BNG Cerceda
Conta oficial de Facebook do BNG de Cerceda
31/01/2026
Foise un magnífico alcalde e mellor persoa. Que a terra che sexa leve Paco, as túas ensinanzas serán guía!
Despedimos con fonda tristeza a PACO GARCÍA, referente do BNG, ex-alcalde de Allariz e exemplo de compromiso, coherencia e amor por Galiza.
Paco foi un home e un militante profundamente comprometido coa xustiza social, coa defensa de Galiza e cunha maneira digna e valente de facer política, sempre pensando no ben común.
Deixa unha pegada fonda no nacionalismo galego e no corazón de quen compartimos con el loitas, soños e camiño. O seu legado seguirá vivo no traballo colectivo e nos valores que nos transmitiu.
Que a terra che sexa leve, compañeiro. 💙
31/01/2026
O BNG de Cerceda quere manifestar publicamente a súa total disposición a colaborar co Goberno Municipal para dar unha resposta rápida e eficaz ás familias do edificio que quedaron sen subministración de gas como consecuencia da caída dun raio.
Estamos ante unha situación excepcional, allea á vontade das persoas afectadas, que require sentido común, coordinación institucional e vontade de sumar. Desde o BNG entendemos que, nestes momentos, o máis importante é poñer os recursos públicos ao servizo da veciñanza e facilitar solucións prácticas que garantan condicións básicas de benestar e hixiene mentres non se restablece o servizo.
Por ese motivo, trasladamos ao Goberno Municipal a nosa disposición a colaborar en todo o que sexa necesario, apoiando as medidas que se consideren oportunas, como a habilitación das duchas da piscina municipal ou calquera outra alternativa viable. O noso papel, como forza política responsable, é contribuír a resolver os problemas reais da xente, deixando a un lado diferenzas e priorizando o interese común.
O BNG de Cerceda estará ao lado do Goberno Municipal e da veciñanza sempre que faga falta, sumando esforzos, achegando propostas e traballando con lealdade institucional.
12/01/2026
É moita hora de que se arranxen os problemas co suministro eléctrico en Meirama. https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2026/01/11/meirama-productora-energetica-luz-estable-125558243.html?utm_campaign=mrf-facebook-laopinioncoruna&mrfcid=2026011169635c885fb5e60883265ff7&fbclid=IwdGRjcAPRghtjbGNrA9GCE2V4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkDDM1MDY4NTUzMTcyOAABHt9wAi32zTYs5V3sDM0RIGbxWW_d8RM-EDA36PsI6quWjZ-EfKKcNbAPD9r3_aem_FV6IXaEFwFoIHi8I49DvFA
Meirama, la parroquia energética sin luz estable: «Se me estropearon dos congeladores con más de 160 kilos de carne» Los vecinos presentarán alegaciones por los apagones y las averías que sufren por la tensión | Lavadoras lentas, bombillas fundidas y electrodomésticos dañados son algunas consecuencias
14/09/2025
09/08/2025
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ELIMINA RAOGAL: OUTRO PASO ATRÁS NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, foi quen lle anunciou o pasado 30 de xullo ás persoas responsábeis das Unidades de Acompañamento e Orientación persoa…
02/08/2025
Desde o BNG de Cerceda queremos felicitar a Miguel, rapaz de Rodís que leva con orgullo criarse na aldea e que vén de dar un paso enorme ao ser fichado polo Deportivo da Coruña. Parabéns, Miguel! O teu talento e o teu esforzo son exemplo para toda a mocidade do noso concello. Que nunca falte esa alegría que hoxe estala nas casas de Rodís e de toda Cerceda.
¡¡¡MIGUEL LOUREIRO 6º FICHAJE DEL DEPORTIVO!!! Va quedando una buena plantilla. Lo comentamos a continuación.
31/07/2025
Rogos e preguntas aportadas polo BNG de Cerceda no pleno do xoves 31 de Xullo de 2025
26/07/2025
GALIZA SEMPRE!
Espectacular imaxe da manifestación do 😍🩵✊
22/06/2025
▶️ Ana Pontón pide a Goberno estatal e UE que non secunden a escalada belicista de Israel e EEUU logo dos seus ataques ilegais a Irán
▶️ “Hai que pararlles os pés a Trump e a Netanyahu, non queremos outro Irak ou outro Afganistán”
🔗 https://f.mtr.cool/qyxbttnppq
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Cerceda
15185