Soilar

Soilar

Compartir

Empresa de gestiòn y servicios musicales

Soilar como nombre comercial forma parte del Consorcio de Empresa Grupo Tu, que cuenta con una gran trayectoria profesional y se ha consolidado en diversos sectores como puede ser el mundo de los seguros, con esta nueva incorporación entra en el mundo de la música y con una apuesta en el Suministro y apoyo, para Escuelas de música, Conservatorios, Bandas, Orquestas, etc...

Es un placer para noso

17/03/2026

🎶 Concertos de fin de curso 🎶

Chega un dos momentos máis especiais do ano: os concertos de fin de trimestre.. Despois de meses de traballo, esforzo e moitas horas de ensaio, o alumnado ten a oportunidade de subir ao escenario e compartir todo o que aprenderon.

Pero estes concertos non son importantes só para quen participa. Tamén son unha ocasión perfecta para que o público goce da música en directo, descubra o talento que se está formando e viva de preto a ilusión e o progreso de cada estudante.

Cada actuación é única, chea de emoción, nervios e alegría. Para moitos alumnos e alumnas é a súa primeira experiencia nun escenario, e o apoio do público fai que ese momento sexa aínda máis especial.

Animámosvos a vir, escoitar e desfrutar da música. Seguro que vos sorprenderá todo o que se pode conseguir con dedicación, paixón e amor pola música. 🎵

🎶 Concertos de fin de 2ª avaliaciòn🎶

Chega un dos momentos máis especiais do ano: os concertos de fin de avaliaciòn. Despois de meses de traballo, esforzo e moitas horas de ensaio, o alumnado ten a oportunidade de subir ao escenario e compartir todo o que aprenderon.

Pero estes concertos non son importantes só para quen participa. Tamén son unha ocasión perfecta para que o público goce da música en directo, descubra o talento que se está formando e viva de preto a ilusión e o progreso de cada estudante.

Cada actuación é única, chea de emoción, nervios e alegría. Para moitos alumnos e alumnas é a súa primeira experiencia nun escenario, e o apoio do público fai que ese momento sexa aínda máis especial.

Animámosvos a vir, escoitar e desfrutar da música. Seguro que vos sorprenderá todo o que se pode conseguir con dedicación, paixón e amor pola música. 🎵

19/12/2025

Que gusto da ver o funcionamento das Esmu,meste caso a escola de Ferreira do Valdouro comezamos no mes de marzo e o resultado é impresionante!!!
Noraboa a toda a directiva da asociaciòn “O compás do río Ouro” por todo o traballo feito!!!
Vémonos as 20.00 h.

19/12/2025

Comezan as audiciòns nas nosas Escolas de Música!

11/12/2025

Non faltes!! Concerto de Nadal🎶 achegádevos para disfrutar da música🎵

11/12/2025

E por fin chega o concerto de Nadal!!!
Esperámovos tamén o día 26 de decembro pra despedir o ano!!!

27/09/2025

📣 𝐀𝐕𝐈𝐒𝐎 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄 – 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐑𝐓𝐎 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐆𝐀𝐋𝐔 𝐄𝐍 𝐀𝐋𝐅𝐎𝐙

Lembramos que o 27 de setembro temos concerto da Banda de Música Ao Compás do Río Ouro dentro do programa Tradigalu da Deputación de Lugo 🎶.

🔄 Por causas alleas ao Concello, o inicio do concerto retrásase polo menos ata as 20:30 horas.

📍 Lugar: Casa da Cultura de Alfoz

🎼 Desculpade as molestias e animádevos a vir g***r da mellor música tradicional.

19/09/2025

Benvido!!!

👏🏽 E xa para rematar de coñecer aos nosos profes... 👏🏽

Manuel García Carrera profe de Vento Madeira

Un músico lucense nado no ano 1999. Comeza os seus estudos de saxofón aos 10 anos no Conservatorio Xoán Montes de Lugo e continúa cos mesmos alternando entre os conservatorios de Vigo e Lugo.

Neste periodo de tempo participa en múltiples agrupacións musicais tales como o Ateneo
Musical de Bembribe, a Banda Filarmónica de Lugo, e distintas formacións corais, de banda
e charanga. Nese momento tamén comeza a súa experiencia na enseñanza, dando clases
particulares a nenos, nenas e adultos pola súa conta ou en academias de música.

No ano 2017 consegue o 1º premio do concurso de solistas do Conservatorio Xoán Montes
e no ano 2018 é seleccionado para tocar un concerto no paraninfo da USC no Ciclo de
Novos Talentos de Compostela Sound. Nese mesmo ano finaliza os seus estudos musicais
no conservatorio de Lugo.

