Fapacel
Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de L
Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo
18/06/2026
Remata o curso, pero as demandas do CEIP Vista Alegre seguen pendentes. As familias non piden privilexios: piden un centro digno, accesible e adaptado ás necesidades do seu alumnado. O triste é que teñan que seguir saíndo á rúa para reclamar o que debería estar garantido.
A FAPACEL acompañou esta nova concentración para lembrar que detrás de cada reivindicación hai persoas, dereitos e unha comunidade educativa cansada de esperar. Porque mirar para outro lado tamén é unha decisión, e as necesidades do alumnado non poden seguir quedando para máis adiante.
17/06/2026
📚🎒 ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Desde FAPACEL lembramos ás familias que o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso está a piques de rematar.
⏳ Ata o 19 de xuño (incluído)
Estas axudas son unha ferramenta fundamental para favorecer a igualdade de oportunidades e aliviar o esforzo económico que supón o inicio do curso escolar.
📢 Se aínda non fixeches a solicitude, non o deixes para o último momento.
🤝 Comparte esta publicación para que a información chegue ao maior número posible de familias.
16/06/2026
DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ
🧩💚 𝐃Í𝐀 𝐃𝐀 𝐀𝐓𝐄𝐍𝐂𝐈Ó𝐍 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐄𝐑Á 💚🧩
Cada nena e cada neno merece crecer, aprender e desenvolver todo o seu potencial.
🤝 Familias acompañadas
🏫 Escolas inclusivas
👧👦 Infancia atendida desde os primeiros anos
🌱 Máis oportunidades para todas e todos
Desde a Confederación de ANPAS GALEGAS defendemos unha Atención Temperá 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞, 𝐜𝐨𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, na que familias, educación e servizos de apoio traballen da man.
𝐏𝐨𝐫𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐫 𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐨 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐚 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐳𝐚. 💚
💙𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐝𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐀𝐍𝐏𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚.
15/06/2026
🎒 Inicio das actividades lectivas:
📅 9 de setembro de 2026
🎓 Fin das actividades lectivas (xeral):
📅 21 de xuño de 2027
🎄 VACACIÓNS ESCOLARES
❄️ Nadal:
📅 do 22 de decembro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027 (incluídos)
🌸 Entroido:
📅 8, 9 e 10 de febreiro de 2027
✝️ Semana Santa:
📅 do 22 ao 29 de marzo de 2027 (incluídos)
Podedes consultar o texto completo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260615/AnuncioG0761-050626-0001_gl.html
13/06/2026
O próximo curso escolar comezará o 9 de setembro de 2026 e rematará o 21 de xuño de 2027.
O luns publicarase o calendario oficial.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50156?fbclid=IwdGRjcASaXWtjbGNrBJpdX2V4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkDDM1MDY4NTUzMTcyOAABHlB1uT5edX3RyXDOznl-NR7SJFwgvAMKWR5QfUpO4uSKQcE1L-Hoh80WPQQD_aem_zhnXG6xbZsMS0-qFghxWiA
O vindeiro curso escolar 2026-27 arrancará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional O curso escolar 2026-2027 comezará en Galicia o próximo 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027 para todas as etapas educativas, agás os segundos cursos dos ciclos de FP, que rematarán o 15 de xuño. A orde co calendario oficial completo publicarase este luns no Diario Oficial de Galicia...
12/06/2026
💙 12 de xuño | Día Mundial contra o Traballo Infantil 💙
👧👦 Hai mans que deberían estar aprendendo, xogando e soñando... non traballando.
A infancia é tempo de escola 📚, de xogos 🎨, de amizade 🤝 e de oportunidades 🌱.
Desde FAPACEL, defendemos o dereito de todos os nenos e nenas a medrar con dignidade, protección e esperanza.
💙 Porque ningún neno nin ningunha nena debería perder a súa infancia.
11/06/2026
Hoxe acompañamos á ANPA do CEIP Vista Alegre de Burela na súa reivindicación dun centro educativo nas mellores condicións posibles, no que o alumnado poida aprender con seguridade e desfrutar dunhas instalacións axeitadas e dignas.
Grazas a todas as familias polo seu compromiso e pola súa defensa do ensino público. Cada voz conta e cada paso suma para conseguir que a educación dos nosos fillos e fillas sexa cada vez mellor
10/06/2026
📢💙 MAÑÁ, TODOS E TODAS CO CEIP VISTA ALEGRE 💙📢
Hai causas que merecen ser escoitadas. Hai familias que levan tempo alzando a voz polo que consideran xusto. E hai nenos e nenas que merecen un centro educativo á altura das súas necesidades.
🤝 Desde FAPACEL queremos expresar o noso apoio total á concentración convocada pola ANPA do CEIP Vista Alegre de Burela.
📅 Mañá
🕗 20:00 h
📍 Praza da Mariña (Burela)
Porque detrás de cada reivindicación hai familias comprometidas, alumnado que merece o mellor e unha comunidade educativa que non se rende.
✨ Que a Praza da Mariña se encha de apoio.
✨ Que as voces das familias sexan escoitadas.
✨ Que o futuro do alumnado sexa unha prioridade.
💙 Non é só unha reivindicación. É unha mostra de unión, compromiso e amor pola educación dos nosos fillos e fillas.
ANPA CEIP Plurilingüe Vista Alegre
05/06/2026
Dende a Fapacel queremos por sobre a mesa a realidade dun alumnado que leva 2 anos preparandose para unha proba que determinará boa parte do seu futuro.
Un alumnado que se viu envolto en un erro que pode ser decisivo para o seu futuro...
En primeiro lugar, resulta inaceptable que unha proba que determina o acceso do alumnado á universidade presente erros de enunciado, problemas de tradución ou falta de adecuación ao temario.
En segundo lugar, a resposta institucional, baseada en desculpas e “criterios extraordinarios de corrección”, non resolve o problema de fondo.
E por último, a "falta de responsabilidade" da Consellería deixanos perplexos... Pero en que realidade paralela viven os dirixentes do ensino público? O que se agarda dunha autoridade educativa non son explicacións que difuminen responsabilidades, senón garantías claras, transparencia e medidas que eviten que o alumnado volva pagar os fallos do sistema.
A Xunta desprestixia a CIUG para deseñar as probas da PAU O conselleiro de Educación agocha a súa responsabilidade na xestión dos exames da selectividade.
05/06/2026
💙 Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, unha oportunidade para lembrar a importancia de coidar a extraordinaria riqueza natural da provincia de Lugo.
🌿 Dende a Mariña ata a montaña lucense, pasando polos nosos ríos, bosques e espazos protexidos, contamos cun patrimonio natural que forma parte da nosa historia, da nosa cultura e do noso futuro.
📚 A educación ambiental é fundamental para que nenos, nenas e mocidade aprendan a valorar, respectar e protexer este entorno privilexiado.
🤝 Desde a FAPACEL seguimos apostando por unha educación comprometida coa sustentabilidade e co coidado da nosa terra.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Edificio Cei Nodus Concello De Lugo FAPACEL Avenida A Coruña 500
Lugo
27003
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |