Aramel

Aramel

Compartir

Mel natural das montañas do Caurel.

Photos from Aramel's post 28/12/2025
Photos from Quiroga. Concello de Quiroga's post 27/12/2025

🎉🌲🍯🎊

Photos from Ribeira Sacra Consorcio de Turismo's post 20/12/2025

Non dudedes en acercarvos!!

18/12/2025

encantados de formar parte dese belen!🌲

🌟 NADAL NO COUREL

🐝 O noso belén incorpora unha árbore moi orixinal, feita por Aramel.

Grazas por darlle luz ao noso belén.👏👏

17/12/2025

Galería Mercado Tradicional. Festa da Pisa da Castaña 2025 https://fontedomilagro.es/index.php/actividades/festa-da-pisa-da-castana/309-galeria-mercado-pisa-2025

12/12/2025

𝗢 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗗𝗔𝗟, 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟 𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗥𝗧𝗘𝗦𝗔𝗡𝗜́𝗔 𝗘𝗡 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗔𝗥𝗔́ 𝗖𝗢𝗡 𝟭𝟲 𝗣𝗢𝗦𝗧𝗢𝗦

RTMQ. Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o Concello de Quiroga organiza novamente un Mercado de Nadal, de comercio local e artesanía. A praza España acollerá os días 27 e 28 de decembro este mercado entre ás once da mañá e as dúas do mediodía e pola tarde entre as catro e as oito.

Representando ao comercio de proximidade e ao sector da artesanía haberá 16 postos que se situarán nunha gran carpa: Etna (roupa, calzado e complementos), Xobel (roupa, bolsos e bixutería), Libraría Celia (libros e xogos educativos e de mesa), Aramel (mel da serra do Courel), Caurelor (marmeladas, castañas ao baleiro e mel), Riomao Estudio Creativo (artesanía da Ribeira Sacra especialista en bixutería, decoración, chaveiros, colgantes...), Trapalladas Artesanía (bixutería en prata e coiro), Hery Cremas (cosmética), Shadewolf (bixutería), A Rabuda (candeas de cera de xirasol e láser), Elgoal (ilustración e obxectos domésticos), Queixería Cumbres de Trevinca (queixos), Katoka Flowers (xoiería botánica), Crepería (filloas e gofres), Feito con Love (bixutería) e "Serendipia" (bixutería creativa en madeira e metacrilato e decoración de Nadal).

Para fomentar o interese polos oficios e pola artesanía vanse realizar obradoiros para a cativada, actividades creativas que ademais de ofrecer un espazo de lecer poden atraer a este mundo futuros profesionais. Deste xeito haberá dous obradoiros:
-Un obradoiro de decoración de pintura en impresión 3D para Nadal ás catro e media da tarde o sábado 27.
-Un obradoiro de elaboración de guirnaldas o domingo 28 ás 16:30 h.

A maiores, os dous días, 27 e 28, haberá un espazo de xogo infantil para a cativada e sorteo dunha Cesta de Nadal ás seis e media da tarde. Este obsequio faino posible a asociación de comerciantes local.

Tamén, pensando nos máis pequenos e pequenas, o sábado 27 visitará a Feira de Nadal O Apalpador. Chegado dende as montañas do Courel fará unha ruada musical por Quiroga aproveitando a feira grande de decembro e rematará na carpa do Mercado de Nadal para contar contos e historias para toda a familia. De 12:00 a 14:00 h.

Como complemento, e co obxecto de visibilizar tamén a artesanía, o domingo 28 haberá unha demostración de torneado de madeira de oliveira a cargo de Artesanía Armaior, un proxecto emprendedor quirogués que leva anos traballando este tipo de madeira para elaborar utensilios de cociña. Será de 12:00 a 14:00 h.

E como non podía faltar a música, para amenizar o mercado chegará o domingo 28 a Quiroga a charanga tradicional PÁNDEGA. Farán un pequeno pasarrúas e rematarán na carpa da feira para poñerlle animación musical a comerciantes e clientes de 12:00 a 14:00 h.

Este novo Mercado de Nadal, de comercio local e artesanía está organizado polo Concello de Quiroga contando co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño e coa colaboración da Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

11/12/2025

#2025

Photos from Aramel's post 04/12/2025

Os nosos botes de mel...distinto tamaño ,mesma calidade.

¿Quieres que tu empresa sea el Compañía De Salud Y Belleza mas cotizado en Quiroga?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Quiroga