Rexenerando

Rexenerando

Compartir

Participación, igualdade e cultura. Rexenerando S. Coop. é unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada no 2014 en Ferrolterra.

Desde ela, un equipo interdisciplinar de persoas desenvolvemos proxectos para a xustiza social arredor de tres eixos de traballo, que son tamén tres grandes valores que nos guían: a participación e a democracia; a igualdade e a atención á diversidade; e o respecto pola historia e a cultura. Contacta connosco en [email protected] ou no 604 03 35 15.


--
De acordo co establecido pola normativa de protección de datos, informamos que ao facer uso desta páxina, vostede atense á política de protección de datos disposta por Facebook. Deberá ter en conta que, ao realizar comentarios ou pulsar “gústame” ás publicacións desta páxina, tanto os comentarios realizados como o seu nome de usuaria/o serán visibles e accesibles para o resto de usuarias/os desta páxina. Vostede mesma/o poderá editar e/ou eliminar os comentarios que vostede mesma/o realizase. Se desexa que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo ou calquera outro elemento relacionado co seu nome de usuaria/o, poderá comunicalo enviándonos unha mensaxe privada, ou por correo electrónico: [email protected].

17/09/2026

Esta semana estamos de celebración!

A Deputación da Coruña resolveu a VIII convocatoria dos Premios Luísa Villalta e recoñeceu a nosa proposta: Non as vin, pero sentinas. Laboratorio cidadán para a memoria das mulleres disidentes, destacando a aposta “pola recuperación da memoria histórica de mulleres e identidades disidentes desde unha perspectiva feminista e interseccional, mediante ferramentas de etnografía feminista e investigación-acción participativa, así como polas alianzas co tecido asociativo”.

É unha proposta que nos fai especial ilusión e que cociñamos man a man coas queridas Daniela Ferrández e Ánxela Lema París . Pronto vos contaremos máis!

Grazas á Deputación da Coruña por apostar e apoiar proxectos para a promoción da igualdade, e parabéns a todas as compañeiras premiadas.

03/09/2026

Últimos días para presentar o teu cole ou instituto á convocatoria de Centros PLANEA!

Que aínda non tedes moi claro de que vai ou por que paga a pena? Dentro vídeo coa experiencia do pasado curso no CEIP de Barouta e CEIP As Covas Meaño!

Toda a información sobre a convocatoria e como presentala no enlace da nosa bio e en redplanea.org .
O prazo remata o vindeiro día 7.

Para calquera dúbida, atendémosvos en [email protected] ou no 604 03 35 15.

Grazas por este vídeo chulísimo, e coma sempre ás artistas e comunidades educativas destes dous centros cos que seguiremos tramando no curso que comeza.


.coop


Esta é posible grazas ao impulso da . Está formada por .

Photos from Rexenerando's post 02/09/2026

Un rural vivo é aquel cheo de historias; de riqueza alimentaria; de persoas enraizadas; de organismos motivados que artellan fórmulas por preservar o noso territorio.

O Concello de San Sadurniño Concello de San Sadurniño impulsa iniciativas que colocan no centro o coidado da terra e a conexión co territorio e divulga os proxectos que se artellan nel. Neste ano, dende Rexenerando acompañamos o seu impulso, e aparecemos pola XXIX Feira da Plantación e na XVI Feira Rural para facilitar espazos de encontro para as veciñas e persoas asistentes.

Dinamizamos unha actividade familiar inspirada nos obradoiros didácticos de Terra de Vida. Un xogo de pistas onde as familias colaboraban para completar todos os retos propostos. Curioseamos na biodiversidade da Cortiña, percorrimos o arboreto didáctico e coñecimos ás criaturas da Fraga Máxica.

Ademais, como os últimos anos, acompañamos a cata – degustación de froita autóctona, onde puidemos probar sabores que nos reconectan cos da nosa infancia. Este traballo é posible grazas á Asociación Galega de Froita Autóctona AGFA, que traballa no territorio de San Sadurniño recuperando estes sabores e divulgando sobre un quefacer sostible, ético e de proximidade.

Grazas un ano máis ao Concello de San Sadurniño pola confianza depositada en nós, a todas as persoas que vos achegastes, e a cada unha que fai posible que estes proxectos saian adiante.

