O Rancho

O Rancho

Share

O santuario da música americana en Radio Galega Música. Venres ás 22.00 h. Tamén en agalegaaudio.gal O blues é a máis negra de todas as músicas.

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega Podcast. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a

14/06/2025

Isto foi todo, amigos! O Rancho pecha as súas portas en Radio Galega Música e AGalega Audio pero os asiduos sabedes ben dalgún burato nalgún dos valados. E sempre seredes benvidos no santuario da música americana.

11/06/2025

Algunhas das mellores novidades de 2025, no programa do venres pasado, que xa podes volver escoitar cando queiras en AGalega Audio. Por certo, quédanos unha derradeira cita no Rancho. Será este venres ás dez da noite en Radio Galega Música e imos montar unha boa. Non podes faltar!

06/06/2025

Se che fai longa a espera polo programa desta noite? Es se escoitas outra vez o da Última semana?

24/05/2025

Xa podes celebrar o 84 aniversario de poñendo en bucle o noso especial desta fin de semana no Rancho en que artistas de toda condición interpretan algunhas das súas mellores cancións. De Grateful Dead a The Byrds. De Sheryl Crow a Elliott Murphy...

22/05/2025

Xa hai uns días que podes volver escoitar o programa do venres pasado en que ilustres que habitan terrenos sonoros máis globais, como Tom Waits ou Counting Crows visitaron o noso Rancho. E prepárate porque mañá celebramos o 84 aniversario de Bob Dylan cun feixe de artistas! Non o perdas!

12/05/2025

Xa podes escoitar todas as estrelas que pasaron polO Rancho na nosa última entrega. De The Time Jumpers a R.E.M. En AGalega Audio (app, web e plataforma)

04/05/2025

Un programa sobre o máis importante nesta vida: a familia. Un percorrido por ata catro xeracións da familia Williams, con Hank Williams - Country Legend como vértice da árbore. E o único disco en cuxos créditos has atopar os nomes de Bob e Jakob Dylan.

27/04/2025

Xa podes volver escoitar o programa do venres pasado, centrado en grupos e solistas emerxentes no crisol da Americana music...
Banda galega convidada: Julio Suárez & The Backyards.

22/04/2025

Con resaca da Semana Santa? Pois xa podes volver escoitar en AGalega Audio o programa especial emitido este pasado Venres Santo...

18/04/2025

A última foi unha velada moi especial no Rancho en que gozamos da visita de catro colosos: Cash, Merle, Waylon e Willie. Xa podes volver escoitalo en AGalega Audio. Pero para este Venres Santo tamén temos preparada unha noite diferente. Quedamos ás 22.00 h no santuario da música americana en Radio Galega Música.

11/04/2025

Nunha hora comeza un episodio moi especial dO Rancho. Pero mentres podes volver escoitar o episodio da Semana pasada, en que nos visitaron desde lendas como Ray Price a novos valores como Wyatt Flores. Artista galego convidado: Sertucha

01/04/2025

Xa está dispoñible a última velada nO Rancho, en que visitaron o noso santiario da música americana Patsy Montana ou Townes Van Zandt. Grupo galego convidado: Ma***to Murphy.

Opening Hours

22:00 - 23:00