Tarabela Creativa
Somos humildes. Somos da terra. Nós somos Tarabela.
30/05/2026
Pitching de
no 🎭
Unha coprodución de Tarabela Creativa co Concello de Burela.
Dramaturxia Carmen Conde.
Dirección Avelino Gonzalez.
Interpretación Fran Lareu Xose Manuel Esperante Davila e Carmen Conde.
Produción Diego Gallego.
Iluminación Dyango Pérez.
Vestiario Natalia Otero.
✨ Estrea o 9 de outubro de 2026 ✨
Escena Galega Axencia Galega das Industrias Culturais
28/05/2026
20/04/2026
💡✨ Acó vén disposta a enfrontarse con dragóns!🐉
📆 Será o venres, 24 de abril.
🕗 Ás 20hs.
📍No centro social A Fieiteira de Abanqueiro do Concello de Boiro
👁️🗨️ Para público familiar a partir de 4 anos.
🎟️ Venda de entradas unha hora antes da función.
🌞 Agardamos por vós!
10/04/2026
🔍 O pasado mércores 8 estivemos presentando en Burela a nova comedia de Tarabela Creativa en coprodución co concello.
O 9 de outubro chega aos escenarios "O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger".
Acó toda a información 👇🏻
07/04/2026
🎭✨
📢 Aquí están os 18 espectáculos galegos seleccionados, así como os 13 proxectos que se presentarán en formato 'pitching' durante a próxima edición de , que terá lugar en Santiago de Compostela do 25 ao 28 de maio.
🔹FORMATO COMPLETO🔹
- ‘Alén’, de Colectivo Glovo
- ‘Alicia wants to’, de Bengala Teatro Físico
- ‘Artur Ui, o ovo da serpe’, de Talía Teatro
- ‘BenQuerer’, de Fran Sieira Compañía de Danza
- 'Bio Construción’, de Ibuprofeno Teatro
- ‘52-Blau’, de iXa
- ‘Coralinda’, de Elefante Elegante
- ‘Manual de patronaxe’, de Teatro do Noroeste
- ‘Meu Rei’, de Daniel Lezso
- ‘Miña pequena’, de Constance Hurlé
- ‘Mofa&Befa: Os dous de sempre’, de Producións Teatrais Excéntricas
- ‘Ninguén tira fotos nos enterros’, de Carlota e Compañía
- ‘O libro da selva. O musical’, de Ártika Cía.
- ‘Oh, mammi blue’, de Cinema Sticado
- ‘Sen patrón’, de Pistacatro Produtora de Soños
- ‘Transparentar’, de Enésima
- ‘Voo’, de Teatro O Cubo
- ‘Xoguetes rotos’, de Barrosanta e ButacaZero
🔹FORMATO PITCHING🔹
- ‘Abúrrome’, de Marta Alonso Tejada Cía.
- ‘Clic’, de Culturactiva Producións
- ‘Comed[IA]’, de Píscore
- ‘CROIX, conferencia bailada’, de Paula Quintas Cía.
- ‘Crónica do rei pasmado’, de Contraproducións
- ‘Curie ou a simetría dos fenómenos físicos’, de Empatía Teatro
- ‘Hiranya’, de Eva Comesaña
- ‘Less dragqueens and more ChuNorris / Menos dragqueens e máis ChuNorris’, de ALÓproducións
- ‘Manchas de sangue’, de Torta Torta
- ‘O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger’, de Tarabela Creativa
- ‘Oh!’, de AsSircópatas
- ‘Ritu’, de Nova Galega de Danza
- ‘Vila’, de Marcos PTT
Vémonos en 👏
💻 galiciaescenapro.gal
ℹ️ Galicia Escena PRO é o mercado galego de artes escénicas, organizado anualmente pola Xunta de Galicia e Escena Galega.