Photos from Rexenerando's post 05/08/2026

Coma cada ano por estas datas, tócanos parar. Agosto é para descansar, parar a cabeciña, arrecender a salitre e ocuparnos doutras cousas. Botamos o peche por vacacións e collemos folgos.

Voltamos en setembro, coa casa nova xa colocada, na rúa Rafael Alberti, nº13.

Photos from Rexenerando's post 03/08/2026

Xullo é tempo de facer balances. De xuntarnos para avaliar, coidarnos e pensar no que vén. Este ano, ademais, tocounos embalar, cargar e transportar.
Despois de 12 anos en Ferrolterra, Rexenerando muda de enderezo.

Ferrol é parte da nosa historia, da nosa identidade e do moito que fomos construíndo neste tempo. Da cidade que nos viu medrar aprendemos a necesidade de revisitar a historia e dignificala, a sentirnos orgullosas da nosa identidade obreira e labrega, a constatar que, ante as dificultades, organizarse e rebelarse é o camiño.

Agora é tempo de que a casa acompañe a vida así que cruzamos o Arco Ártabro e instalámonos na Coruña. E así andamos: entre espazos de planificación, de celebración, e algunha que outra mesa que non sabemos moi ben onde meter.

Miramos para atrás con aprecio. E para adiante con curiosidade.

Mudamos de enderezo. Non de dirección.

Grazas a todas as persoas e colectivos coas que facemos camiño.

📸augurando camiños, feita hai catro anos pola nosa querida Vitoria Lopes

📸foto de familia, despedíndonos do noso fogar ferrolá, pola nosa veciña Alicia Seoane

27/07/2026

O mes pasado, ao tempo que conmemorabamos o Orgullo LGBTIQA+, pechabamos tamén unha nova edición da formación que desenvolvemos para a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sobre delitos de odio por orientación sexual e identidade de xénero.

Dende Rexenerando pensamos que construír administracións públicas máis comprometidas cos dereitos das persoas LGBTIQA+ tamén pasa por crear espazos dende os que parar e revisar as nosas prácticas. Así, ao longo destas sesións presentamos o marco normativo, aclaramos conceptos que con frecuencia se empregan de maneira imprecisa, analizamos como se manifestan as diferentes formas da violencia lgbtifóbica e compartimos ferramentas concretas para a súa prevención, detección e intervención.

Facémolo dende unha idea que para nós é fundamental: a resposta fronte ás violencias non comeza unicamente cando falamos de delitos de odio. Comeza moito antes, na capacidade de identificar as discriminacións cotiás, de non normalizar os discursos que exclúen e de actuar de maneira corresponsable dende cada posto de traballo.

Nun contexto no que o último informe Estado do Odio 2026 da FELGTBI+ alerta de que o 54 % das persoas LGBTIQ+ afirma ter sufrido algunha situación de odio, xa sexa no espazo físico ou nas contornas dixitais, e no que os centros de traballo continúan sendo un dos principais escenarios destas violencias, seguir formando ás persoas que sosteñen os servizos públicos é máis necesario ca nunca. Porque a garantía efectiva de dereitos tamén se constrúe dende a capacidade das institucións para recoñecer, previr e responder ás diferentes manifestacións da lgbtifobia.

Moitas grazas á EGAP e, sobre todo, ás persoas participantes, pola implicación e as ganas de seguir facendo das nosas institucións espazos máis xustos, máis seguros e máis respectuosos para todas as persoas.

Seguimos. 🌈

Photos from Rexenerando's post 17/07/2026

Crear pontes entre a xuventude e  as administracións públicas pasa por xerar espazos de reflexión e conversa nos que poidan compartir as súas inquedanzas, expresar a súa voz e desenvolver a súa capacidade para analizar, propoñer e transformar a súa realidade. 

Dentro do noso traballo na Escola de Participación Cidadá de Narón  e sempre cos valores da democracia e de xustiza social presentes, nacen os Espazos de Participación Xuvenil co obxectivo de escoitar á xente moza, incorporar as súas achegas aos procesos de decisión e favorecer que teña influencia real nas estratexias e políticas municipais. 

Durante as sesións de traballo reflexionamos sobre o dereito de participar, e as fórmulas que existen para facelo; indagamos nas súas necesidades e ideamos propostas de cambio para favorecer o seu benestar.

A actividade culminou co Espazo Intercentros; un encontro onde o alumnado de diferentes centros puxeron en común os temas traballados na aula; buscaron sinerxías entre as súas ideas e construíron propostas de cambios que foron trasladadas ao Concello de Narón. 

