Concello de Ribadavia
Páxina oficial do Concello de Ribadavia. Capital do Ribeiro.
29/09/2026
🎉📚 HOXE ESTAMOS DE NORABOA! 📚🎉
A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia acaba de recibir un novo Premio María Moliner do Ministerio de Cultura, que recoñece os mellores proxectos de fomento da lectura desenvolvidos polas bibliotecas españolas.
E esta vez é moi especial porque…
🏆 XA VAN 10 PREMIOS MARÍA MOLINER! 🏆
Dez veces que o noso traballo foi recoñecido.
Dez proxectos.
Centos de actividades.
Miles de historias compartidas.
E, sobre todo, moitas persoas que fixeron e fan posible que a biblioteca estea viva.
Porque detrás de cada premio hai nenos e nenas que descubriron un libro, familias que participaron nunha actividade, centros educativos que colaboraron, persoas que se achegaron por primeira vez á biblioteca e lectores e lectoras que volveron unha e outra vez.
💚 Unha biblioteca pequena tamén pode facer grandes cousas.
E este décimo premio é unha razón máis para seguir traballando, imaxinando, creando proxectos e defendendo o papel das bibliotecas como espazos de cultura, encontro, aprendizaxe e comunidade.
GRAZAS por formar parte desta historia.
Hoxe celebramos os 10 premios, pero mañá… seguimos abrindo libros. 📖✨
29/09/2026
📣 A Lira de Ribadavia vai ao XIX Certame Galego de Bandas! 🎶💙
O vindeiro 10 de outubro, a nosa banda participará no certame en Pontevedra e queremos que sinta todo o apoio de Ribadavia. Para que socios, familiares e seguidores poidan acompañala, ponse en marcha un autobús desde Ribadavia. 🚌
👉 Reserva aberta ata completar as prazas, cun prezo de 12 €.
🕔 A saída será ás 17:00 h desde a Casa da Cultura de Ribadavia, con posibilidade de realizar paradas noutros puntos se hai demanda. A volta será tras coñecerse os resultados do certame.
📲 Reservas e información: 630 640 763
📧 [email protected]
Desde o Concello de Ribadavia animamos a veciñanza a acompañar á Lira nesta cita tan especial e a facerlle chegar todo o noso apoio. Imos con vós! 💙🎺🥁
29/09/2026
A poesía volve resoar con forza no Ribeiro! ✨
Este vindeiro sábado 3 de outubro ás 18:00 h, a Igrexa da Madalena (Ribadavia) acolle o Recital Poético Plurilingüe do colectivo Desafiando Sombras, unha cita moi especial con motivo do Día Internacional da Tradución.
Nacido en Vigo durante a pandemia e capitaneado por Stella Maris González Balbuena, o colectivo Desafiando Sombras reúne a poetas, poetisas e artistas plásticas que declaman por puro amor á arte. A súa misión é clara: «afondar na poesía e achegarnos á súa esencia», compartindo tanto versos de autoría propia como grandes obras da literatura.
Nesta ocasión, esta experiencia poética apoia ademais a Survival International.
📍 Onde: Igrexa da Madalena, Ribadavia
📅 Cando: Sábado, 3 de outubro de 2026
⏰ Hora: 18:00 h
Organiza: Por un Ribeiro Poético
Colabora: Concello de Ribadavia
Non perdas esta oportunidade de celebrar a palabra, as linguas e a arte nun marco incomparable.
Agardámoste! 📜
29/09/2026
🪵 Lembra!
O vindeiro 18 de outubro, Ribadavia acolle unha nova xornada do Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”, unha iniciativa gratuíta para coñecer, compartir e manter vivos os saberes tradicionais de Galicia.
Nesta ocasión achegarémonos ao torneado da madeira da man do artesán Aitor Martínez. Coñeceremos o funcionamento do torno, as ferramentas básicas, os distintos tipos de madeira —con especial atención á madeira verde— e veremos en directo como se crean pezas sinxelas.
Será tamén unha oportunidade para falar do futuro deste oficio, do relevo xeracional e das posibilidades profesionais que ofrece, creando un espazo de intercambio entre xeracións, experiencias e coñecementos.
📍 Igrexa da Madalena, Ribadavia
📅 18 de outubro
🕙 De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
👥 Principalmente para persoas maiores de 55 anos e mozas e mozos de 16 a 35 anos, aínda que tamén poden participar persoas de ata 54 anos.
🎟️ Actividade gratuíta. Prazas limitadas.
👉 Inscricións:
https://voluntariadogalego.org/plans-e-programas/plan/programa-de-voluntariado-interxeracional-rede-galega-de-oficios-vivos
29/09/2026
🎬 Outra semana de venres de cine na Casa da Cultura de !
🕗 Agardámosvos ás 20.00h para ver as curtas:
👉🏻 “Abellón”
👉🏻 “Adeus Berta”
👉🏻 “Algo novo que contar”
👉🏻 “Curmán”
29/09/2026
29/09/2026
‼️ Lembra: 🎶 Luns e sábados de música en ! 🎶
A Escola Municipal de Música Tradicional xa está en marcha. Apúntate!
📅 Días e horas:
Luns: 19:00 - 21:00 h
Sábados: 15:30 - 16:30 h
📍 Lugar: Antiga Escola da Alameda
💰 Prezo: 20 €/mes
📲 Non perdas a oportunidade! Pide máis información no correo: [email protected]
28/09/2026
♻️ Reutiliza, transforma, conecta. A Feira ReVive volve a Ribadavia os días 10 e 11 de outubro coa súa 7ª edición, dedicada á artesanía sustentable.
Durante toda a fin de semana poderás descubrir arte, participar en obradoiros de herbolaria, flores con tea reciclada e xabón de feltro, escoitar charlas e g***r da música en directo. 🌿🎨🎶
Dúas xornadas para crear, compartir ideas e descubrir todo o que pode cobrar unha nova vida. Agardámoste en Ribadavia! 💛
📅 10 e 11 de outubro
📍 Ribadavia
28/09/2026
🚴♀️ O Día da Bici de Ribadavia celebra a súa 30ª edición! Non esquezas inscribirte! 🧐
O vindeiro 4 de outubro volvemos encher as rúas de bicicletas cunha xornada para g***r do deporte, compartir en familia e percorrer xuntos Ribadavia, Francelos e San Cristovo.
📍 Saída: Praza Maior
🕚 11.00 h
🎒 Desde as 10.00 h, entrega de mochilas e camisetas ás persoas inscritas.
As 200 primeiras inscricións recibirán unha mochila e unha camiseta conmemorativa, e ao remate haberá sorteo de 2 bicicletas entre todas as persoas participantes.
📝 Inscricións abertas ata o xoves 1 de outubro en deportesribadavia.es
Saca a bici, xunta a familia e as amizades e ven celebrar connosco 30 edicións pedalando por Ribadavia. 🚲💨
28/09/2026
📸 Participa no sorteo da Xornada Europea da Cultura Xudía!
Achégate á entrada do Museo Sefardí de Ribadavia, fai unha fotografía e participa para gañar premios 🎁
📅 Tes de prazo ata o 6 de outubro.
📲 Consulta todas as instrucións no código QR do cartel.
Anímate a participar e descubre o legado sefardí de Ribadavia!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Praza Maior, 4
Ribadavia
32400