Normal
Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. NORMAL non é normal. De aí NORMAL.
A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade esco
11/08/2025
Onte, 10 de agosto, despedimos a Manuel Lourenzo, patriarca do teatro galego, falecido na Coruña aos 82 anos. Dramaturgo, actor, director e mestre, foi unha figura clave na recuperación do galego nos escenarios e na creación de compañías históricas como O Facho, Teatro Circo e a Escola Dramática Galega. Con máis de 300 obras e numerosas traducións, a súa traxectoria deixa unha pegada fonda e duradeira na cultura galega. Que a terra lle sexa leve.
A Universidade da Coruña (UDC) abre convocatoria para impartir obradoiros culturais en NORMAL (Campus de Riazor) e no Centro Cultural Universitario de Esteiro (Ferrol).
📸 Fotografía | 🎵 Música | ✍️ Escrita | 💃 Danza | 🎭 Teatro | 🎬 Guión
➕ Outras propostas libres (máx. 30 horas/cuadrimestre)
🗓️ Prazo aberto ata o 2 de setembro ás 14:00h.
🔗 Máis información e bases completas na nosa web:
https://normal.udc.es/convocatorias-para-impartir-obradoiros-2025/
18/07/2025
📢 Sobre todo, de Enar de Dios Rodríguez, amplíase até o 24 de xullo en NORMAL.
Unha reflexión sobre o espazo aéreo como territorio: extinción de especies voadoras, control remoto, lexislación ultraterrestre, extractivismo e a constitución colaborativa do aire.
📍 De luns a venres, 11–14 h / 17–20 h
🎟 Entrada libre
08/07/2025
🔺CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "SOBRE TODO" EN NORMAL
📅 Xoves, 10 de xullo
🕖 19:00 h
📍 Normal
Este xoves 10 de xullo ás 19:00, NORMAL acollerá o acto de clausura da exposición SOBRE TODO.
Durante a clausura haberá un concerto do dúo galego Clo Plas, formado por e . Este proxecto musical, que conta xa cunha vintena de concertos ás costas e con dous discos publicados —”placa” (2024) e “bafi” (2022)— mestura electro-pop minimal con historias ligadas á oralidade da Fonsagrada a través do spoken word máis radical e poético.
A súa proposta sonora é única no panorama musical actual: versos a carón dunha electrónica parca, sacudidas que atravesan o corpo como ecos dun pasado contado á beira do lume. Será unha oportunidade moi especial para pechar a exposición SOBRE TODO nun ambiente festivo e compartido, onde as sinuosidades da palabra e a emoción dun ritmo que latexa se entrecruzan para celebrar o final deste proxecto expositivo.
Xiana Arias ( ) é poeta e xornalista. A súa escrita caracterízase por afondar nas posibilidades políticas e sensoriais da lingua. Publicou varios libros de poesía, entre eles “Acusación” (Galaxia, 2009), e “Ortigas” (Espiral Maior, 2007), polo que recibiu o Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé no ano 2007. Traballou na Radio Galega e formou parte do grupo Atrás Tigre, co que editou o disco “Fainos Saír” (2017).
Berio Molina () é artista e investigador. Os seus proxectos sonoros e audiovisuais indagan as relacións entre a diverxencia, a linguaxe e a escoita. As súas obras amosarónse en lugares tan diversos coma O Mosteiro de Santa Clara-a-nova (Bienal de Coimbra), a Mostra de Cinema Periférico S8 (A Coruña) ou o Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), e formou parte de colectivos como Flexo, Alg-a e Escoitar.org.
🔺 MOSTRA MUSICAL EN NORMAL
➝ Xoves 26 de xuño, 19:00
➝ Sala Cubo de Normal
O xoves 26 de xuño de 2025 os alumnos do obradoiro de Creación e Produción Musical da Área de Cultura do Campus da Coruña presentarán unha mostra dos seus proxectos e composicións na sala CUBO na NORMAL (A Coruña) ás 19:00 horas.
