A Riala
A simpleza dunha fermosa taberna
14/09/2026
✴️ 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 ✴️
Se che interesa formar parte deste novo proxecto fainos chegar o teu CV!
E se non... agradecemos difusión 😉
13/09/2026
Non pode ser doutro xeito! O fin desta primeira (e marabillosa) tempada hai que celebralo por todo o alto!
Un día para desfrutar, para lembrar e para emocionarse! Con boa música, con boa comida e, por suposto... con vós!
Acompañádenos neste (polo de agora) último baile 🤗
11/09/2026
chega, por fin, o próximo xoves xoves ao noso [·] 𝗗𝗘 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢! 🎶
Un concerto onde o é o gran protagonista, acompañado de boas voces, moito ritmo e unha proposta fresca e divertida. A combinación perfecta para desfrutar dunha noite de verán!
📅 NOVA DATA: 17 de Setembro
⌚ 21:00 h
📍 A Riala Taberna (terraza)
Coma sempre, con taquilla inversa!
06/09/2026
O próximo xoves despedirán o 𝗜𝗜𝗜 [·] 𝗗𝗘 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢! 🎸
Unha descarga de , e actitude sobre o escenario. Un directo intenso, irreverente e cheo de enerxía para poñer o broche de ouro a esta edición!
📅 Xoves 10 de setembro
⌚ 21:00 h
📍 A Riala Taberna (terraza)
Coma sempre, con taquilla inversa!
02/09/2026
O QUE XA NON É
En setembro recibimos en A Riala a exposición fotográfica de Aroa MS | Fotografía despierta ✨ .
Unha mirada á memoria, á perda e a todos eses lugares e rostros que xa non están, pero que seguen formando parte de nós.
E será a derradeira exposición antes de pechar a nosa etapa na Estrada.
📍 A Riala Taberna · A Estrada
📷 Aroa Martínez
🗓️ Todo setembro
30/08/2026
📢 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢
O concerto de Antares, programado para o xoves 3 de setembro, queda finalmente cancelado.
Seguimos véndonos no [·] 𝗗𝗘 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢, que aínda queda o último concerto! 🎶
28/08/2026
🎷 ONDE ÍA ANTARES, AGORA CHEGA BLUESANDIAGO.
O concerto de Antares que tiñamos previsto finalmente tivo que ser cancelado por motivos de conciliación laboral.
E como na Riala somos partidarios de que os problemas se resolvan con música, xa temos substituto. 😏
O xoves 3 de setembro, recibimos a Bluesandiago, un encontro de blues, jazz e ragtime con clarinete, ritmo e unha desas formacións que prometen unha noite diferente.
📅 Xoves 3 de setembro
🕘 21:00 h
📍 A Riala Taberna · A Estrada
🎟️ Taquilla inversa
Así que cambiamos de banda, pero non de plan: música en directo, taberna e xente reunida arredor dunha mesa.
E se había que cubrir un oco, que fose con blues. 🎶
Queres formar parte deste equip(az)o? 🤗
📲 Mándanos unha mensaxe privada
📍Visítanos na zona dos viños
📧 Manda un mail a [email protected]
26/08/2026
🌧️ ADIADO!
Non é que teñamos medo á choiva… pero cun 95% de posibilidades de que chova, parece que o ceo ten bastante claro o plan para o xoves. 😂
Así que, por responsabilidade e para non converter o III [·] DE ENCONTRO nun campionato de ukuleles acuáticos, adiamos o concerto de Ukestra do Medio .
En breve contámosvos a nova data. O que temos claro é que os ukuleles volverán soar na Riala. E esperamos que desta vez sen necesidade de impermeables. ☔️🎶
Grazas pola comprensión e desculpade as molestias. ❤️
Precisamos de ti!! 🫵
Se sabes de alguén (ou eres ti esa persoa) que queira quedar con este pasillo taaaan bonito...
📲 Mándanos unha mensaxe privada
📍Visítanos na zona dos viños
📧 Manda un mail a [email protected]
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Travesia Da Igrexa, 7
La Estrada
36680
Horario de Apertura
| Miércoles | 12:00 - 16:00 |
| 19:00 - 23:00 | |
| Jueves | 12:00 - 16:00 |
| 19:00 - 23:00 |