ASPACE LUGO

ASPACE LUGO

Compartir

Asociación de Persoas con Paralísis Cerebral de Lugo

28/07/2026

📢 ¡Seguimos impulsando la empleabilidad y la autonomía! 💼💙

📍 En Federación ASPACE-Galicia hemos desarrollado una nueva acción grupal de orientación laboral centrada en la renovación de la demanda de empleo, dirigida a personas con parálisis cerebral y otras discapacidades afines.

🖥️ Durante la sesión, las personas participantes aprendieron a realizar este trámite tanto de forma telemática como presencial.

🙋‍♀️🙋‍♂️ Además, resolvieron dudas, reforzaron sus competencias digitales y adquirieron herramientas para gestionar de forma más autónoma su itinerario laboral.

🤝 Seguimos trabajando para mejorar la empleabilidad, fomentar la autonomía y avanzar hacia una inclusión laboral real.

💙 ¡Gracias a todas las personas participantes por su implicación!

Photos from ASPACE LUGO's post 15/07/2026

🚤🍇 Unha fin de semana para gardar na memoria!

As persoas de ASPACE Lugo gozamos dunha xornada moi especial na Ribeira Sacra. Comezamos cun fermoso paseo en catamarán polo río Sil, con saída desde Doade, admirando a espectacular paisaxe que nos regalou a natureza.

Despois, compartimos unha deliciosa comida no embarcadoiro, rodeados de boa compañía, risas e grandes momentos que fixeron da xornada unha experiencia inesquecible.

Para poñer o broche de ouro ao día, visitamos as adegas Petrón, onde tivemos a oportunidade de desfrutar dunha interesante cata de viños e coñecer un pouco máis sobre a tradición vitivinícola da nosa terra.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia tan especial. Seguimos sumando vivencias, compartindo sorrisos e creando recordos xuntos. 💙

Photos from ASPACE LUGO's post 23/06/2026

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de mergullarnos de cheo nunha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade: o Arde Lucus. 🏛️⚔️

Para vivir a experiencia como auténticos protagonistas, caracterizámonos de romanos e castrexos, compartindo momentos moi especiais e sentíndonos parte da historia de Lugo. Ao longo da xornada visitamos diferentes campamentos, onde participamos en xogos, actividades e propostas que nos permitiron coñecer mellor as costumes e a forma de vida da época dunha maneira divertida, participativa e adaptada a todas as persoas.

Este tipo de saídas son unha oportunidade fantástica para fomentar a participación social, a convivencia e o desfrute da cultura en comunidade, creando espazos nos que todas as persoas poden vivir experiencias enriquecedoras, compartir momentos significativos e seguir construíndo recordos inesquecibles.

Grazas ao Arde Lucus por facernos viaxar no tempo e permitirnos desfrutar dunha xornada tan especial. Xa estamos desexando repetir a experiencia o próximo ano! 💙

19/05/2026

👨‍🍳🧀 Hoxe vivimos a gran final do IX Concurso de Cociña de ASPACE Galicia, unha xornada chea de sabor, emoción e moitísimo talento!

Este ano todos os centros ASPACE desprazámonos ata Vigo para celebrar este encontro tan especial no Pazo Los Escudos Hotel Spa & Resort, onde o gran protagonista foi un produto tan noso como o queixo tetilla 🧀✨

Nesta edición vivimos un concurso moi competitivo, cun nivel altísimo que puxo moi difícil ao xurado escoller os pratos gañadores. Tanto na categoría tradicional como na de texturizados, todas as propostas estiveron á altura dun gran concurso, demostrando creatividade, esforzo e moitísimo traballo 👏✨

Queremos felicitar especialmente ás persoas gañadoras desta edición, e tamén dar as grazas aos 4 xurados increíbles que nos acompañaron nesta experiencia, así como a todas as persoas participantes, profesionais e colaboradoras que fixeron posible este concurso un ano máis 💙

Grazas por facer da cociña un espazo de inclusión, aprendizaxe e momentos inesquecibles 🥰

18/05/2026

✨ Aprendendo novas técnicas texturizadas ✨

Na terceira sesión do noso ciclo formativo en alimentación dende ASPACE Lugo tocou poñer as mans na masa cun obradoiro práctico da man do nutricionista, David Torres.

A través da experimentación e da creatividade, descubrimos novas maneiras de achegar sabor, cor e variedade aos pratos adaptados, empregando ingredientes sinxelos e saudables.

