Ubuntu Refugallos

Ubuntu Refugallos

Compartir

Tenda de artesanía, Libraría, Cousas bonitas

Photos from Ubuntu Refugallos's post 24/09/2026

Vou facer unha aclaración para todas as que pasastes diante do escaparate e non percibistes o matiz.

🖼️📖 Quixen facer unha relación persoal entre un libro e unha lámina das que teño na tenda, evidentemente teño máis libros e máis láminas, pero non máis sitio no escaparate.

Xa me diredes que vos parece, se son axeitadas e acertadas as relacións que fixen, ou se tedes algunha proposta que facer.
Sempre aberta a suxerencias✨📫

Parécevos que están ben relacionadas as temáticas dos libros coas das láminas?

Photos from Ubuntu Refugallos's post 23/09/2026

Últimamente o entorno social estase volvendo mais odioso e violento cada día, querendo levar a razón pola forza, e exercendo todo tipo de violencias sen razón.

Por eso precisamos a media semana un respiro, unha alegría, un soplo de amor que nos faga seguir tendo esperanzas e confianza na humanidade.

Graza Ana Méndez Cerámica por esta reposición de corazóns, de bonitura e de cor, é o noso xeito de contraatacar as forzas do mal.

(De Ana viñeiron máis cousiñas pero hoxe precisaba unha dose de amor ❤️🧡💛💚💙💜🤎🖤🤍🩷🩵🩶)

Photos from Ubuntu Refugallos's post 18/09/2026

Asterix e Obelix para lucir, chegou un par en talle pequeno con Idefix

O Principiños sempre é un acerto

Rock & roll, sintes, Bowie, the dark side of the moon....todo soa a stranger things

Aquí un combi perfecto, calcetins de Popeye e Olivia e a súa carteiriña a xogo

A ver .... jajajaja

Photos from Ubuntu Refugallos's post 17/09/2026

Novos marquiños que tanto vos gustan, novos modelos, novas cores e novidades novedosas.

Tanta foto en dixit....cando de sempre se revelaron e se poñian por toda a casa as imaxes dos seres queridis.

Hai que voltar ao analóxico que o dixital acaba con nós!!

Photos from Ubuntu Refugallos's post 15/09/2026

📓 Cadernos parte II

Seguimos coas páxinas en branco pero con unhas portadas e contra portadas que son espectaculares.

Seguro que non tedes nada que anotar?? 🖊️ 📖

Photos from Ubuntu Refugallos's post 14/09/2026

📓 Cadernos parte 1

Como xa comezamos as clases aquí vos deixo unha primeira selección de cadernos para que escribades o que mais vos apeteza.... quizais sodes unhas escritoras en potencia e non o sabiades, de novela, de ensaio, quizá poesía....ou simplemente os apuntes da clase de xeometría....

Xa que se nos acaba o mundo e as máquinas van destruir á humanidade (onte vin Matrix 😅) podemos voltar a usar a intelixencia emocional e volvernos románticas escribindo en papel como se facía non hai tanto tempo atrás..... 🖋️ 📖

Photos from Ubuntu Refugallos's post 09/09/2026

🕯️ Candeas de feitas con cera de soia, en formato tarro e en lata ideais para un agasallo especial xunto cos mistos que veñen en caixiña que podedes encher.

Deseño + aroma = acerto garantido ✅

Photos from Ubuntu Refugallos's post 07/09/2026

Estamos en tempo de desconto para a volta ao cole e aquí quedan as últimas unidades de estoxos a xogo coas libretas (que teñen texturas)
Tamén algún bolsiño por aquelo de ir de paseo as findes.

Photos from Ubuntu Refugallos's post 03/09/2026

Vidas en novela gráfica

¿Quieres que tu empresa sea el Tienda mas cotizado en Chantada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Uxío Novoneyra Nº16 Baixo
Chantada
27500

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Martes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00