Concello de Cerceda
Novas do Concello de Cerceda
18/06/2026
✅ O Concello de Cerceda recepcionou as obras de mellora de viais e infraestruturas financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+), cun investimento superior aos 201.000 euros.
🚧 As actuacións incluíron a renovación do firme e a canalización da rede de auga potable nos accesos de Abelleira e Boedo (Queixas), a canalización de pluviais en Brazal de Abaixo (Rodís) e en Sandián, a mellora do firme en Cova das Andes e Vilarvello (Rodís) e a renovación do pavimento na rúa Gardería.
🛠️ Desde o Concello seguimos traballando para mellorar a mobilidade, a seguridade viaria e os servizos básicos en todas as parroquias de Cerceda.
17/06/2026
🩺 O Concello organiza dous talleres de saúde para aprender a coidarnos mellor.
🗓 O primeiro taller terá lugar o vindeiro 26 de xuño. Nesta sesión aprenderáse a tomar a tensión arterial, medir os niveis de azucre e identificar posibles síntomas de enfermidade.
📰 A formación continuará o 29 de xuño cunha segunda xornada centrada na atención a persoas vulnerables, recoñecemento de sintomatoloxías, prevención de accidentes e coidados básicos específicos.
📍 Ambos celebraranse ás 10:00 horas no Viveiro de Empresas.
📞 As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 881 981 553.
15/06/2026
⚽ Cerceda converterase no referente do fútbol base peninsular este fin de semana! O Campo Municipal O Roxo acolle o 20 e 21 de xuño o Torneo Internacional SUB9 & SUB11 CUP.
🏆 Grandes canteiras do noroeste e de Portugal danse cita en Cerceda nun torneo de máximo nivel: Deportivo, Celta, FC Porto, Sporting de Braga, Real Oviedo ou Vitória de Guimarães, entre outros. E, por suposto, o noso Club Atlético Cercedense.
🎟️ As entradas están á venda en www.tadisports.com. Haberá comida, xeados, cantina e sorteos con premios durante todo o fin de semana.
📣 Á presentación asistiron o alcalde, Juan Manuel Rodríguez García; o concelleiro de Deportes, Óscar Golán, e Adrián Cagigao e Diego Martínez, de Tadi Sports, empresa organizadora da competición.
12/06/2026
☺️💧 O acolleu hoxe o acto de entrega de 🏅 premios e clausura do programa 2026, que pon o foco na concienciación sobre o desenvolvemento ♻️ sostible e o emprego racional dos recursos naturais.
🗣️ O alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, destacou a implicación de centos de nenas e nenos "nun tema do presente que definirá o futuro da nosa sociedade."
12/06/2026
12/06/2026
💦𝙋𝙄𝙎𝘾𝙄𝙉𝘼 𝘿𝘼 𝙎𝙄𝙇𝙑𝘼 𝟮𝟬𝟮𝟲💦
📅Tempada do 20 de xuño ao 06 de setembro
⏰14:30-20:30 horas
👥Todas as 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐭𝐞𝐧̃𝐞𝐧 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢𝐭𝐨, para elo deben achegarse ao Rexistro Municipal para comprabar a que están empadroadas, entregarelles un bono nominativo,que deberán presentar ao acceder a piscina.
👥As persoas non empadroadas, deben comprar a súa entrada a través da ligazón que se atopará na páxina www.cerceda.org
☎️Calquera dúbida 981685036
10/06/2026
🚧Cortes de auga
📅Xoves 11 de xuño
⏰09:00 ás 13:00 horas
📍Toda zona de A Silva
09/06/2026
🧙A alquimista de Cristina Collazo
📅Xoves,11 de xuño
⏰17:00 horas
📍Biblioteca Municipal de Cerceda
🥯Haberá merenda
09/06/2026
🕺🌝 A excursión deste domingo tivo moito ritmo! O Concello de Cerceda organizou unha saída á emblemática discoteca La Luna (Pontevedra).
📸 Os participantes fixeron unha parada para coller forzas no restaurante Los Robles e aproveitaron para visitar a pintoresca vila mariñeira de Combarro.
🚌 Á viaxe sumáronse o alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, e os concelleiros Ángel Gestal e Francisco Boquete.
08/06/2026
💦 Este mércores, 10 de xuño, reabre as súas portas o Aquapark de Cerceda.
🌊 Máis de 37.000 metros cadrados de diversión con piscinas de ondas, tobogáns xigantes, atraccións para todas as idades e amplas zonas verdes de lecer.
🎟 Podes adquirir xa as túas entradas na web ou directamente na taquilla das instalacións.
☎️ Máis información nos teléfonos 682 348 556 e 981 685 036 ou no correo ([email protected])
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
15185