Tras rematar o grao profesional de saxofón, cursa na USC o grao de Mestre en Educación
Primaria, chegando a facer prácticas como profesor de música en colexios de Lugo e
Santiago de Compostela. Neste momento comeza tamén o seu interese por ámbitos
musicas máis afastados do académico; aprende a pinchar música de forma autodidacta e
desde entón ten participado como DJ en distintas festas de carácter urbano.

No ano 2022 comeza a traballar no mundo das orquestras de verbena. Actualmente e
desde o ano 2024 forma parte do plantel da Orquesta Acordes de Lugo

Grazas Manu por sumarte ao noso equipo!

17/09/2025

Toda unha profesional

😊 Continuamos coñecendo aos nosos profes 😉

Yasmina letum Tomé

Estudia Grado Profesional de Piano en el conservatorio de Música de Lugo y el Grado de Música e la universidad
Internacional de La Rioja.

Colaboró como pianista en el proyecto "Concertos para o Camiño", en donde se realizaban conciertos en distintas iglesias de la ruta Xacobea: O Cebreiro, Melide, Palas de Reí, Portomarín, Lugo..

Impartiu clases como docente en el conservatorio de música del Colegio Internacional Eirís( A Coruña), en la Escuela de música de Meira, en la Escuela de música tradicional Galega de Lugo (Tradescola), en la escuela de música de Vilalba.

É unha sorte contar con ela na

15/09/2025

🎸 É a quenda de Manu! 🎸

Manu, nado en Lugo. É profe de guitarra clásica, guitarra eléctrica, baixo e ukelele. Leva na ESMUG dende 2017 e volveremos a velo neste novo curso.

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e, posteriormente, gradúase en guitarra no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Nesta mesma época, tamén forma parte da agrupación Galaicum Ensemble.

Actualmente, desenvolve a súa labor como docente nas Escolas de Música Municipais de Guitirz, Curtis e Teixeiro e na Escola Oficial de Música Cantarela, no centro educativo
Galén (Lugo).

Se queres aprender con Manu, vente a 😉

12/09/2025

💪🏼 Hoxe coñecendo aos nosos profes presentamos a uns dos nosos piares na Escola 💪🏼

Fran Cupeiro!!

Francisco Javier Garcia Canto, nacido no concello de Castro de Rei (Lugo) fal 41 anos. Na Esmu é o encargado da dirección da escola, da dirección da banda, director do grupo de Gaitas, grupo da Uned Senior (Guitiriz) e da charanga Os Trileros (formada dentro da escola).

Estuda o grado elemental e profesional no Conservatorio de Vilalba e o Grado Superior no conservatorio Superior da
Coruña.

Leva traballando na escola de Guitiriz 24 anos.
El comparte docencia co grupo os Valuros (33 anos), Escola e director da Banda Municipal de Meira (20 anos), Universidade Senior da Coruña (11 anos), Foliada de Bosende (8 anos).
Na Esmu é o encargado da dirección da escola, da dirección da banda, director do grupo de Gaitas, grupo da Uned Senior (Guitiriz) e da charanga Os Trileros (formada dentro da escola).

Temos moita sorte de contar con Fran na nosa

12/09/2025

Unha profe 10!!!!

😝 SEGUIMOS COÑECENDO AOS NOSOS PROFES 😝

Andrea Méndez Soto, por 4º ano consecutivo será a nosa profe de vento metal, acordeón e iniciación á música.

Nada na Ponte de Outeiro, Castro de Rei, Lugo.
Coñece a música a través da trompeta, no ano 2015 coa creación da Banda de Música de Castro de Rei, e coa gaita no grupo Cerna de Arbol e Os Valuros.

No ano 2016 comenzará os seus estudos de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Rematándoos no pasado 2022. E de gaita no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Luga, pechando o grado profesional o pasado ano.

Formou parte da Banda Sinfónica Infantil de Galicia no ano 2017 e no 2018.

Actualmente, estuda Gaita e Trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

🧐 ANOTÁTE!

08/09/2025

Benvido a Soilar!!!

🔥 ARRANCAMOS O CURSO 25/26 COÑECENDO AO NOSO PROFESORADO 🔥

Adán García Rodríguez profe de Percusión 🥁

Nado en Portomarín, Lugo comeza os seus estudios musicais en 2017 na escola da Banda de Musica Municipal de Agolada.

No ano 2018 ingresa no conservatorio profesional de Lalín e no 2022 no Superior de A Coruña, estudos que segue cursando actualmente.

Tamén colabora coa Banda Municipal de Coruña e de Santiago ao mesmo tempo que é alumno
activo da Xoven Orquesta da Sinfónica de Galicia.

Canto imos aprender contigo! 😊

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Página web

Dirección


Carril Das Encrucilladas 7
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 13:30
Martes 10:30 - 13:30
Miércoles 10:30 - 13:30
Jueves 10:30 - 13:30
Viernes 10:30 - 13:30