libre de lumeiradas na noite de San Xoán para garantir que os labores de limpeza das xornadas seguintes non interfiran con aqueles e aquelas usuarios/as que acudan a tomar o sol ou bañarse na mañá do 24 de xuño.
22/06/2026
🔶FESTIVAL DANZAS TRADICIONAIS DO MUNDO SADA 2026🔶
O vindeiro sábado 27 de xuño ás 20:00 horas, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá o Festival Danzas Tradicionais do Mundo.
🔹O festival, que organiza a Asociación Sebaila e Danzalia Mundi, coa colaboraicón do Concello de Sada, ofrecerá unha variada mostra de bailes de diferentes culturas, incluíndo Danza Oriental, Danza Africana, Danza Polinesia, Ballet Bollywood, Flamenco, Tribal, entre outros estilos.
ℹ A entrada ao festival será libre até completar aforo
22/06/2026
🔶FESTAS DE MOSTEIRÓN 2026🔶
A conta atrás xa está en marcha para unha das grandes citas festivas do verán en Sada. Música, gastronomía, tradición e actividades para todas as idades volverán converter Mosteirón nun punto de encontro para milleiros de persoas.
📍 Mosteirón (Sada)
📅 Do 9 ao 12 de xullo
XOVES 9 XULLO
🧓Festa dos Maiores
VERNES 10 XULLO
🌟 Orquestra PANORAMA, acompañada por Unión y Fuerza,
🍖 Gran churrascada popular
SÁBADO 11 XULLO
🐙 Pulpada a prezos populares
🎈 Inchables para a cativada
🎧 Tardeo con DJ
🎤 Verbena con Punto Clave
🎈 Lanzamento de globo de papel
DOMINGO 12 XULLO
⛪ Actos relixiosos
🥃Sesión vermú infinita con degustación de callos y menú paella
🎧Tardeo
🎵 Actuación de Obice Capital
🔶Máis seguridade para desfrutar da festa🔶
Co obxectivo de reforzar a seguridade de veciños, veciñas e visitantes, o Concello de Sada instalará este ano un Posto de Mando Avanzado, coordinado pola Policía Local e a Garda Civil.
🔹O dispositivo contará con sistemas de videovixilancia tanto no interior do novo campo da festa como nas súas zonas exteriores, permitindo unha mellor coordinación dos efectivos de seguridade e unha resposta máis rápida ante calquera incidencia.
🔹Esta medida forma parte do compromiso do Concello por garantir unhas festas seguras, accesibles e preparadas para acoller a gran afluencia de público prevista durante toda a fin de semana.
Goza da festa con responsabilidade e vive as Festas de Mosteirón 2026!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Avenida Da Mariña, 25
Sada
15160
Horario de Apertura
| Lunes | 08:00 - 14:00 |
| Martes | 08:00 - 14:00 |
| Miércoles | 08:00 - 14:00 |
| Jueves | 08:00 - 14:00 |
| Viernes | 08:00 - 14:00 |