Emerxencias Ribadavia
22/06/2026
🟠ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
DATA DE ENVÍO: 22/06/2026
TIPOLOXÍA: TEMPERATURAS MÁXIMAS
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN DO NIVEL DE ALERTA
NIVEL DE ALERTA: LARANXA🟠
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa nos boletíns número 73/71GAL e 223/71GAL emitidos o día 22-06-2026 ás 10:39 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA (Risco Importante) por TEMPERATURAS MÁXIMAS para o MARTES 23/06/2026, a partir do mediodía e ata a noite nas seguintes zonas:
NIVEL LARANXA
OURENSE (NOROESTE E MIÑO) onde se poden acadar os 39ºC.
Tamén teremos nivel amarelo por temperatuas máximas, o martes 23 de xuño, a partir do mediodía e ata a noite en:
LUGO (Sur), OURENSE (Valdeorras) onde se poden acadar os
38 ºC
LUGO (Centro), OURENSE (Montaña e Sur) e PONTEVEDRA (Interior) onde se poden acadar os 36ºC A CORUÑA (Interior) e LUGO (Montaña) onde se poden acadar os 34ºC.
https://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/ribadavia-id32069
✅ Consellos de prevención:
• 👒 Usa roupa lixeira, sombreiro, lentes de sol e protección solar.
• 🪟 Na casa, pecha as fiestras e baixa as persianas durante o día.
• ☀ Evita saír nas horas centrais do día e exporche ao sol de forma directa.
• 🏃♂️ Reduce a actividade física intensa.
• 💧 Hidrátate con frecuencia, mesmo sen ter sede.
• 👶👵 Presta atención especial a menores, persoas maiores e con enfermidades crónicas: necesitan máis hidratación.
• 🥤 Bebe auga e bebidas con electrólitos. Evita a cafeína.
• 🍽 Opta por comidas lixeiras e asegúrate de que os alimentos estean en bo estado.
• 🚗 No coche, estaciona á sombra e non deixes nunca menores, maiores nin mascotas no interior con fiestras pechadas.
👉 Coidarte ti é coidar tamén dos demais. Comparte estas recomendacións!
https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?fbclid=IwY2xjawMFRzxleHRuA2FlbQIxMABicmlkETF5MFZ1ZUxiR0JVSjRYbXB4AR7gepSKraEHcPxUEqrZcnXb-l3t4fC7jh6mEqIFc5YsPffrdhzorWWyDJNc9A_aem_l2-6HcWMdaYA7gdlvuGpuQ
https://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/ribadavia-id32069
21/06/2026
🔊 PROBA DE SIRENAS DAS PRESAS DE ALBARELLOS E CASTRELO
O vindeiro xoves 25 de xuño, durante a mañá, realizarase a proba anual das sirenas dos Plans de Emerxencia das presas de Albarellos e Castrelo de Miño.
No concello de Ribadavia poderán escoitarse nas parroquias e núcleos de Santa Cristina, Francelos, A Foz, Prexigueiro, Ribadavia, A Quinza e San Cristovo, así como en Valdepereira, San Paio, Ventosela, A Franqueirán e Sanín.
⚠️ Trátase unicamente dunha proba para comprobar o correcto funcionamento do sistema e familiarizar á poboación co sinal de aviso en caso de emerxencia.
✅ Ao escoitar as sirenas, a cidadanía poderá continuar con total normalidade coas súas actividades habituais.
ℹ️ Máis información e plans completos aquí:
🔗 https://www.dropbox.com/.../Plan%20de%20emerxencia%20de...
🔗 https://www.dropbox.com/.../Plan%20de%20Emerxencia%20de...
📊 Versións gráficas e resumidas dos plans:
🔸 Plan Albarellos visual https://emerxenciasribadavia.es/pam-polo-o-risco-de.../
🔸 Plan Castrelo visual https://emerxenciasribadavia.es/a-m-polo-o-risco-de.../
Ver menos
16/06/2026
O 27 de xuño temos a nosa Xornada Provincial en Baños de Molgas.
09/06/2026
Con motivo da celebración do 59º Rallye Ourense Recalvi 2026, terán lugar en Ribadavia dúas pasadas correspondentes á 1ª etapa da proba:
• TC 03: ás 20:00 horas.
• TC 06: ás 23:50 horas.
𝐀𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐫𝐮́𝐚𝐬 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫𝐚́𝐧 𝐜𝐨𝐫𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐨 𝐭𝐫𝐚́𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐞𝐧 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐨 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐚𝐬 𝟏𝟖:𝟑𝟎𝐡 𝐝𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟏𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨, 𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝟎𝟏:𝟓𝟎𝐡 𝐝𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨. 𝐄𝐬𝐭𝐚𝐫𝐚́ 𝐩𝐫𝐨𝐡𝐢𝐛𝐢𝐝𝐨 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐫 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐚́𝐬 𝟏𝟖:𝟑𝟎𝐡 𝐝𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, 𝐚𝐭𝐚 𝐚𝐬 𝟎𝟏:𝟓𝟎𝐡 𝐝𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝐧𝐚𝐬 𝐫𝐮́𝐚𝐬 𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚𝐧. Cómpre sinalar que no barrio de San Francisco poderá estacionarse nos lugares habilitados.
𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟏𝟐, 𝟏ª 𝐄𝐭𝐚𝐩𝐚
𝐄𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐫𝐮́𝐚𝐬 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬
A intersección da rúa San Martiño con Progreso estará cortada, polo que a saída destes veciños habilitarase a través da rúa Rego de Agua, na que se cambiará o sentido de circulación no horario sinalado
• 𝐑𝐮́𝐚 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐨 𝐜𝐫𝐮𝐜𝐞 (𝐎𝐔-𝟒𝟎𝟔) 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐅𝐫𝐚𝐧𝐜𝐢𝐬𝐜𝐨 𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐨 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧.
• 𝐎𝐔-𝟎𝟑𝟎𝟓 𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐚𝐯𝐢𝐚- 𝐀 𝐅𝐨𝐳 — 𝐀 𝐀𝐫𝐧𝐨𝐢𝐚 (𝐀 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐚/𝐀 𝐑𝐞𝐳𝐚)
• 𝐎𝐔-𝟒𝟎𝟐 𝐀 𝐀𝐫𝐧𝐨𝐢𝐚- 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐞𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐧̃𝐨 (𝐀 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞)
• 𝐎𝐔-𝟒𝟎𝟑 𝐀 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞 (𝐂. 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐧̃𝐨) — 𝐒𝐭ª 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐢𝐧𝐚 (𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐚𝐯𝐢𝐚
(𝐓𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐬𝐞𝐜𝐢𝐨𝐧𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐧 𝐞𝐥𝐚𝐬)
𝗥𝗲𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝗱𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀:
– Facede a previsións oportunas para este día e estes horarios.
– Si tedes que viaxar, deixade os coches en rúas/estradas que non intersecionen coas afectadas pola etapa.
— Especial atención as mascotas e animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a proba.
— As estradas secundarias, locais, pistas agrarias ou paseos fluviais que dan saída en vehículo as estradas principais cortadas ao tráfico pola carreira, e posible que teñan mais afluencia de tráfico do normal por iso prégase circular por elas con moita precaución e non facer uso do vehículo se non e absolutamente necesario.
— Soamente se pode seguir a proba nos tramos nos espazos reservados e sinalizados ó público a tal efecto (cinta amarela), e sobre todo as Zonas Especiais
• 𝐋𝐞𝐦𝐛𝐫𝐚𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫 𝐞𝐧 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢́𝐚 𝐋𝐨𝐜𝐚𝐥, 𝐆𝐚𝐫𝐝𝐚 𝐂𝐢𝐯𝐢𝐥, 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐭𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐂𝐢𝐯𝐢𝐥 𝐞 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐨𝐫𝐠𝐚𝐧𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐑𝐚𝐥𝐥𝐲𝐞.
Desfrutade de 59 Rallye Ourense Recalvi con seguridade
https://www.rallyeourense.es/rallyes/59-rou/https://www.rallyeourense.es/wp-content/uploads/2026/04/ConsejosSeguridad_59ROU.pdf
08/06/2026
Outro ano mais temos o Rallye de Ourense pola comarca do : Concello de Ribadavia , Concello de Arnoia e, este ano tamén, o concello de Castrelo de Miño. Ademais Concello de Cenlle e o concello de San Amaro.
Atentos ós horarios dós cortes nás estradas
‼👀 Compartimos o bando informando sobre as medidas adoptadas en relación á celebración do 59 Rallye Ourense Recalvi 2026, que terá saída de dous tramos cronometrados da 1ª etapa en Ribadavia
29/04/2026
Xornadas de Educación Vial no plurilíngüe de Ribadavia.
13/04/2026
📊 Balance de actividade | 1º trimestre 2026
Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo realizamos un total de 184 intervencións, dando resposta a múltiples emerxencias e tarefas preventivas no noso ámbito.
🚒 Actuacións destacadas:
▪️ 23 accidentes de tráfico (12 con persoas feridas)
▪️ 12 incendios (vehículos, eléctricos e urbanos)
▪️ 49 incidencias en estradas e vías públicas
▪️ 19 actuacións con animais
▪️ 31 intervencións por riscos e anegamentos
🚑 Apoio sanitario:
10 actuacións, incluíndo rescates, apoio ao helicóptero medicalizado, e uso de DESA.
🔍 Buscas e rescates:
2 operativos de busca e varias actuacións de salvamento.
🛠️ Outras intervencións:
▪️ Apertura de portas
▪️ Control de velutina
▪️ Operativos preventivos en eventos
🤝 Ademais, participamos en 22 operativos de Protección Civil, garantindo a seguridade en eventos e situacións de risco.
08/04/2026
BASES CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS MUNICIPAIS (G.E.S.) DE RIBADAVIA
https://ribadavia.sedelectronica.gal/preview-document/265dcfbe-fd3b-4634-9362-7079032b97c1/
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contacto la escuela/facultad
Teléfono
Página web
Dirección
Ribadavia
32400