Agradecemos ao Concello de Narón e ao Servizo Sociocomunitario pola confianza no noso equipo para acompañar este proceso. Tamén aos centros participantes e ao seu profesorado pola facilidade na coordinación e apoio. 

Os Espazos de Participación Xuvenil son unha mostra dos procesos participativos que facilitamos con infancias e adolescencias. Se queres saber máis, visita a nosa web en https://rexenerando.com/facemos/proxectos/ baixo a etiqueta “Participación”.

15/07/2026

Hai propostas que chegan ás aulas en forma de caixa, de maceta ou de bote de pintura. Pero o que realmente conteñen son preguntas, conversas e posibilidades.

Os Centros Colaboradores de PLANEA reciben cada curso unha proposta creada por unha artista para ser desenvolvida de maneira autónoma nos centros. Unha guía, unha caixa de recursos e diferentes espazos de formación e acompañamento para desenvolver a proposta no centro.

Cada escola fai seu o punto de partida. Adapta, transforma, proba, dubida, inventa. E nese camiño van aparecendo aprendizaxes que só poden xurdir cando hai tempo para crear, compartir e mirar a escola doutro xeito.

Neste vídeo recollemos algunhas das voces participantes neste curso 2025/26. Grazas a todas as docentes participantes por embarcarse connosco nesta primeira edición galega, e a toda a rede dos CFR polo acompañamento para garantir o seu impacto no sistema educativo galego. A , , , e , por poñer todo o seu mimo e bo facer ao servizo deste territorio.

E si, xa estamos preparando a vindeira convocatoria de Centros Colaboradores! Se formas parte dun centro educativo non perdas de vista as nosas redes: en setembro compartiremos máis información.


Esta rede é posible grazas ao impulso da . Está formada por .

Photos from Rexenerando's post 13/07/2026

A finais de xuño tivemos a sorte de volver a xuntarnos co profesorado e persoal técnico municipal que fan posible o LAB LGBT+.

Foi un encontro para compartir o aprendido nestes dous anos, presentar os retos do próximo curso e, sobre todo, recoñecer algo que ás veces pasa desapercibido: os cambios nos centros educativos constrúense grazas ao compromiso cotián de quen decide implicarse.

Queremos agradecer especialmente ao profesorado dos centros participantes a súa vontade de seguir abrindo espazos seguros para falar de diversidade sexual, de acompañar ao alumnado, de facer fronte ás resistencias e de tecer redes con outras compañeiras e compañeiros.

Durante a conversa compartida apareceu unha idea que nos emociona especialmente: o máis valioso do LAB LGBT+ non son soamente os obradoiros co alumnado ou as actividades formativas, senón as relacións, as alianzas e a comunidade que estamos construíndo xuntas para que cada vez máis centros sexan lugares onde todas as persoas poidan vivir con liberdade, seguridade e recoñecemento.

Grazas por formar parte deste camiño. Seguimos.


O LAB LGBT+ é posible grazas ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026 da Deputación da Coruña
(FOIO0A/2026), financiado cunha axuda de 25.455,63€

10/07/2026

Integrar as prácticas artísticas na vida da escola pode abrir novas formas de aprender, de relacionarse e de transformar a educación.

A convocatoria de Centros PLANEA propón un itinerario de tres cursos escolares para que os centros educativos públicos desenvolvan un Proxecto Artístico de Centro acompañado polos nodos de mediación da rede. Un proceso sostido, compartido e adaptado á realidade de cada comunidade educativa.

A arte convértese así nunha ferramenta transversal para xerar pensamento crítico, crear novas narrativas, dar resposta aos retos da comunidade educativa e fortalecer os vínculos entre a escola e o seu territorio.

Porque transformar unha escola leva tempo. E tamén require unha comunidade implicada, espazos para experimentar e unha rede que sosteña o proceso.

Se no voso centro hai ganas de explorar o potencial das prácticas artísticas para transformar a educación, presentade candidatura! O prazo está aberto ata o 7 de setembro.

En Galicia seleccionaranse 2 novos Centros PLANEA para incorporarse á rede PLANEA no curso 2026/2027.

Máis información en linktr.ee/rexenerandocoop e en www.redplanea.org.

🎬


Esta rede é posible grazas ao impulso da . Está formada por .

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Ferrol?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Ferrol

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30