Malvela
Malvela: cancións da terra, mulleres de voz. As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra.
Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. O seu cuarto álbum é Raianas, unha viaxe polas dúas beiras do Miño, na que aparecen temas tradicionais e actuais, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.
04/08/2026
Este domingo día 9 temos unha cita das que saben a tradición, a festa… e a boa lamprea 💜
Malvela chega á # # Festa da Lamprea Seca en Arbo para encher a Carballeira de Turbela de forza, emoción e moita música da nosa terra 🌿🎶
🕘 Ás 21:00
Entre o arrecendo da lamprea imos cantar, berrar, rir e sentir xuntos e xuntas…
Traede fame de festa, ganas de compartir e de deixarvos levar polo máis noso!
Vémonos en Arbo! Quen vén darlo todo con nós? Luuume 🔥
🧹 Como lle chamas ti a isto?
En galego, a forma tradicional é vasoira (a de toda a vida, a de varrer a casa 😌). De feito, é a palabra normativa e máis estendida.
Pero… dependendo da zona tamén podes escoitar:
✨ vasoura → forma máis propia dalgunhas áreas orientais
✨ escoba → moi usada hoxe, aínda que vén do castelán
✨ e mesmo hai quen distingue entre a vasoira “de antes” e a escoba “moderna” 🙌
E agora contádenos, como lle chamades vós no voso pobo?Tiñades escoitado a primeira canción que cantaban Paca e Paz? Lémoste nos comentarios! 👇💜
“O baile da escoba” con moitas risas (e algunha coreografía improvisada)
Nós non sabemos se o bailamos ben, pero pasámolo incrible, e iso xa conta, non? Feliz xoves xentiña!! 🧹🧹💃💜
Hai partidos que se viven con alegría… e outros que se sofren. Para Fita foi deses bonitos pero intensos, dos que non se pasan precisamente tranquilos 😅
Pero ao final, o que queda é o orgullo. O equipo, o xogo, a paixón. Merecémolo.
Como di Paca: o fútbol ten que unir, non separar!
E hoxe máis ca nunca:
SOMOS CAMPIÓNS DO MUNDO ⭐⭐⭐🇪🇸🇪🇸
e volveremos selo.
(As palabras de Daniela… mellor quedan fóra do vídeo, que estaba un pouco enfadada 😂)
E vós… como vivistes o partido? ⚽️⚽️⚽️⚽️
13/07/2026
Portugal na memoria, no corazón… e na música.
Que honra formar parte da XVI edición do Castro Galaico – Festival de Nogueiró, un encontro cheo de cultura e tradición.
No Palco Capela vivimos un momento moi especial: distintas xeracións unidas pola música, pola nosa raíz, cunha enerxía única que só se sente cando todo é de verdade. Grazas de corazón a Uxía pola súa presenza sempre tan especial, e a Daniel Pereira Cristo por ese momento que nos regalou interpretando “Gotinha d’Água”… deses que non se esquecen!!
Galiza e o Minho, máis unidas ca nunca 💜
Grazas á organización, aos compañeiros de escenario e, sobre todo, ao público, por facernos sentir tan na casa, sodes o mellorciño.
Seguimos levando a nosa música alí onde nos leve 🔥🎶
O vindeiro sábado 11 de xullo estaremos no XVI Festival Castro Galaico, en Nogueiró (Braga, Portugal), no fermoso Monte da Consolação. E ademais… a entrada é libre ☺️
Temos moitísimas ganas de volver, de reencontrarnos con toda a xente querida de alí e de compartir unha noite chea de música e emoción.
Levamos cancións novas moi bonitas, moitas ganas de cantar con vós… e por suposto, de bailar sen parar ✨
Agardámosvos a todas e todos!! 💜
Xa temos o noso ramo de San Xoán preparado, pero… sabedes que facer con el? 👀
O máis importante: que non falte o toxo, para que o demo pi**he o cu e escape correndo e nos deixe en paz 🔥
Esta noite, o ramo vai para unha cachola (palabra de Paca, que vén sendo unha tina de toda a vida) con auga, e déixase repousar toda a noite.
Mañá pola mañá, no propio día de San Xoán, lavamos a cara con esa auga para atraer a boa sorte, limpar as malas enerxías e comezar o verán como se debe.
E o ramo? Non se tira! 🌿
Cólgase e gárdase ata o ano que vén… para queimar na próxima noite de San Xoán🌙
Tradicións que non se perden!!
Estades preparados/as para espantar todo o malo?
Hoxe é noite de maxia… noite de San Xoán 🔥🌙
E como manda a tradición, toca ir ao Xardín de Aurita recoller as herbas 🌿
Xa estades preparados/as para a recolecta?
Porque isto non é calquera cousa… hai que facelo ben para que o demo non pi**he o cu!
Corre e vai coller as túas herbas, todas valen!
Que esta noite protéxenos, límpanos e énchenos de boa enerxía.
No seguinte vídeo contámosvos que facer con elas 👀
Yanira, isto vai por ti!
Paca e Daniela non se puideron resistir e mándanche este aturuxo con todo o cariño 💜 Sabemos que nos pediches que cho ensináramos… e claro, non podiamos dicir que non!
Moi pronto imos facer unha máster class máis pro para todas as persoas que queirades aprender de verdade (porque aquí hai nivel 👀🔥)
Un consello clave, Yanira (e para quen estea mirando 👇): o importante é repetilo moitas veces, sen vergoña, ata que saia. O aturuxo séntese máis do que se pensa!
Moitos bicos, agardamos que che guste moitísimo e… quen sabe… igual estamos ante unha futura gran aturuxadora 🐓
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.