Concello de Mos

Concello de Mos

Compartir

Páxina oficial do Concello de Mos

Nesta páxina poden coñecer en profundidade a localidade mosense a través das publicacións de novas e axenda diarias que informan pormenorizadamente sobre a actualidade municipal.

28/08/2026

📅 19 de setembro | 🕚 11:00–21:00 h
📍 Aldea de Alfacuca, Mos

Unha xornada para g***r do outono en familia, con natureza, cultura e moita diversión! 🌿

🥾 Andainas e pícnic colectivo
🍔 Foodtrucks
♻️ Obradoiros de reciclaxe e sensibilización ambiental
🎶 Música en directo
🎭 Títeres e pasarrúas
🎩 Maxia con Mago Marco
🎤 Actuacións de King Kids e The Blow Up’s
🐾 Espazo familiar e moitas actividades máis

💚 Un festival para toda a familia, ás portas do outono!

28/08/2026

🎭 Únete ao Grupo de Teatro en Igualdade de Mos!

O proxecto do CIM de Mos leva xa 15 anos creando un espazo de encontro, expresión, creatividade e participación para as mulleres do municipio.

Non necesitas experiencia previa, só ganas de participar, aprender, compartir e desfrutar. 💜

📅 Martes e mércores
🕥 10:30–12:30 h
📞 986 33 72 78
📧 [email protected]

Anímate e abre o telón con nós! 🎭

28/08/2026

O Concello de Mos pon en marcha un novo programa de actividades de Coida.T para o curso 2026/2027, unha iniciativa destinada a fomentar a práctica regular de exercicio físico e promover hábitos de vida saudables entre a veciñanza.

O programa estará coordinado pola monitora María García e incluirá diferentes propostas adaptadas ás necesidades das persoas participantes, entre as que se atopan clases grupais, control de peso, adestramento asistido e adestramento personalizado.

As actividades desenvolveranse os luns e mércores, de 10:00 a 11:00 horas, no Pavillón Patricia Martínez de Mos, ofrecendo ás persoas participantes a oportunidade de realizar exercicio físico de maneira regular, acompañada e segura.

☎️As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar no teléfono 986 33 72 78.

Desde o Concello de Mos anímase á veciñanza a sumarse a esta iniciativa e aproveitar as actividades programadas ao longo do curso para incorporar a práctica de exercicio físico á súa rutina diaria.

DATOS DA ACTIVIDADE

* Programa: Coida.T
* Monitora: María García
* Curso: 2026/2027
* Días: luns e mércores
* Horario: de 10:00 a 11:00 horas
* Lugar: Pavillón Patricia Martínez, Mos
* Información: 986 33 72 78
* ⁠Beneficios da actividade:
❤️ Mellorar a saúde do corazón e a circulación.
💪 Fortalecer os músculos e os ósos.
🧠 Mellorar o estado de ánimo e axudar a reducir o estrés e a ansiedade.
😴 Axudar a durmir mellor.
⚖️ Axudar a manter un peso saudable.
🛡️ Reducir o risco de sufrir algunhas enfermidades, como a diabetes ou problemas cardiovasculares.
⚡ Aumentar a enerxía e a resistencia física.
🤝 Favorecer a socialización.
🎯 Axudar a desenvolver disciplina, constancia e confianza en un mesmo.

‼️ESPERÁMOSTE !

27/08/2026

O mércores, 2 de setembro, o Concello de Mos súmase á concentración convocada pola FEMP en apoio a Ceuta e á súa veciñanza.

📅 Mércores, 2 de setembro
🕗 20:00 h
📍 Concello de Mos

Un acto de solidariedade para facer visible o noso apoio a Ceuta.

Animamos á veciñanza de Mos a participar.

Photos from Concello de Mos's post 27/08/2026

📻 Mos pon en marcha un proxecto piloto singular no “Queda en Mos IV”

A emisora da Axencia de Colocación de Mos recupera o seu uso como espazo formativo e laboratorio de comunicación e produción audiovisual.

O alumnado poderá aprender facendo: 🎙️ locución, entrevistas, gravación, edición e creación de contidos nun contorno profesional real.

Unha iniciativa que aposta pola innovación, a formación práctica e o aproveitamento dos recursos municipais. 🚀

27/08/2026

🌳🎉 CAMBIO DE DATA!

DESCUBRIMOS O NOVO PARQUE DA PESQUEIRA! 🎉🌳

📅 O vindeiro 2 de setembro, ás 12:00 h, convidámosvos a vir descubrir e g***r en familia do novo Parque da Pesqueira. 💚

👧🧒 Os máis pequenos poderán g***r de:
🛝 Diferentes zonas de xogos
🧗 Rocódromos para poñer a proba as súas habilidades
🥪 E un petisco saudable para repoñer forzas!

Unha xornada para xogar, descubrir e g***r xuntos deste novo espazo. 🥰🌿

📅 2 de setembro
⏰ 12:00 h
📍 Parque da Pesqueira

💚 Agardámosvos! Ven descubrir o novo parque con nós!

Photos from Concello de Mos's post 25/08/2026

🤝 Mos reforza a súa colaboración co tecido empresarial

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2025/26 segue avanzando con moi bos resultados, facilitando novas oportunidades laborais para persoas desempregadas.

👥 23 participantes xa realizaron prácticas profesionais en empresas colaboradoras, reforzando as súas competencias e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral.

🏢 A rede de colaboración medra ata 31 empresas, con entidades de Mos e dos concellos do Porriño, Ponteareas, Redondela, Vigo e Salceda de Caselas.

📚 O programa combina formación, orientación, acompañamento, prácticas en empresas, preparación para entrevistas, emprendemento e conexión directa coas empresas.

💼 Unha iniciativa que aposta pola formación e pola experiencia práctica como vías para facilitar o acceso ao emprego.

Oportunidades

25/08/2026

📢 Xa coñecemos a data da visita da Unidade Móbil VIDOC da Policía Nacional a Mos no mes de outubro.

📅 Será o 5 de outubro.

Antes, lembra que en setembro a Unidade Móbil estará en Mos o día 1.

👉 Se precisas realizar algún trámite relacionado co DNI, consulta se aínda quedan prazas dispoñibles para setembro en:
🔗 https://citapreviadni.mos.es/

ℹ️ Permanece atento/a ás canles oficiais do Concello para coñecer as próximas datas e a apertura das citas.

24/08/2026

Cando cae a noite, Mos segue a brillar. 🌙✨

Hoxe poñemos o foco na Reitoral de Petelos, un espazo que tamén amosa todo o seu encanto baixo a luz da noite.

Photos from Concello de Mos's post 24/08/2026

Durante esta fin de semana asistimos á entrega de premios do XLIII Campionato Galego de Salto de Obstáculos, celebrado no Club Hípico El Alazán, en Mos. 🐴🏆

Onte celebrouse a xornada de clausura que puxo o broche final a varios días de competición, nos que xinetes e amazonas chegados de diferentes puntos de Galicia se deron cita nas instalacións do club.

A xornada contou tamén coa música galega do grupo Os Mangacarballos, que puxeron o seu toque especial a esta celebración. 🎶

Desde o Concello de Mos queremos felicitar a todas as persoas participantes e gañadoras, así como agradecer ao Club Hípico El Alazán e á Federación Hípica Galega o seu traballo e organización.

Parabéns a todas e todos por esta fin de semana de deporte, tradición e ambiente galego en Mos!

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Mos?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Reguengo S/n/Saída 660
Mos
36416

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00