ANPA O Ramo

ANPA O Ramo

Compartir

Páxina da Anpa O Ramo coa que pretendemos dar a coñecer todas aquelas informacións, novidades, d?

08/09/2026

EXTRAESCOLARES CURSO 2026/2027
🎾 ♟️🎶🥁💃🕺🥋🤖🍴🍳

A partir de hoxe e ata o 20 de setembro podedes pre-inscribiros nas actividades extraescolares.

O 21 de setembro confirmaremos as actividades que acadaron o grupo mínimo para impartirse.

🚨IMPORTANTE:

➡️Só se realizarán aquelas actividades que acaden o número mínimo de alumnos-as que figura no cadro.
➡️Para acceso ás extraescolares é preciso ser socio da ANPA (25,00 euros ao ano por familia) ou, de non querer ser socio, pagar a cota de actividades (25,00 euros ao ano por familia).
➡️Impartiranse de outubro a maio (ambos meses incluidos) ou mentras se manteña o grupo mínimo establecido pola empresa.
➡️A cota abonarase nos 10 primeiros días do mes e é fixa todos os meses. Só se descontará cando o indique a empresa que as imparte.

📭📩Se estades interesados nalgunha extraescolar escribide a [email protected]

08/09/2026

INICIO MADRUGADORES E LUDOTECA
🏫📚🎒⏰🌲

Mañá primeiro día de clase estarán dispoñibles os servizos madruga e ludoteca no CEIP Plurilingüe O Ramo a través de La Guagua Animación y Servicios.

Este servizos están xestionados pola ANPA.
Para asistir a ambos servizos é preciso estar debidamente inscrito de forma previa.

Para máis información escribide a:
[email protected]

02/09/2026

INSCRICIÓNS MADRUGA E LUDOTECA ‼️
a partir de hoxe mércores 2 de setembro
🏫📚⏰🧒👦🎒

Na asemblea extraordinaria deste luns 31 de agosto as familias socias aprobaron a proposta de actividades extraescolares e as condicións dos servizos madruga e ludoteca para este curso 2026/2027 no CEIP Plurilingüe O Ramo.

➡️Madruga: desde as 07:30 horas ata entrada ás aulas (09:30 horas)
➡️Ludoteca: desde as 16:00 horas ata as 17:30 horas.

Ambos servizos coa La Guagua Animación y Servicios

📩As familias socias tedes información detallada nos vosos correos, as fichas de socios e as fichas se inscripción dos servizos madruga e ludoteca coas condicións de cada servizo (prezos, normas, etc.).

🚨As familias non socias da ANPA ou novas no colexio podedes solicitar información no seguinte correo electrónico:
[email protected]

30/08/2026

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA SOCIOS-AS
🗓️Luns 31 de agosto de 2026
📍Na Liga de Amigos de Barallobre
⏰Primeira convocatoria: ás 20:00 horas (de non estar a metade dos-as socios-as, esperaremos á segunda convocatoria para comenzar a reunión)
Segunda convocatoria: ás 20:15 horas

Coa seguinte ORDE DO DIA 🗒️
1. Lectura e aprobación da acta anterior (asemblea extraordinaria 30 de outubro 2025)
2. Proposta de actividades extraescolares 2026/2027
3. Servicios madruga e ludoteca curso 2026/2027

📩 Familias socias, tedes máis información de cada punto nos vosos correos electrónicos.

🗳️Se non podedes asistir podedes delegar o voto nun-ha socio-a asistente como está indicado no correo.

Photos from ANPA O Ramo's post 04/12/2025

NADAL 2025 🎄❄️ 🎁 🎅 🌟 no CEIP Plurilingüe O Ramo

Colabora: Concello de Fene a través de axudas.

Photos from ANPA O Ramo's post 30/11/2025

Grazas a todos-as os-as participantes no taller de postais de Nadal hoxe coa Liga de Amigos de Barallobre.

Temos xa postal para felicitar as festas!
Elixida ao azar saiu esta postal de Érika.

Grazas a Golosinas Ameneiral - Lucky poñas bolsiñas doces e a Churros Caseros do Ambigú pola merenda de churros e chocolate.

Grazas tamén ao Concello de Fene pola súa
colaboración a través de axudas.

16/11/2025

TALLER POSTAIS DE NADAL 2025
🎄 🎨 🖼️ 👦 👧 👑 🎅

O domingo 30 de novembro coa Liga de Amigos de Barallobre organizamos este taller de postais de Nadal para as familias socias, as cales tedes máis información nos vosos correos.

Animádevos a vir!

Colabora: Concello de Fene

Photos from ANPA O Ramo's post 08/11/2025

TALLER CABAZAS E MURAL SAMAIN
🎃 🥄 🧙‍♀️ 🎨 👦 👧 🏫 🍂

Grazas a tod@s participantes no taller de hoxe coa Liga de Amigos de Barallobre.
Vaia artistas!

E Grazas a Golosinas Ameneiral - Lucky e ao Ambigú Churros Caseros polo detalle doce e a merenda.
Tamén ao Concello de Fene pola axuda a través da subvención de concorrencia.

28/10/2025

TALLER DE CABAZAS POLO SAMAÍN
🕯️ 🎃 🎃 💀 💀 🎃 🎃 🕯️

O sábado 8 de novembro a partir das 11.00 horas en colaboración vía Liga de Amigos de Barallobre.
Para familias socias 👦 👧 🎟️ da Anpa ou da Liga.

Tedes información nos vosos correos.
📲 📬

Animádevos! Haberá un detalle doce para os-as participantes e a continuación xogos de mesa.

Colabora: Concello de Fene

***O magosto da tarde só para socios-as da Liga de Amigos 🚨

15/09/2025

PROPOSTA EXTRAESCOLARES 2025/2026
🎭 💃 🕺 🎾 🧘‍♂️ 🧘‍♀️ ♟️ 🎨 🎶 🧪 🤖 🥘 🪘

As familias socias tedes a información nos vosos correos. As familias non socias contactade por correo electrónico [email protected]

🚨 É necesario acadar o mínimo de alumnos-as de cada actividade para poder comezala.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Fene?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Calle De Pablo Ares Feal, 28
Fene
15528