CDC Ribeiro
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CDC Ribeiro, Club deportivo, Ribadavia.
28/09/2026
🟡⚫ Infantil Masculino ⚫🟡
📍Esta pasada finde os nosos rapaces disputaron o seu play off, malia que non conseguiron unha praza na liga ouro, déronos todo nos 3 partidos que disputaron.
Agora toca seguir traballando e competir nunha sempre disputada liga prata.
Este sábado tanto os infantís como os cadetes comezan en casa coas súas ligas.
💛💛🖤
25/09/2026
24/09/2026
🟡⚫ Play Offs Infantil Masculino ⚫🟡
📍 Esta fin de semana os nosos infantís xogan por unha praza na liga ouro, desprazaránse ata á Coruña para a disputa dos tres partidos ante o anfitrión, o Línea 21, Xiria e Bueu.
📍 Os nosos non queren ser menos ca os cadetes e darán todo o que teñen por esa ansiada praza.
Moita sorte e a desfrutalo! 💛🖤
💛💛🖤
23/09/2026
🟡⚫ 2ª Xornada de Liga ⚫🟡
📍Tras solicitude do Atlético Novás de intercambio da orde dos encontros debido a obras na súa pista de xogo, repetimos este sábado xornada no Consello.
📍 Recibimos a un dos favoritos a optar ás prazas pola fase de ascenso dirixidos polo ribadaviense Félix Mojón, tras caer en Pontevedra no primeiro partido virán con gañas de resarcirse.
Enchamos o pavillón unha vez máis e fagamos do Consello un Fervedoiro! 💛🖤
💛💛🖤
20/09/2026
🤾♂️ HOXE, TODO O BALONMÁN GALEGO XOGA ESTA FINAL! 🌍🏆
📍 Esta tarde, ás 20:00 h, a Selección Española disputará ante Xapón a final do Campionato do Mundo de Balonmán en Cadeira de Rodas.
E Galicia estará moi presente nela. 💙🤍
Lorenzo Edjang, Lorena Bermúdez, José Barroso, Agustín Alejos e Juan López, cinco integrantes do ICB Coruña, defenderán as cores da selección nunha final mundial.
Dende o CDC Ribeiro queremos mandarlles toda a nosa forza e o apoio de toda a familia do balonmán ribeirán.
Detrás desta final hai traballo, superación, paixón polo balonmán e cinco historias que merecen ser coñecidas e valoradas.
Hoxe estamos con vós. A por esa final!
Moita sorte, equipo!
💛💛🖤
16/09/2026
🟡⚫ 1ª Xornada de Liga ⚫🟡
📍Este sábado arrinca a liga e comezamos en casa con o Bueu, agardamos a todos a partir das 19:30h no Consello!!
💛💛🖤
14/09/2026
🟡⚫ Fichaxe Jaime Conde⚫🟡
📍O xoven pivote formado nas categorías base do BM Lalín formará parte do noso equipo de 1ª Nacional tras realizar toda a pretempada con nós.
💛💛🖤
13/09/2026
🟡⚫ Liga Ouro Cadete Masculino ⚫🟡
📍Tralo play off desputado esta fin de semana na que os nosos cadetes quedaron segundos clasificados do seu grupo, acadan o acceso á liga ouro nesta tempada 26/27.
Parabéns rapaces e a desfrutalo!! 💛🤾🏻
💛💛🖤
11/09/2026
🟡⚫ Horarios Play Offs Cadete ⚫🟡
📍Durante esta fin de semana os nosos cadetes disputan os seu play off de acceso á liga ouro en Pontevedra.
📍Hoxe primeiro partido nos que se medirán ao Cisne organizador do grupo "C".
Moita sorte rapaces!! 🤾🏻💛
💛💛🖤
01/09/2026
🟡⚫ Torneo Festas do Portal ⚫🟡
📍Este xoves novo partido preparatorio para o noso equipo de nacional, recibimos ao Balonmán Porriño con motivo das Festas na Honra da Virxe do Portal, agardámosvos!
💛💛🖤
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Ribadavia
32400