infoxinzo

infoxinzo

Compartir

Información ao día da parroquia ponteareá de Xinzo e da súa contorna

28/05/2026

⬜️🟥⬜️

A Plataforma N-120 logra o compromiso do Goberno para iniciar as obras da N-120 a comezos de 2027

A dirección da Plataforma N-120, xunto ao Goberno de Ponteareas e aos partidos políticos con representación na corporación municipal, mantivo unha reunión esta semana na Coruña, co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para coñecer o estado do proxecto dunha actuación histórica e moi demandada pola veciñanza.

Isto foi co que se comprometeu o delegado do Goberno:

✅ Investimento estimado de 5 millóns de euros
✅ 7 glorietas
✅ Nova senda peonil
✅ Reordenación de accesos
✅ Mellora do firme

Un paso importante para avanzar cara a unha N-120 máis segura e unha mellor calidade de vida para Ponteareas, e todo grazas a vós e á mobilización veciñal, que é quen realmente está facendo posible que as parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas poidan ser máis seguras e ter mellor calidade de vida.

Xa queda menos! 😉

21/05/2026

🔴 Hoxe, a partires das 19 horas, na TVG, no programa Hora Galega, participarán integrantes da dirección da Plataforma N-120.

Non vos esquezades!

02/05/2026

A Plataforma N-120, despois de 10 anos de mobilización veciñal, non pode agardar máis e non pode permitir que sigan morrendo máis persoas.

O delegado do Goberno en Galicia, o socialista Pedro Blanco Lobeira, despois de meses da solicitude de reunión, demostrou non ter humanidade, pero tampouco ser merecedor dos máis de 100 mil euros que cobra ao ano.

🚧 A Plataforma pola Seguridade na N-120 reclama unha reunión urxente co delegado do Goberno.

⏳ Denuncian meses de silencio e advirten: se non hai resposta, haberá mobilizacións e cortes de estrada.

🛣️ A seguridade na N-120 non pode agardar!

Photos from Faia Educación Ambiental's post 01/05/2026

💚 Roteiro ambiental de Faia Educación Ambiental
> Este domingo 3 de maio
> Ínscríbite!

https://www.facebook.com/share/1CLVg9rFZ4/

28/04/2026

✅️ OFERTA DE TRABALLO EN XINZO

A empresa xincesa Nerxiagal Foncalgás está na busca de persoas demandantes de emprego, que queiran traballar no eido da instalación de enerxías renovables.

Se estás interesada ou interesado, bótalle un ollo á oferta!

https://share.google/SPrk2QJJf3dm0Ni8j

23/04/2026

⚫️ REUNIÓN SOBRE O CEMITERIO DE XINZO

⬛️ Legalización e ampliación

Sábado, 25 de abril, ás 21.30 horas
Auditorio do Centro Cultural Xinzo

Non faltedes agora, pero tede claro que, máis tarde ou máis cedo haberá que descansar en paz.

13/04/2026

Feito histórico e de xustiza acadado polo actual Goberno de Ponteareas, co asfaltado do que agora será un vial municipal, apto para o tránsito de vehículos.

Por fin o lugar do Coto, no barrio xincés de Parada terá un vial en condicións e que facilitará a comunicación coa escola unitaria de Parada.

Detrás disto hai un gran traballo feito por anteriores Gobernos municipais e direccións da Asociación Unidade Veciñal de Xinzo.

A veciñanza do Coto agradece o traballo feito pola actual dirección da Asociación Unidade Veciñal de Xinzo, presidida por Manuel Regueira Regueira e pola adicación da concelleira, veciña de Parada, Silvia Fernández Táboas.

🚧 Ponteareas presenta proxectos por máis de 659.000 € para a mellora e pavimentación de distintos viais municipais.

As actuacións previstas permitirán intervir en diferentes puntos das parroquias e tamén no núcleo urbano, reforzando a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade da veciñanza.

Entre os viais incluídos atópanse:
📍 Canedo-Barral
📍 As Searas (Angoares)
📍 Fozara
📍 Bugarín
📍 Cortellas (Padróns)
📍 Nogueira
📍 A Encostada (Guillade)
📍 estrada de Ganade a Moreira
📍 Pías e Parada (Xinzo)

Ponteareas conta cunha rede de arredor de 500 quilómetros de estradas asfaltadas, que require un mantemento constante, especialmente tras o duro inverno deste ano.

Con esta proposta, o Concello continúa avanzando na mellora das infraestruturas viarias e no reforzo das comunicacións entre os distintos núcleos do municipio e as parroquias.

13/04/2026

🔴 AVISO | RESTRICIÓNS AO TRÁFICO‼️

Cortes de tráfico ás 08 e ás 14 horas, durante esta semana, no quilómetro 647,500 da N-120, Ponteareas, por mobilizacións laborais na empresa SCANIA.

12/04/2026

VII FESTIVAL DE CORAIS DE XINZO

E nesta tarde de abril, de bategadas, non tedes mellor plan ca o de ir ao Centro Cultural Xinzo a ver un festival de corais?

Pois vide, despois de tomar o café ou calquera dixestivo, ás 18 horas no auditorio do Centro Cultural Xinzo.

E xa que vides, tomádeslle algo na Cafetería Centro Cultural de Xinzo

06/04/2026

🔴 ACLARACIÓN: O lume que está afectando á serra do Galleiro tivo orixe NON INTENCIONADA.

A orixe do lume, que se propagou con moita rapidez, foi ocasionado por maquinaria forestal.

✅️ Lembra: Se ves lume, chama ao 112

¿Quieres que tu empresa sea el Compañía De Medios mas cotizado en Puenteareas?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Página web

Dirección

Puenteareas
36891