Durante o taller:
▫️ Experimentamos con diferentes sabores elaborados a base de vexetais e especias.
▫️ Aprendemos a adaptar preparacións a distintas texturas sen perder atractivo nin sabor.
▫️ Descubrimos como empregar hidratos de carbono e legumes para crear pratos ricos en proteína de maneira equilibrada.
▫️ Traballamos combinacións orixinais, saborosas e visuais para facer das comidas unha experiencia máis atractiva.
▫️ Compartimos ideas prácticas para elaborar pratos creativos pensados para todos os padais.

Unha sesión dinámica, participativa e moi enriquecedora, na que comprobamos que a alimentación adaptada tamén pode ser saborosa, colorida e chea de posibilidades.

Queremos agradecer especialmente a .supermercados pola súa colaboración e por facilitarnos todos os alimentos necesarios para poder experimentar, crear e seguir aprendendo xuntas nesta formación.

💙 Seguimos aprendendo, creando e compartindo recursos para unha alimentación máis segura, nutritiva e inclus

Photos from ASPACE LUGO's post 13/05/2026

✨ Aprendendo novas técnicas texturizadas ✨

Continuamos co noso ciclo de formación en alimentación dende ASPACE Lugo cunha segunda sesión centrada na deglutición segura e na adaptación das texturas no fogar.

Nesta ocasión contamos coa participación de Alba López , logopeda, e Antía Comesaña, dietista-nutricionista, que compartiron ferramentas prácticas e moi útiles para o día a día.

Durante a sesión aprendemos:
▫️ A identificar texturas seguras e aquelas que poden supoñer un risco de atragoamento.
▫️ A importancia dunha postura correcta tanto á hora de comer como de dar de comer.
▫️ Estratexias para favorecer unha deglutición máis segura no fogar.
▫️ Como identificar os diferentes niveis IDDSI segundo as necesidades de cada persoa.
▫️ A diferenciar de maneira sinxela as texturas dos alimentos habituais da casa e adaptalas correctamente.

Esta formación permitiunos adquirir coñecementos prácticos para facer das comidas un momento máis seguro, accesible e adaptado ás necesidades de cada persoa.

💙 Seguimos aprendendo xuntas para ofrecer unha atención máis segura e de maior calid

Photos from ASPACE LUGO's post 11/05/2026

✨ Alimentación segura no fogar✨

Dende ASPACE Lugo comezamos coa nosa formación en alimentación a través dun ciclo de 4 sesións formativas dirixidas a profesionais e familias, co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida e a seguridade alimentaria das persoas con parálise cerebral.

Nesta primeira sesión contamos con Laura Campello, dietista-nutricionista, quen nos axudou a comprender mellor as necesidades nutricionais asociadas á parálise cerebral, desmontando falsos mitos e poñendo o foco na importancia dunha alimentación equilibrada e adaptada.

Durante a formación abordáronse temas fundamentais como:
▫️ Os alimentos con maior risco de atragoamento.
▫️ Conceptos básicos sobre disfagia e broncoaspiración.
▫️ A importancia de cubrir correctamente as necesidades nutricionais en persoas con pouca mobilidade.
▫️ A prevención tanto de déficits nutricionais como de condutas alimentarias excesivamente restritivas.

Esta sesión serviunos tamén como punto de partida para continuar aprendendo na segunda formación, centrada na deglutición segura e nas texturas adaptadas.

💙 Seguimos creando espazos de aprendizaxe, intercambio e coidado compartido.

Photos from ASPACE LUGO's post 30/04/2026

👩‍🍳✨ IV Concurso ASPACE “Cociñamos Xuntos” ✨👨‍🍳

A semifinal de Lugo de hoxe estivo marcada por un nivel incrible 👏
Creatividade, esforzo e moitísimo talento en cada prato 💛

Queremos agradecer de corazón a asistencia do noso xurado:
👨‍🍳 Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo)
👨‍🍳 Alejandro Ares (Grupo Pazo de Vilaboa - A Coruña)
👨‍🍳 Juan Rubiños (Il Farabutto, Lugo)
Tivérono realmente difícil para escoller o equipo gañador!

🏆 Este ano, o equipo 2 leva o pase á gran final en Vigo o vindeiro 19 de maio 🎉

Parabéns a todas as persoas participantes por facelo tan especial! 💫

08/04/2026

Dende Aspace Lugo queremos expresar o noso máis sentido pésame polo falecemento de Olga Racamonde, concelleira de Benestar.

A súa dedicación, compromiso e sensibilidade coas persoas máis vulnerables deixan unha pegada fonda na nosa comunidade. Foi unha persoa próxima, implicada e sempre disposta a traballar por unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Enviamos unha forte aperta á súa familia, amizades e a todas as persoas que tiveron a sorte de coñecela e compartir camiño con ela.

Descanse en paz.

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Alfredo Brañas 1 Baixo
Lugo
27004

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00