BNG Ribadavia

BNG Ribadavia

Compartir

Transformar Ribadavia depende de nós. BNG - Asembleas abertas de Ribadavia

24/09/2026

O Concello de Ribadavia está a pagar cada mes a ADIF un aluguer pola planta baixa do edificio da estación de tren, onde supostamente se ía facer un albergue.
Por que non se chega a un acordo sobre as vivendas da estación, para cederllas á Xunta, rehabilitalas e poñelas a disposición da nosa veciñanza?, comezando polas 59 persoas do noso concello que a día de hoxe están no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta.

22/09/2026

👉 Para todo o que este interesado, vimos de atopar no BOP de Ourense (que non nas redes do Concello de Ribadavia ) unha nova convocatoria para o arrendamento dun baixo na nosa vila.

🤔 Trátase dun local de 32 m2 destinado a artesanía e arte, sito na rúa Banda da Lira, nº 1B (Rúa baixada a praza de San Xoan)

📝 As propostas presentaranse no Rexistro Xeneral de entrada do Concello de Ribadavia, dentro dos 20 días naturais seguintes a aquel no que apareza o anuncio da licitación publicado no BOP (𝟏𝟕/𝟎𝟗/𝟐𝟎𝟐𝟔)

18/09/2026

Desde o BNG de Ribadavia reiteramos a vontade de que a Fundación Nosa Señora dos Anxos sexa quen xestione directamente unha futura residencia de maiores, mantendo o seu compromiso fundacional sen ánimo de lucro e que as súas instalacións futuras se sitúen o máis preto posible do casco urbano de Ribadavia.
Así o vimos manifestando hai tempo, como exemplo esta moción debatida no pleno municipal de Ribadavia en novembro de 2023.
Defendemos o modelo público e social de xestión e prestación dos servizos de atención á terceira idade, o mellor para as persoas traballadoras e para as persoas atendidas na residencia. O BNG amosou publicamente ser contrario a calquera privatización do servizo, algo que tememos que suceda en aplicación da política que o PP realiza tanto na Xunta como no Concello de Ribadavia, privatizando a prestación de servizos
Reclamamos que se convoque unha xuntanza do padroado da Fundación que se nos informe aos grupos municipais, ás persoas traballadoras e ás persoas usuarias e ás súas familias.

15/09/2026
04/09/2026

02/09/2026

A Xunta de Rueda penaliza a quen escolle un servizo público. A Xunta exclúe do Bono Concilia ás familias que apostaron polo Concilia Verán de Ribadavia.
Desde o BNG defenderemos sempre os servizos públicos e exiximos que o Concello de Ribadavia se dirixa á Consellería para que deixe de discriminar ás nosas familias por optar por un campamento organizado dende o seu concello.

01/09/2026

Un partido político non pode empregar as institucións públicas unilateralmente para o seu xogo partidista. Por moito que un goberno obteña maioría absoluta nas eleccións, non se convirte no dono do concello.
O non se corta ao converter as institucións públicas a través dos concellos e da para extender a xenofobia e o racismo por todo o Estado.
Ceuta precisa axuda, pero onde está o PP e os seus gobernos para axudar a poboacion por exemplo acollendo aos nenos e mulleres que escapan da fame e da miseria nos seus paises?
Xa está ben de empregar a dor dos migrantes e as institucións para os seus intereses.
Nós non olvidamos que o noso é un pobo migrante que tivo que escapar da fame e da represión que os fundadores do seu partido orquestaron neste país.
Na política NON TODO VALE

Photos from BNG Ribadavia's post 26/08/2026

Non hai perda, gocemos da Istoria!

24/08/2026

Esta finde vivimos a Istoria!

Photos from BNG Ribadavia's post 21/08/2026

Hai un ano O Ribeiro sufriu un enorme dano ambiental, económico e social na nosa peor vaga de incendios. A cidadanía reclamou medidas efectivas de prevención.
Un ano despois, non se reforzaron as medidas preventivas, non cambiaron as políticas de xestión dos montes e rematando o mes de agosto no noso concello nin sequera se acometeu a roza das franxas secundarias ás que se comprometeu a consellería do Medio Rural.
Desde o BNG de Ribadavia reclamamos unha política forestal baseada na prevención, na limpeza e no coidado do territorio durante todo o ano, e non en actuar cando o lume xa está encima. Previr os incendios tamén é gobernar.

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Ribadavia?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Calle Progreso 15
Ribadavia
32400