Queiroa
Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa
12/06/2026
Aínda que xa vos fumos mostrando cousiñas por aquí do noso Festivaliño 2026 do pasado Domingo, non queríamos deixar de publicar un brevísimo resumo do que foi este fermoso día. Todas/os os/as alumnos/as das nosas Escoliñas fixeron unhas actuacións coas que nos mostraron todo o aprendido e traballado durante este curso e nos emocionaron a todos/as. Moitas grazas a eles/as e as súas familias por axudar a manter viva a nosa tradición. Hai canteira!
Grazas tamén ó noso grupo invitado de Baio por acompañarnos e mostrarnos o ben que o fan! e grazas a tódolos profes e membros da nosa asociación Queiroa, por todo o seu traballo e esforzo, sen os cales non tería sido posible este día de festa e unión tan bonito.
Para o ano máis e mellor! 🎉
02/06/2026
O pasado Domingo o noso grupo de pandeireta de adultos/as estivo amenizando o RAIOLA MEIRÁSFEST, o concerto solidario a favor de , organizado pola residencia , xunto con moitos outros grupos que fixeron da xornada un día moi emotivo e cheo de música coa que disfrutar, compartir e bailar.
Moitas grazas por contar con nós para esta data.
Foi un pracer! 🩵🤍
01/06/2026
O pasado sábado volvemos percorrer as rúas de Pontedeume para participar, un ano máis, nos Cantos de Taberna organizados por
Foi unha xornada chea de música, amizade e bo ambiente. Pasámolo de marabilla e agradecemos a todos os que compartiron con nós este fermoso día. 🎶🍻
28/05/2026
O pasado domingo celebramos o noso 3º Festival de Acordeón xunto cos compañeiros e compañeiras de Lalín. 🎶
Déixámosvos por aquí un pequeno recordo do bonito día que vivimos!
26/05/2026
Un ano máis chega o momento máis esperado nas nosas Escoliñas: O noso Festivaliño! Nel, os/as nosos/as nenos/as que asisten ás aulas, fannos unha fermosa demostración de todo o aprendido durante o curso, un día cheo de emoción para todas as familias e o resto de asistentes. Este ano estaremos acompañados/as do noso grupo invitado , que veñen desde Baio para pasar xuntos/as unha tarde chea de música e baile tradicional cos máis pequenos/as da casa.
Agardamos que non faltedes á cita! Así que xa sabedes, reservade a data no calendario e...luuuuume!!!! 🔥
26/05/2026
Este Domingo 31 de Maio, o noso grupo de pandereteiras/os de adultas/os, estará amenizando este concerto solidario en compañía deste cartelazo. Ídelo perder? Seguro que será unha fermosa xornada! Alí vos esperamos!
25/05/2026
Esta finde volvémola ter chea de eventos ¡Estamos que non paramos! O Venres 29 o noso mestre estará impartindo un Obradoiro de Baile e o Sábado 30, o noso grupo de Cantos de Taberna, andarán tamén de troula polas rúas nesta nova edición dos Cantos de Taberna de Pontedeume. Grazas a por contar con nós ¡Non o podedes perder!
E estade atent@s polas redes que estes días iremos informando de máis cousiñas...🤫😎
24/05/2026
O noso grupo de Gaita e de pandeireta de Morazón, estiveron onte na XII Festa Amanexa organizada por , cantando, tocando, bailando e desfrutando nunha das datas indispensables de cada ano ¡Que vivan as foliadas e as festas da nosa terra!
23/05/2026
Grazas á por contar con nós para a súa celebración das Letras Galegas 2026 e ó noso compañeiro por facelo posible ¡Foi unha xornada ben bonita! E cun agasallo fermoso ¡Ata a próxima!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Rúa Da Praia 5/baixo
Sada
15160