Asociación Galega de Custodia do Territorio

Asociación Galega de Custodia do Territorio

Compartir

Entidade adicada á conservación da natureza e a custodia do territorio.

A Asociación Galega de Custodia do Territorio foi constituída en Rábade (Lugo) o 26 de abril de 2008. Os seus obxectivos son:
•A conservación e recuperación do patrimonio natural utilizando como ferramenta principal a custodia do territorio.
•Difundir e fomentar a custodia do territorio entre os axentes implicados e a sociedade en xeral, facéndoos partícipes da xestión sustentábel do territorio.

Actividades 10/04/2025

Actividades Más información

Photos from Casa das Insuas's post 08/04/2025
21/03/2025

📢 Jornada formativa en Agromarketing 📢

🌿 RURALtXA! Galicia ofrece cuatro cursos de formación, atendiendo a las necesidades y oportunidades identificadas en la caracterización socioeconómica de las áreas del proyecto en la comunidad.

📌 El primero de ellos está dedicado al Agromarketing y se llevará a cabo el próximo lunes, 24 de marzo, en la Casa del Médico de Muras, en horario de 16:00 a 20:00.

✍️ Podéis inscribiros en el siguiente enlace (hasta las 14:00 del viernes, 21):

🔗https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfjepIMAh1S27Y5YPKSyQ8tjqs_9G92Y8nQErNWHkJ2Yci6qQ/viewform?usp=sharing

¡Nos vemos en el aula!

---------------------------------------------

📢 Xornada formativa en Agromarketing 📢

🌿 RURALtXA! Galicia ofrece catro cursos de formación, atendendo ás necesidades e oportunidades identificadas na caracterización socieconómica das áreas do proxecto na comunidade.

📌 O primeiro deles está adicado ao Agromarketing e vaise a desenvolver o vindeiro luns, 24 de marzo, na Casa do Médico de Muras, en horario de 16:00 ás 20:00.

✍️ Podedes inscribirvos na seguinte ligazón (ata as 14:00 do venres, 21):

🔗https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfjepIMAh1S27Y5YPKSyQ8tjqs_9G92Y8nQErNWHkJ2Yci6qQ/viewform?usp=sharing

Vémonos na aula!

Fundación Biodiversidad Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Campus Terra USC CISPAC

Photos from Caprifcc's post 05/02/2025
29/01/2025

Hoxe temos o pracer de convidarvos á presentación de Territorio Lobo, o novo libro de Andoni Canela que nos achega á figura do lobo ibérico mediante unha combinación única de fotografías espectaculares e reflexións que apelan á conservación da natureza.

O evento terá lugar o venres 7 de febreiro ás 20:30h na Casa das Insuas, onde o autor compartirá connosco o proceso creativo e as historias que hai detrás deste proxecto tan especial, que contou cun grande apoio a través da plataforma Verkami. Ademais, contaremos coa participación de Pedro Alonso, biólogo experto no estudo do lobo en Galicia.

Andoni Canela é fotógrafo, xornalista e realizador de documentais especializado en temas de natureza e medio ambiente. Publicou unha ducia de libros, entre os que destacan Durmiendo con Lobos, La Llamada del Puma, El Águila Imperial Ibérica, Lynx, Islandia bajo cero, Cerca de casa e El Oso Cantábrico. As súas reportaxes aparecen en medios como La Vanguardia, National Geographic, Sunday Times e El País. É director do documental El viaje de Unai, que foi candidato aos Premios Goya no ano 2017. Na actualidade, dedica a maior parte do seu traballo ao proxecto PANTERAS.

Non perdas esta oportunidade para coñecer máis de preto un traballo que une arte, ciencia e compromiso coa biodiversidade. Por favor, confirma a túa asistencia escribindo a [email protected]

29/01/2025

Bo día!

Este sábado día 1 de febreiro comezamos o Curso de iniciación á ilustración da natureza, que terá lugar na Casa das Insuas, impartido pola ilustradora científica e naturalista Mariana Roura.