**
Talía Teatro Fran Sieira, compañía de danza Ibuprofeno Teatro Elefante Elegante Teatro Teatro Do Noroeste Mofa e Befa & Excéntricas Carlota Mosquera Ártika CIA Cinema Sticado PistaCatro Produtora Teatro Ó Cubo ButacaZero Marta Alonso Tejada Culturactiva S. Coop. Galega Paula Quintas Contraproducións Empatía Teatro Tarabela Creativa Nova Galega de Danza
**
Cultura de Galicia
28/03/2026
✍🏻❌ Vémonos mañá con no Auditorio do Concello de Ribadumia, ás 19hs.
👥 Narración oral para público adulto.
🎭 A través do programa +Escénicas da Deputación Pontevedra.
Sobre praceres 🫦, cartos 💸 e todo tipo de fe ⛪
🟣 𝐎 𝐐𝐔𝐄 𝐍𝐎𝐍 𝐄𝐒𝐓𝐀𝐁𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐑𝐈𝐓𝐎
👉 A compañía Tarabela Creativa aterrará no Auditorio Municipal de Ribadumia coa obra "O que non estaba escrito" a través do programa +Escénicas da Deputación Pontevedra.
📅 O 29 de marzo.
🕖 Ás 19:00 horas.
📍 No Auditorio Municipal.
🙌 Animádevos a vir!
23/03/2026
🤩 É unha alegría inmensa para nós contarvos que xa hai un tempo que estamos traballando na nosa nova obra de teatro: "O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger". Unha comedia en co-produción co Concello de Burela.
E alí, en Burela, faremos a presentación oficial a medios o próximo 8 de abril.
✍🏻 Con texto de Carmen Conde.
🪄 Dirección de Avelino Gonzalez.
🎭 Interpretación de Fran Lareu Xosé Manuel Esperante e Carmen Conde
💼 Distribución de Culturactiva S. Coop. Galega
🖌️ Hoxe amosámosvos o cartaz de I. Mouronte B.
✨ Estrearase este outono.
📰🗞️ Toda a información a partir do 8 de abril!
11/03/2026
🐎🌵 Esta semana volven os cantos e os contos de ⭐
📅 O venres, 13.
🕘 Ás 21hs.
📍 No centro social de Abanqueiro, no Concello de Boiro
🎟️ Entradas no propio centro dende unha hora antes.
28/02/2026
✨ Hoxe remata febreiro e onte foise un ciclo vital para nós. ✨
📸 Buscamos entre as fotos e vídeos infinitos que temos da residencia, das montaxes de cada función, dos nosos momentos entre bambolinas... E finalmente só puidemos escoller esta para despedir e agradecer
🪞 A escena final, na que todo o mundo (equipo e público) quedamos en silencio e nos sentimos respirar mutuamente (as que estamos en escena e os que están na parte técnica, tamén a xente butaca con butaca). O momento da obra na que cada luz se vai apagando. O instante máis íntimo.
🫂 Estes anos para nós son de absoluto agradecemento. Con cada unha das persoas que nos abriron con xenerosidade a porta da súa casa para contarnos a súa historia de vida ao longo de toda Galicia e alén do mar. Co equipo incrible e absolutamente vital e comprometido que as fixo realidade, que fixo posible que se conten en escena: grazas Mariña Pena Blanco, Nastasia Zürcher, Ezequiel Orol e Bieito Inc. Sodes o equipo humano que lle cabe desexar a calquera compañía que queira ter consigo cada día beleza, amor e verdade. E alegría, moitísima alegría. GRAZAS ETERNAS POLA VOSA ESENCIA ♥️♥️♥️
Grazas Lola Saltatore polas coreografías e ao Mago Rafa polo maxia.
Grazas César No por abrirnos as portas 🏡
Grazas a cada espectador e cada espectadora que escolleu ver a nosa obra e que a recibiu con tanto cariño. Grazas a cada programador e cada programadora cultural que confiou nela para levala ao seu espazo.
Remata unha etapa tremendamente emocionante. Pero por suposto, continuamos!!
✨ Hoxe remata febreiro e nós agradecemos toda a aprendizaxe que nos deu un proxecto co que fomos tan felices. ✨
Adeus, "Boa sorte, mala fama".
Carmen e Diego
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Carril Do Xuízo, 30, Baixo
Lugo
27002