Os alumnos que van presentar os seus proxectos e as súas composicións son:
✴ Andrea García, “Hemos venido a brillar”
✴ Nerea Vaamonde: “4PRIL”
✴ Cristian Franganillo ” Cabecera serie de televisión”
✴ Gabriel Marquevichi “Rock Theme”
✴ Clara Múñoz, “Organic Electronic Theme”
O profesor encargado da actividade é Alfredo Manuel García Sánchez.
A entrada é de balde ata completar aforo.
26/05/2025
🔺 UNHA IMAXE: UNHA FORESTA
➝ Presentación e proxección
➝ 29/05/2025, 18:00 horas
➝ Con traballos audiovisuais de: Pille-Riin Jaik, Simona Obholzer, Christiana Perschon, Lisa Truttmann
➝ Comisariada por: Enar de Dios Rodríguez
Con motivo da exposición “Sobre todo”, Enar de Dios Rodríguez presentará a forma de traballo radicalmente colectiva de The Golden Pixel Cooperative (), unha asociación artística con sede en Viena centrada na imaxe en movemento, da que forma parte desde 2020 e que dirixiu durante os últimos catro anos. Esta presentación irá acompañada dunha selección de traballos audiovisuais realizados por membros da cooperativa.
➝ Créditos das imaxes
(1) The Golden Pixel Cooperative. Foto: Lisa Truttmann © Bildrecht, Wien 2022
(2) “Half of the Sky” (fotograma) © The Golden Pixel Cooperative
15/05/2025
🔺 O próximo día 22, ás 20:30, Faia presentará na sala Cubo de Normal o seu novo disco, Alvela. A portada foi deseñada por Blanca Gracia, gañadora da IV Edición do Programa de Residencias Artísticas Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ), en colaboración ca Universidade da Coruña e NORMAL.
Non volo perdades 🥰
.gracia
13/05/2025
🔺 Concerto de Faia Díaz presentando o seu novo disco, Alvela, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2025
➝ 22 de maio, xoves — 20:30h
➝ Normal
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral. Con este motivo, o 22 de maio, a cantante Faia Díaz () actuará na Sala Cubo de NORMAL, onde presentará o seu novo disco, Alvela, xunto coa arpista bretoa Bleuenn Le Friec, interpretando un repertorio de cancións baseadas da música de transmisión oral. Arrolos, romances e outras cantigas coas que quere dar luz ao universo silenciado da maternidade. Tomando como inspiración as palabras de Lorca na súa conferencia sobre as nanas ibéricas, a denuncia latente en cada letra e cantiga, que atravesou séculos de represión e vive na memoria do corpo, toman forma musical neste espectáculo.
Fotografías
Ilustración .gracia
07/05/2025
🔺SOBRE TODO, de peza en peza
As below, so above / Así no ceo coma na terra, 2025
Caixas de luz, impresións Duratrans, madeira, espellos
9 pezas, 244 x 40 x 40 cm cada unha
Sobre todo falan as columnas que xa non suxeitan, as que flotan. Nove columnas flotantes din que alguén ilustrou escritos, ou eran máis ben promesas? O certo é que veñen de patentes. Tamén é verdade que son bosquexos de máquinas. Alguén deseñounas para extraer minerais do máis aló. Máis que mostrar aquilo que se espera construír, as liñas do debuxo reflicten a traxedia do espolio que vén.
📅 Do 10/04/2025 a 10/07/2025
📍 NORMAL, Campus de Riazor
06/05/2025
🔺SOBRE TODO, de peza en peza
Zenit (a history of laws for the new horizon) / Zenit (unha historia de leis para o novo horizonte)
Expositor LED, impresións dixitais
4 pezas, 37,6 x 50 x 1,4 cm cada unha
Sobre todo, na rúa desta sala, hai un expositor sen vitrina. É coma un deses expositores que venden ou arrendan lugares. O lugar, aquí, é unha historia, unha liña temporal marcada por momentos, leis; unha cronoloxía do dereito ao espolio.
📅 Do 10/04/2025 a 10/07/2025
📍 NORMAL, Campus de Riazor
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Paseo De Ronda
A Coruña
15011