AVV Encrobas Viva

AVV Encrobas Viva

Compartir

Asociación de veciñas e veciños de Encrobas

10/06/2026

🌿 Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a nosa parroquia 🌿

Por iso, convidámosvos a participar na nosa 2ª Andaina “Abrindo Camiños”, o vindeiro 20 de xuño 🥾💚
📍 Saída ás 16:00 h do local social de Pontoxo
📏 Percorrido de 11 km

Ao rematar haberá uns petiscos para repoñer forza. 🍴💚

🎭 Ademais, ese mesmo día terá lugar a representación da obra “Encrobas”, presentada pola compañía Catro Gatos de Bergondo e organizada polo Concello.

👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

20/05/2026

🌿Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a nosa parroquia 🌿
Por iso, convidámosvos a participar na nosa 2ª Andaina “Abrindo Camiños”, o vindeiro 20 de xuño 🥾💚
📍 Saída ás 16:00 h do local social de Pontoxo
📏 Percorrido de 11 km
Ao rematar haberá uns petiscos para repoñer forza, e a representación da obra “Encrobas” presentada pola compañía Catro Gatos de Bergondo🎭
👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

01/02/2026
Photos from AVV Encrobas Viva's post 06/01/2026

Deixámosvos o enlace para descargar as alegacións contra a central hidroeléctrica reversible:
https://drive.google.com/file/d/1tYCwQgT30utr_8WEWX5EF4SB_7QD1Q8m/view?usp=drive_link

Podedes descargalas e presentalas no rexistro, ⚠️ é importante que cubrades a dirección completa no documento antes de presentalo.

Tamén podedes presentalas de maneira telemática 📲💻 seguindo as instruccións das imaxes.

🗓️O prazo remata o 14 de xaneiro.

🍃🌍

30/12/2025

📣 📣 o vindeiro venres faremos unha reunión informativa para resolver dúbidas, xunto coa asociación de veciños e veciñas de Meirama sobre a Hidroeléctrica reversible que afecta ás dúas parroquias.
Tamén teremos alegacións que poderedes ler e firmar.
Agardámosvos!

Photos from AVV Encrobas Viva's post 01/11/2025

A choiva non nos parou!

💚 Grazas, Lois!
Grazas por descubrirnos o valioso patrimonio do Monte Xalo e por este libro que é un verdadeiro tesouro.

Grazas tamén a toda a veciñanza por acompañarnos esta tarde e ser parte da cadea de transmisión que mantén viva a nosa parroquia.

Grazas ás pandeireteiras de Encrobas que sacaron as pandeiretas e puxéronnos a bailar, aínda que fose baixo a choiva. 💃🌧️

Xuntas facemos que Encrobas siga viva!

Photos from AVV Encrobas Viva's post 31/10/2025

Vémonos hoxe ás 19h30 en Pontoxo (Encrobas)

Presentación do libro de Lois Vilar ' O monte Xalo. Patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico'
E gamusto veciñal da Asociación Encrobas viva

Photos from AVV Encrobas Viva's post 30/10/2025

Vémonos o venres 31 de outubro ás 19h30 en Pontoxo (Encrobas)

Presentación do libro de Lois Vilar ' O monte Xalo. Patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico'
E gamusto veciñal da Asociación Encrobas viva

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Cerceda?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección


Encrobas
Cerceda
15187