Quedan algunhas prazas libres, tamén para asistir a sesións soltas. O prezo é de 40€ para socias da AGCT e 45€ para non socias. Podedes inscribirvos no correo: [email protected]

Concello de Carballo. O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta en perigo de extinción 03/01/2025

Este 2024 estivo cheo de novos proxectos e un deles foi a colaboración co Concello de Carballo e a Deputación da Coruña para a conservación e divulgación da flora ameazada do concello. O próximo ano seguiremos traballando nesta e noutras zonas de grande importancia botánica.

Concello de Carballo. O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta en perigo de extinción O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta en perigo de extinción Xoves 26 de decembro do 2024 O Concello de Carballo colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na protección de plantas “exclusivas da zona” que corren risco ...

Proyecto CAPRIF-CC: Entrevista a Joám Evans 02/01/2025

Neste vídeo, Joám Evans, director da Fundación Montescola, explica a súa visión do proxecto CAPRIF-CC, o que pode aportar para mellorar o aproveitamento e a sustentabilidade dos recursos forestais e como está a ser a súa acollida por parte das comunidades locais.

Proyecto CAPRIF-CC: Entrevista a Joám Evans El director de la Fundación Montescola, Joám Evans, explica en este vídeo los orígenes y objetivos del proyecto CAPRIF-CC y de qué parte se ocupa la Fundació...

Photos from Asociación Galega de Custodia do Territorio's post 23/12/2024

🌿✨ Así foi o terceiro Parladoiro de Outono! ✨🌿

O pasado sábado desfrutamos dunha xornada enriquecedora no marco da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Tivemos a sorte de contar con dúas experiencias inspiradoras que nos amosaron como tradición e innovación poden convivir no coidado do medio rural.

👨‍🌾 Lito, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de O Carballo, compartiu o exemplo da súa comunidade en Friol, onde transformaron o monte nun espazo multifuncional. Falounos de proxectos innovadores como a cría de cabalos de pura raza galega, o cebo de porco celta, a apicultura ou a recollida de cogomelos. Estas iniciativas, ademais de conservar o medio ambiente, crean produtos de calidade e fortalecen o vínculo comunitario. 🐎🍯🌳

🐄 Toño, da Gandería Ecolóxica Casa Codesal, transportounos ata a súa granxa familiar en Vilapedre, onde produce leite ecolóxico desde 2003. Reflexionou sobre as súas raíces, a herdanza dos seus antepasados e a transición á gandería ecolóxica. Grazas a este cambio, melloraron o benestar dos animais, a calidade do leite e a súa conexión co medio ambiente. 🌱🥛✨

Esta xornada foi unha oportunidade para aprender e inspirarnos con proxectos que demostran que é posible coidar da terra dun xeito sostible, respectuoso e innovador.

Ao rematar, desfrutamos dun petisco con produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño, como os queixos de Bértolos e Serranos (Friol) e Bisqato (Guitiriz), os embutidos de porco celta de Hermelino (O Valadouro) ou as empanadas da Panadería Seivane (A Pastoriza). Nesta ocasión, tan preto do Nadal, tamén desfrutamos do turrón elaborado con mel da Casadomel Goente As Pontes

📌 Grazas a todos os que asististes por facer desta xornada unha experiencia tan especial 🌍💚

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.

A Casa das Insuas acolle a presentación dunha guía micolóxica da provincia 17/12/2024

Este venres ás 19:30h na Casa das Insuas desfrutaremos da presentación da Guía micolóxica Básica da provincia de Lugo da man da Sociedade Micolóxica Lucus

A Casa das Insuas acolle a presentación dunha guía micolóxica da provincia Esta obra, elaborada por Julián Alonso, José Castro, María Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro, é unha referencia esencial

16/12/2024

Boas!

Este sábado 21 de decembro, ás 12:00h na Casa das Insuas teremos o terceiro parladoiro que organizamos este outono cos membros da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Nesta ocasión, Quico de Veiga de Luaces, Lito de MVMC de Carballo e Toño de Casa Codesal compartirán connosco a súa visión e experiencia no coidado do gando e do territorio. Ao rematar, poderemos desfrutar dun petisco con produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño no que seguiremos intercambiando ideas, experiencias e inquietudes.

Podes inscribirte chamando ao teléfono 628 84 28 35.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.

Vémonos o sábado?

Que teñades boa semana!

Bo día! Lanzamos a programación dos tres parladoiros que teremos cos integrantes da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño durante este outono, nos que explicarán a súa filosofía de traballo e o manexo do gando e do territorio. Ao remate de cada un, desfrutaremos dunha degustación de produtos da RBTdM.

A rede de custodia agraria da reserva da biosfera Terras do Miño consiste nun marco de apoio mutuo e intercambio de ideas entre produtores e a AGCT, así como unha plataforma de divulgación dunha produción agraria que valora e respecta tanto o entorno natural como a calidade dos seus produtos.

Podes inscribirte no teléfono 628842835

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.

Vídeo explicativo del proyecto CAPRIF CC 16/12/2024

Vídeo explicativo del proyecto CAPRIF CC ¿Qué es el proyecto CAPRIF-CC? ¿Quiénes son los impulsores? ¿Cuáles son sus objetivos? ¿Dónde se lleva a cabo? ¿Cómo está siendo su acogida? ¿Hasta cuándo se...

Photos from Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel's post 16/12/2024
Photos from Asociación Galega de Custodia do Territorio's post 26/11/2024

O sábado pasado desfrutamos do segundo dos parladoiros de outono, no marco da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Joan de La Cabreta e Co**ha de Casa Bértolo compartiron a súa experiencia e manexo do gando ovino e vacún, e non faltou a poesía, recordándonos o sentir "da paisaxe que alimenta" nos versos de Co**ha.

Ao rematar, desfrutamos dun petisco con produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño, como os queixos de Bértolos e Serranos (Friol) e Bisqato (Guitiriz) ou os embutidos de porco celta de Hermelino (O Valadouro).

Grazas a todas as persoas que participastes! Agardámosvos no próximo parladoiro, o 21 de decembro para seguir aprendendo e compartindo. Recorda que podes inscribirte no 628 84 28 35
Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.

Una restauración ambiental pionera en un monte de varas de O Courel 22/11/2024

Onte na edición de Lemos da Voz de Galicia fixéronse eco da nosa actuación no souto de Paderne do Courel, no ámbito do proxecto Caprifcc

Una restauración ambiental pionera en un monte de varas de O Courel Acondicionan un souto donde rige un tipo peculiar de propiedad colectiva

19/11/2024

Este sábado 23 de novembro, ás 12:00h na Casa das Insuas teremos o segundo parladoiro que organizamos este outono cos membros da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Nesta ocasión, Co**ha de Casa Bértolo e Joan de La Cabreta compartirán connosco a súa visión e experiencia no coidado do gando e do territorio. Ao rematar, poderemos desfrutar dun petisco con produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño no que seguiremos intercambiando ideas, experiencias e inquedanzas.

Estás a tempo de inscribirte no 628 84 28 35
Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Lugo

Bo día! Lanzamos a programación dos tres parladoiros que teremos cos integrantes da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño durante este outono, nos que explicarán a súa filosofía de traballo e o manexo do gando e do territorio. Ao remate de cada un, desfrutaremos dunha degustación de produtos da RBTdM.

A rede de custodia agraria da reserva da biosfera Terras do Miño consiste nun marco de apoio mutuo e intercambio de ideas entre produtores e a AGCT, así como unha plataforma de divulgación dunha produción agraria que valora e respecta tanto o entorno natural como a calidade dos seus produtos.

Podes inscribirte no teléfono 628842835

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Rábade?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa José Pardo, S/n
Rábade
27370